![]() |
Cadro de Pedro Luzón Sánchez |
“En este momento de resurgimiento de los valores de la región gallega, el libro de referencia presta un extraordinario servicio. Porque en él se ofrece de modo cristalino una visión de paganía trasuntada en espiritualidad religiosa al correr de los tiempos, que permite determinar perfectamente las características ancestrales de una raza como la de Galicia, capaz de producir heresiarcas del fuste de Prisciliano. Que en todos los cultos religiosos de la tierra del Noroeste peninsular late un fermento panteísta que dá a aquéllos apariencias heterodoxas. El alma gallega, en lo que tiene de pagana y lírica, surge relevante en el notable libro de Maciñeira”.
![]() |
Federico Maciñeira |
Unha vez chegados ao santuario os excursionistas, os
sentimentos foron contraditorios, como testemuña a crónica que publicou no
diario vigués El Pueblo Gallego (nº 780, 4.8.1926), logo reproducida en
revistas da emigración galega en América como a Céltiga bonaerense
(outubro de 1926) e a Galicia de Montevideo (maio de 1930), co título de
“Una visita a San Andrés de Teixido. El santuario más popular de
Galicia”.
Efectivamente, por unha banda non puido disimular a
negativa impresión que recibiu na contemplación do templo (“una de tantas
vulgares iglesias”), ergueito no s. XVI, e mais na consideración dos principais
elementos deste: “detestables altares churriguerescos con profusión de imágenes
del peor gusto”, “un techo de uralita”, etc., coas únicas excepcións dos
exvotos e das pinturas murais que ornaban as paredes do edificio e da propia
imaxe relicario de San Andrés, “que es lo único de verdadero mérito”.
![]() |
Lanchas de Cariño, debuxadas por Vicente Risco |
O xornalista, tomando pé no traballo
que sobre Teixido tiña publicado Maciñeira, arriba amentado, estabelecía na súa
crónica un interesante contraste entre os dous cultos haxiográficos máis
populares na Galiza de entón, o do Apóstolo Santiago e o de Santo André, así
como entre os seus respectivos santuarios: urbano, terreño, señorial e de
importancia histórica, un; popular, marítimo e de importancia etnográfica,
outro.
Ademais, citando concretamente Murguía, Villar Ponte
recreaba a popular e antiquísima lenda que explica a orixe do santuario, lenda
que amosaría, no seu dicir, a inconfundíbel pegada das supersticións celtas
(metempsicose, culto á auga, panteísmo...) na cultura galega popular e
tradicional. Como é sabido, segundo ese relato o santo tería chegado por mar a
Teixido e, unha vez desembarcado, a súa nave teríase petrificado, converténdose
no penedo coñecido co nome de “Barca de San Andrés”.
A crónica villarpontina non está exenta de alusións
críticas á responsabilidade da Mitra mindoniense no feísmo arquitectónico do
templo e mais de irónicas mencións aos suculentos ingresos que a devoción
popular deixaba nel...

Este, como é ben sabido, describía a romaxe a pé efectuada
durante dez días por Ramón Otero Pedraio, Vicente Risco e Xosé Ramón Fernández
Oxea (Ben-Cho-Shey) desde Ourense a Santo André de Teixido, facendo escalas en Viana, Monterroso, Palas de Rei, Lugo, Vilalba, As Pontes e Ortigueira. Cómpre dicir
que os citados romeiros ourensáns fixeron o derradeiro tramo do seu camiño
acompañados por tres ilustres veciños de Cariño: Antón Piñeiro Lago, Francisco
M. Pita e o médico Alexandre Carreño. No santuario foron recibidos polo crego
Andrés Miragaia, como testemuña a fotografía que ilustra esta entrada, que tomamos da revista Céltiga de Bos Aires (nº 66, 25 de setembro de 1927), onde aparece ilustrando unha colaboración de Ben-Cho-Shey, precisamente.
