Achégase o Día das Letras Galegas, este ano adicado á figura do noso querido e admirado Manuel María, e queremos contribuír desde este noso blog á difusión do seu legado humano, político e literario, especialmente relevante para a cultura galega da segunda metade do século XX, con esta cronobiobibliografía que acabamos de publicar no sexto número da revista Aulas Libres, do STEG.
1929
Nace
o 6 de outubro, en Outeiro de Rei (Lugo) Manuel María Fernández
Teixeiro, primeiro fillo dos catro que terá o casal formado desde
1928 polos labregos de cómoda posición económica Antonio Fernández
Núñez e Pastora Teixeiro Casanova.
1938
O
neno Manuel María asiste en Rábade á escola de Bautista Núñez
Varela, que, aínda que abusaba do caxato e falaba sempre en
castelán, lía e comentaba textos en galego nas súas clases e
espertou así a sensibilidade e a vocación literaria do raparigo.
1941
O
preadolescente Manuel María escribe os seus primeiros versos.
1942
Inicia
os estudos de Bacharelato no Instituto de Lugo
1943
A
morte de seu pai por mor dunha peritonite, o 2 de maio, fai que se
encargue do seu coidado e educación seu tío paterno José Fernández
Núñez, sacerdote en Lugo.
1943-1946
Prepara
os sucesivos cursos de bacharelato como alumno da Academia Galicia,
rexentada polos maristas en Lugo. Pasa os veráns, parte en Outeiro
de Rei coa nai e os irmáns, parte en Cespón (Boiro), cunha curmá
do seu defunto pai.
1947-1948
En
sexto curso, xa no Instituto de Lugo, recibe aulas de literatura do
profesor salmantino Lázaro Montero, que le descobre a poesía da
xeración do 27 española.
Comeza
a asistir á tertulia intelectual do Café Méndez Núñez, á que
acoden Luís Pimentel, Celestino Fernández de la Vega, Ánxel Xohán,
Aquilino Iglesia Alvariño e Ánxel Fole, entre outros.
Pronuncia
a súa primeira conferencia no Círculo das Artes en Lugo.
1949
Funda
en Lugo con Manuel Antonio Sopena a revista Xistral, que
acolle nas súas páxinas os seus primeiros poemas éditos, como “A
cantiga derradeira” e “Su sencillez”.
Escribe
un pequeno poemario (11 textos) en español titulado Marinero en
la noche.
Comeza
a enviar colaboracións ao diario lugués El Progreso e
ao compostelán La Noche.
Remata os estudos de bacharelato e aproba a “reválida”.
1950
Matrículase
como alumno libre na Facultade de Filosofía e Letras en Compostela,
mais reside habitualmente en Lugo e abandona os estudos no remate do
curso, tras colleitar varios suspensos.
Publica
o seu primeiro libro de poemas, Muiñeiro de brétemas, na
colección “Benito Soto” de Pontevedra.
1951
Abandona
os seus fanados estudos universitarios.
Escribe
Morrendo a cada intre.
Aparecen
catro contos seus no terceiro número dos Cadernos Grial.
A
morte por atropelo automobilístico o 25 de marzo de seu irmán Jesús
Mª, de tan só 13 anos, inspíralle unha fonda crise persoal e
relixiosa, reflectida no Libro de pregos.
Asiste
á primeira “Misa de Rosalía” en Compostela, o 25 de xullo.
1952
Realiza
desde xaneiro a “mili”, primeiro no campamento de Parga, na
propia Terra Cha, onde coincide con Uxío Novoneira, e logo en
Compostela, onde dá clase aos seus compañeiros de cuartel
analfabetos e frecuenta o trato de Carlos Maside, Otero Pedrayo,
Fermín Bouza Brey, Borobó, Manuel Beiras García, Xosé M.
Beiras, Ramón Piñeiro, Pilar Vázquez Cuesta, etc.

Conquista
o primeiro premio dun certame poético do Centro Galego de Bos Aires
co libro Advento.
Publica
en Lugo Morrendo a cada intre
e os Contos do cuarto crecente.
1953
Estuda para procurador dos Tribunais e dá algunhas conferencias
sobre poesía galega.
