eu

eu
eu

xoves, 29 de xuño de 2017

No primeiro cabodano de Ramón Rocamonde, “Roca” (+28.6.2016)



LUMINOSA BONDADE




Contra o azar cruel da vida
que te nos levou
e contra a mordaza
das horas que pasan
en fondo silencio
sen a túa voz amiga
vive teso, medra aínda
e alampea en nós
a cada hora
o rastro luminoso
da túa bondade
carente de límites,
o maxisterio da túa entrega,
xenerosa e lanzal,
o compromiso
que levaches sempre
limpo e sincero
no fondal do peito
e que agora che devolvemos
multiplicado
na medula
destes pobres versos
que quixesen ser
coma flores
para o teu sorriso.


1 comentario:

  1. Grazas Emilio por esta emoción. Pasaran meses cando souben que Ramón xa non estaba e é tan doce a lembranza de ter traballado con el, que volve facerse real cos teus versos. (Xan Carballa)

    ResponderEliminar