1954
Publica
en Arxentina, da man das Edicións Galicia do Centro Galego
bonaerense, o poemario Advento
e nas Edicións Celta de Lugo a primeira edición do seu emblemático
Terra Cha, con limiar
de Ánxel Fole.
Asiste ao III Congreso Internacional de Poesía, en Compostela, e
traba amizade co poeta catalán Carles Riba.
Gaña os Xogos Florais de Ourense.
Envía colaboracións a Opinión Gallega de Bos Aires.
Pasa unha tempada con Novoneira no Courel.
Dá unha conferencia en setembro, en Lugo, sobre a poesía de Noriega
Varela.
Inicia as prácticas para procurador dos Tribunais no despacho de
Luís Fernández Villar, en Lugo.
1955
Novo
premio poético en Bos Aires, polo Libro de pregos.
Recitais en Coruña, Betanzos, Lugo...
Envía colaboracións á revista Galicia de Bos Aires.
Envía
colaboracións á revista Vida Gallega.
O
“Galicia Programme” da BBC ocúpase do seu libro Advento.
É denunciado e xulgado por uns cantares de cego presuntamente
calumniosos que circulan por Outeiro de Rei, mais resulta finalmente
absolto.
1956
Escribe
o poemario Documentos personaes.
Coñece á súa futura compañeira e esposa, Saleta Goi García, de
familia republicana represaliada.
1957
Aproba o exame para exercer oficialmente como procurador dos
Tribunais.
Edita
na revista Quatro Ventos,
de Braga, o seu Auto do taberneiro.
Comeza
a colaborar asiduamente co xornal coruñés El Ideal
Gallego.
1958
Publica
na Celta de Lugo o poemario Documentos personaes.
Colabora
co xornal Lugo de Bos
Aires e coa revista Papeles de Son Armadans,
de Mallorca.
Instálase en Monforte.
Perde aos seus amados mestres Pimentel e Maside.
Publica no Boletín da Academia Galega un estudo sobre a poesía de
Fermín Bouza Brey.
1959
Recita e dá conferencias na Universidade de Uvieu.
Casa o 9 de maio con Saleta.
Dá aulas de Literatura na Academia Balmes de Monforte e colabora coa
emisora de radio local.
1960
Gaña os Xogos Florais da Coruña e os de Betanzos.
Gaña o premio de teatro Villar Ponte en Bos Aires, co seu Edipo.
Publica na revista Céltiga, de Porto, o seu Auto do
labrego.
1961
Publica na revista Vida Gallega o seu Auto do mariñeiro.
Edítase o seu único poemario en español, Sermón para decir en
cualquier tiempo, escrito no verán de 1954.
1962
Aparece a segunda edición, corrixida e aumentada, de Contos en
cuarto crecente.
1963
Publica o poemario Mar maior na colección de poesía Salnés,
promovida por Galaxia e dirixida por Celso Emilio Ferreiro.
Morre o 2 de febreiro o seu tío José Fernández Núñez.
1964
Viaxa a Portugal.
O 6 de agosto intégrase con Saleta e da man de Méndez Ferrín e Mª
Xosé Queizán na UPG, acabada de crear na clandestinidade.
Edita na revista Grial
un estudo sobre a poesía de Celso Emilio Ferreiro.
1965
Publica na revista Grial a novela curta “As augas van
caudales”.
A Asociación Cultural “O Galo” premia a súa peza, aínda
inédita, A luz non volve atrás.
1966
Publica na revista Grial a novela curta “Os alugados”.
Gaña os Xogos Florais de Foz.
Participa no banquete de despedida a Celso Emilio Ferreiro, que
marcha para Venezuela.
1967
Reedita en Lugo o libro Terra Cha, ampliándoo ata os 91
poemas.
Presenta o cantautor valenciá Raimon nun recital en Compostela e
dedícalle un artigo en Grial.
Funda a editora Xistral e, dentro dela, a colección de poesía “Val
de Lemos”, coa colaboración de Basilio Losada e Lois Diéguez.
1968
Publica en Lugo o poemario infantil Os soños na gaiola.
Prologa a novela de Lois Diéguez A Torre de Babel.
Publica na colección Val do Lemos da súa editora Xistral o poemario
Proba documental.
Grava en Barcelona o disco Manuel María: poemas ditos coa súa
voz.
Presenta na Sala Capitol de Compostela o concerto da Nova Canción
Galega.
Edita a peza teatral Barriga Verde, que se estrea ao ano
seguinte.
Escribe para a revista Biblos de Coímbra o breve ensaio
Noticia da vida e poesía de Xosé Crecente Vega.
1969
Edita
en Montevideo Versos pra cantar en feiras e romaxes.
Edita
en Bos Aires Versos pra un país de minifundios.
As autoridades franquistas múltano por participar xunto a Miro
Casabella nun acto na Universidade Central en Madrid, no que se fixo
exhibición de “una bandera separatista” e se corearon “gritos
subversivos”.
Basilio
Losada prepara para a colección Adonais, das Ediciones Rialp, unha
Antología Poética/
Escolma Poética de
Manuel María, en edición bilingüe.
1970
Edita
en Bos Aires Remol.
Publica
tamén, na colección “Val do Lemos” da súa editora Xistral, as
Canciós do lusco ó fusco.
É nomeado en abril membro correspondente da Real Academia Galega.
Edita
en Arxentina o volume narrativo O xornaleiro e sete
testemuñas máis.
Edita
por segunda vez, en Xistral, o seu Auto do mariñeiro.
Abre en Monforte con Saleta a Libraría Xistral, na que se vende
tamén cerámica de Sargadelos.
Aparece
a segunda edición de Documentos personaes.
Traduce ao español para a revista Primer acto a peza de
Castelao Os vellos non deben de namorarse e achega asemade o
artigo “Noticia del Teatro Gallego”.
1971
Gaña
certames poéticos en Vilagarcía de Arousa, Betanzos, Monforte e
Guimarães.
Prohíbenlle unha conferencia na
Coruña sobre “O Renacemento galego do século XIX e a súa
proxección política na Galicia de hoxe”.
1972
Publica
en Porto, da man da editora Razão
Actual, as Odes
num tempo de paz e de alegria,
con limiar de Margarita Ledo Andión.
Publícase
tamén en Portugal, da man da mesma editora portuense, o volume
antolóxico 99
poemas de Manuel Maria (1950-1970),
preparado polo propio autor.
Tira
do prelo na Celta de Lugo a 3ª edición, novamente ampliada (100
poemas), de Terra
Cha.
Aparece
a versión en francés do libro Canciós
do lusco ó fusco.
Viaxa á Bretaña, á Suíza e a
Euskalherría. Recita no Centro Galego de Barakaldo.
Reedita
Os soños na
gaiola.
Camilo Gómez Torres defende o 23
de xuño na Universidade de Barcelona unha tese de licenciatura sobre
Manuel María.
1973
Aparecen
os seus poemarios Aldraxe
contra a xistra (Ediciós
Roi Xordo, Xenebra, Suíza), Informe
pra axudar a alcender unha cerilla
(Edicións Patronato da Cultura Galega, Montevideo) e Laio
e cramor pola Bretaña
(Lisboa).
Obtén
ex aequo co
Zardigot
de Euloxio R. Ruibal, grazas á peza O
meu reino non é deste mundo,
o premio Abrente de Teatro en Ribadavia.
Publica
na colección “O Moucho” das Edicións Castrelos de Vigo o volume
Kricoi, Fanoi e
Don Lobonís.
Edita
en Bos Aires a peza teatral Auto
da costureira.
Preside a Asociación Cultural
Castelao, de Monforte.
1974
Viaxa, dá recitais e dita
conferencias por Cataluña, Euskalherría e Portugal.
Aparece a segunda edición de
Laio e cramor pola Bretaña, nas Ediciós Roi Xordo de Xenebra.
Tradúcense ao bretón as Canciós
do lusco ó fusco.
Fai parte do xurado do II
Concurso de Obras Teatrais Abrente, de Ribadavia.
1975
Presenta a súa renuncia como
correspondente da Real Academia Galega.
Participa na creación da
Asemblea Nacional-Popular Galega (AN-PG), en abril.
Dita numerosas conferencias sobre
a figura de Castelao, no XXV cabodano da súa morte no exilio.
1976
Edita
na colección Alexandre Bóveda, de Xistral, os Cantos
rodados pra alleados e colonizados.
Resulta multado por participar en
Quiroga o 18 de abril nunha mobilización contra o proxecto de
instalación dunha celulosa.
Volve ser xurado no premio
Abrente de Ribadavia.
Gaña un certame de guións
cinematográficos con Abril de lume e ferro e ofrece numerosas
charlas e recitais por todo o país.
1977
Detidos el e Saleta o 29 de
xaneiro pola policía, nunha vaga represiva poucos días despois de
que se perpetrase a matanza de avogados laboralistas de Atocha. Son
postos en liberdade aos dous días.
Publica
en Madrid, da man da Asociación Cultural Galega Lóstrego, os Poemas
ó Outono.
As
edicións Ceibe da Frente Cultural da AN-PG publican Poemas
pra construír unha patria.
Cabeza de lista ao Senado polo
BN-PG na provincia de Lugo nas eleccións do 15 de xuño.
Comeza a enviar a A Nosa Terra
entregas da súa sección “Andando a Terra”, asinadas baixo o
pseudónimo de Manuel Hortas Vilanova.
Dita conferencias sobre as
Irmandades da Fala en diversas localidades.
“Fuxan os ventos” edita en
discos seus versións de poemas como “O carro”, “Labregos” e
“Cantiga das Encrobas”.
1978
Publica
da man de Follas Novas, en Compostela, o Libro
das baladas.
A AS-PG patrocina a edición en
Xistral do seu poemario infantil As rúas do vento ceibe.
O cantautor Suso Vaamonde edita
cancións inspiradas no libro Os soños na gaiola.
A cantante María Manuela e o seu
compañeiro Miguel versionan musicalmente poemas como “Idioma meu”,
“Manual de señorito” e “O alleado”.
1979
Publica
na Editorial Alvarellos, de Lugo, Catavento
de neutrós domesticados.
Estrea
en Lugo o seu Auto
do maio esmaiolado,
editado máis tarde pola Escola Dramática Galega coruñesa nos seus
Cadernos
en 1982.
Estréase
tamén a súa Farsa
de Bululú (O meu reino non é deste mundo).
Edita
a peza teatral infantil
Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela.
Concelleiro polo BN-PG na
corporación municipal de Monforte (“unha das experiencias máis
desagradables da miña vida”).
Campaña de desprestixio contra
el e contra Saleta en Monforte, acusándoos inxustamente de seren
instigadores dos incidentes que remataron traxicamente na noite do 13
de agosto cun rapaz morto, cando a policía reprimiu unha “festa
alternativa” que protestaba contra a festa de pago organizada polo
Concello nas Pistas do Xardín Municipal.
1980
Publícase
a antoloxía Versos
de 30 outonos,
preparada por Camilo Gómez Torres.
4ª
edición do seu Terra
Cha,
agora con 105 poemas.
3ª
edición, e definitiva, de Documentos
personaes.
Estrea
en Lugo o seu Auto
da Autonomía.
1981
Viaxa a Venezuela e a Suíza.
Participa no 1º Congreso de
Escritores Galegos, en Poio.
Publica
na colección Ramón Cabanillas da editora Xistral os Poemas
da labarada estremecida.
Escribe o seu “Soneto a Xosefa
Baamonde García, mestra de Dices-Rois-Padrón”.
1982
Viaxa por Euskalherría, dando
recitais e conferencias en Donosti, Trintxerpe, Santurzi,
Barakaldo...
Participa na homenaxe a Fermín
Bouza Brey.
Edita
da man de Xerais, na colección Montes e Fontes, a súa “broma
literaria” Escolma
de poetas de Outeiro de Rei.
Galiza Editora publica en Ourense
os seus Versos do lume
e do vagalume.
Participa na Asemblea
constituínte do BNG en Riazor.
1983
Cesa como concelleiro
nacionalista en Monforte, ao non saír reelixido nas municipais de
maio.
Viaxa por Italia.
Participa en Figueira da Foz no I
Encontro Luso-Espanhol de Poesía.
Participa en Vigo nun recital con
Novoneira, Luz Pozo Garza e Bernardino Graña.
1984
Edita
no Carballiño, da man da Asociación Cultural Avantar, o Cantigueiro
do Orcellón.
A
AGAL publica o seu A
luz ressuscitada,
con carta-prefacio de António Gil Hernández.
Nova viaxe a Italia e tamén a
Grecia, na compaña de Felipe Senén.
Participa nun congreso de
escritores galegos, vascos e cataláns en Poblet.
Abandona a militancia na UPG e no
BNG.
Colabora coa revista Dorna.
Tradúcense ao euskera, da man de
Koldo Izagirre, varias pezas do seu teatro.
Publica
na Coruña O
camiño é unha nostalxia.
1986
Participa nunha homenaxe a
Castelao en Rianxo, en xaneiro.
Edita
en Ourense Oráculos
para cavalinhos-do-demo.
Edita
da man da revista Follas
Secas
de Ourense, na colección Castromao de Poesía, Ritual
pra unha tribo capital de concello,
con limiar de Xosé Estévez.
Poemas seus fan parte, musicados,
do primeiro disco do grupo “A Quenlla”, Os tempos aínda non,
non son chegados: “Canto de esperanza”, “A historia de
Galicia”...
Viaxa a Córsega, Sardeña,
Sicilia e Calabria.
Confecciona e publica en Follas
Secas a peza teatral Entremés da OTAN.
Morre en decembro súa nai,
Pastora.
1987
Reedita,
grazas á Federación de Asociacións Culturais Galegas, o que fora o
seu primeiro libro, Muiñeiro
de brétemas.
Apróbase o expediente para o seu
nomeamento como fillo adoptivo de Monforte.
Monográfico
da revista ourensán Follas
Secas
sobre a súa figura.
Viaxa á Bretaña e a Normadía.
Participa nun encerro de
escritores da AELG no local da Academia Galega esixindo a demisión
do seu entón presidente e, asemade, delegado do Goberno,
García-Sabell.
1988
Publica
As lúcidas lúas
do outono,
na editora coruñesa Vía Láctea.
Edita
os seus Sonetos
ó val de Quiroga.
Viaxa, de novo, a Italia para
visitar a Toscana.
Tradúcense ao holandés as súas
Canciós do lusco ó fusco.
“A Quenlla” inclúe no seu
disco Európolis 88 temas inspirados en textos do poeta, como
“Bando”.
1989
5ª
edición do seu Terra
Cha,
agora con 110 poemas.
3ª
edición de As
rúas do vento ceibe.
Edítase en Barakaldo, en edición
bilingüe galego-esukera, o poema “Saturno”.
Comeza
a súa colaboración xornalística en El
Correo Gallego
compostelán.
Publica
como peza teatral Abril
de lume e ferro.
1990
Publícase
o volume antolóxico Andando
a Terra, preparado
por Pilar García Negro e Miguel Mato Fondo, que recolle parte da súa
articulística no semanario A
Nosa Terra
entre 1977 e 1987.
Publícase,
da man de Xerais, o libro Conversas
con Manuel María,
de Xosé Manuel del Caño.
A
editora herculina Nova Galicia tira do prelo o volume recompilatorio
Os ontes do
silencio,
que inclúe os Contos
en cuarto crecente,
O xornaleiro
e Kricoi, Fanoi
e Don Lobonís.
Edita
o Cancioneiro de
Monforte de Lemos.
Pronuncia en Llodio, o 27 de
maio, o pregón do Día de Galiza en Euzkadi, en presenza do
lehendakari José Antonio Ardanza. Participa na descuberta dunha
placa en Barakaldo en honra a Ramón Cabanillas.
Concédenlle o premio “Celanova
Casa dos Poetas”.
1991
O
xornal compostelán El
Correo Gallego
edita o seu Compendio
de orballos e incertezas.
Edítanse
conxuntamente as pezas teatrais Farsa
de Bululú
e Unha vez foi o
trebón
na denominada “Biblioteca 114” de El
Correo Gallego.
Publica
en SM, na colección “O Barco de Vapor”, o volume prosístico A
tribo ten catro ríos.
1992
Publica na colección “Os
contos do Castromil” o texto Auto do Castromil ou a revolución
dos baúles.
Publica en SM, na colección “O
Barco de Vapor”, Cando o mar foi polo río.
Edita a súa peza A lúa vai
encoberta, escrita nos anos 70, na Biblioteca de Autores Galegos
do Diario 16 de Galicia.
1993
Miguel
Anxo Fernán-Vello e Miguel A. Mato Fondo editan en Espiral Maior
unha Antoloxía
poética do
noso autor.
Publica,
tamén en Espiral Maior, A
primavera de Venus,
con limiar de Claudio Rodríguez Fer e ilustracións de Felipe
Criado.
A mesma editora de Fernán-Vello
tira do prelo nun só volume a colección “Val de Lemos”.
Viaxa a Exipto e a Israel.
El
Correo Gallego
edita o seu libro Poemas
a Compostela,
escrito corenta anos antes.
A Asociación Monte Branco de
Ponteceso réndelle homenaxe.
1994
Concédeselle o Pedrón de Ouro.
Edita
Cantigas e
cantos de Pantón.
Edita
en Espiral Maior Poemas
para dicirlle a dúas lagoas,
con limiar de Fernán-Vello.
Publica
en SM, na colección “O Barco de Vapor”, o volume prosístico
Viaxes e
vagancias de M.P.
A
Deputación de Lugo publica o estudo de Xosé Lois García
Lectura e itinerario posíbel polo Terra Cha de Manuel María.
Participa con Bernardino Graña,
Neira Vilas, Novoneira e Ferrín no recital de clausura da XI Semana
de Filosofía, en Pontevedra.
O 6 de outubro xubílase como
procurador dos Tribunais.
1995
Tribútaselle unha grande
homenaxe no Teatro Rosalía de Castro na Coruña, organizada pola
AS-PG.
Citania de Publicacións edita un
volume colectivo coordinado por Xulio Xiz co título de Manuel
María da Terra Cha.
Participa en Gasteiz nun novo
Congreso Galeuzca de escritores.
1996
Edita
O Miño canle de
luz e néboa,
en Espiral Maior.
Aparece
a cuarta edición de Barriga
verde.
Escribe
o limiar de Memoria
e soño,
do poeta lugués aficando en Viveiro Xoán Neira.
“A
Quenlla” ofrece a súa versión de “Verbas a un irmao” no disco
A casa que nunca
tivemos...
1997
A AELG distíngueo como socio de
honra coa letra E.
Recibe o premio Otero Pedrayo.
Elabora
con Anxo Gómez Sánchez para a Historia
da Literatura Galega
auspiciada pola AS-PG e editada por A Nosa Terra o fascículo 28 e a
súa correspondente escolma, co título Poetas
entre a tradición e a modernidade. Antoloxía. Tamén
colabora no fascículo (35) e escolma dedicados a Fole.
Publica
na Editorial Everest, dentro da colección “Punto de Encontro” o
volume As
ribeiras son escuras,
en que recolle as prosas “As augas van caudais”, “Os alugados”
e “O xornaleiro”.
Participa no Congreso da Poesía
Galega que se celebra en Vilagarcía polo 50 aniversario da
publicación de Cómaros verdes, de Aquilino Iglesia Alvariño.
Participa en decembro nun acto
poético reivindicativo contra o traslado da estatua de Pastor Díaz
en Viveiro.
Camilo Gómez Torres prepara unha
Antoloxía poética do noso autor para acompañar o fascículo
39 da Historia da Literatura Galega preparada pola AS-PG e
editada por A Nosa Terra.
1998
Traspasa en abril a Libraría
Xistral en Monforte e instálase con Saleta na Coruña.
Prologa os Poemas para unha
loia, de Lois Pereiro.
A Casa de Cultura de Foz é
bautizada co seu nome.
2000
A
Asociación Cultural Xermolos, de Guitiriz, baixo a coordinación de
Alfonso Blanco Torrado publica co título de Manuel
María
un volume-colectáneo de artigos, estudos e poemas sobre a súa
figura.
Dedícaselle a primeira edición
do Día das Letras Chairegas, o 21 de marzo.
Camilo
Gómez Torres defende na Universidade coruñesa a primeira tese de
doutoramento sobre a figura do poeta, co título Manuel
María: traballo lingüístico e traballo cultural.
Publica
da man da editora Hipocampo, de Sabino Torres, o poemario
Brétemas do muiñeiro.
Edita
en Monforte Os
carreiros do soño.
2001
6ª
e definitiva edición de Terra
Cha:
114 poemas.
A
editora Espiral Maior reúne e publica en dous tomos a Obra
Poética Completa
do noso autor.
Camilo
Gómez Torres publica en Laiovento o estudo Manuel
María: os traballos e os días.
Edítase
Camiños de luz
e sombra,
libro escrito en 1959.
2002
Edítase Entre a arxila e a
luz, poemario que fora escrito en 1957.
2003
Ingresa o 15 de febreiro como
numerario na Real Academia Galega co discurso A Terra Chá: poesía
e paisaxe, que foi respostado por Méndez Ferrín. A cerimonia
celébrase en Vilalba.
Participa nas mobilizacións de
“Nunca Máis”.
Edítase
o seu Cancioneiriño
de Valdeorras.
Publica
en Laiovento as prosas de
Historias do empardecer,
con iustracións de Ana Pillado Vega.
2004
Morre o 8 de setembro, na Coruña.
Velorio público no Panteón de Santo Domingos de Bonaval, en
Compostela.
Traslado dos restos e soterramento en Outeiro de Rei.
O Instituto de Estudios Chairegos de Vilalba edita postumamente, con
prólogo de Antón Xosé Meilán García, as súas Elexías á
miña vida pequena, escritas en 1950.
2005
Celébrase en novembro, na Facultade de Filoloxía da Universidade da
Coruña, o Congreso “Manuel María. Literatura e Nación”.
O Festival de Pardiñas (Guitiriz) réndelle homenaxe.
Camilo Gómez Torres publica na colección Campus da editorial A Nosa
Terra a monografía O tempo vital de Manuel María.
O selo Ouvirmos, de Sarria, edita o traballo colectivo Manuel
María. Fotobiografía sonora.
2006
Xosé Ramón Freixeiro Mato obtén o XX Premio Literario Ánxel Fole,
convocado pola Fundación Caixa Galicia e El Progreso de Lugo,
polo traballo Lingua e estilo na obra de Manuel María.
2009
Edítanse as Actas do Congreso Manuel María. Literatura e Nación.
2010
A Fundación Manuel María publica o poemario inédito Cecais hai
unha luz, escrito en 1979, e mais un ensaio titulado Galiza,
probabelmente confeccionado a mediados dos anos 80 do pasado
século.
2011
A Asociación Cultural Alexandre Bóveda da Coruña edita a
monografía de Miguel A. Mato Fondo Señardade da luz (a obra
poética de Manuel María).
2012
Publícase o poemario Os lonxes do solpor, escrito en 1989. A
edición consta dun limiar de Fernán-Vello, o disco Andando a
Terra de Uxía e o vídeo De amor e cantería, con guión
de Anxa G. Refoxo.
2013
Inaugúrase o 7 de setembro en Outeiro de Rei a Casa Museo Manuel
María.
2014
Edítase
a súa correspondencia entre 1951 e 1974 con Otero Pedrayo, da man de
Xosé M. Sánchez Rei e Estefanía Mosquera Castro.
2015
A
Fundación Manuel María edita unha escolma da súa articulística,
co título Memoria da Terra. Prosa xornalística escollida.
2016
A
editorial Galaxia publica unha Antoloxía poética preparada
por Darío Xohán Cabana e Amelia Outeiro Portela, abrindo así unha
necesaria fervenza de publicacións sobre o noso autor. A súa figura
protagonizará o Día Das Letras Galegas con innúmeros actos e
iniciativas por todo o país.