No
2010 cumpriuse o primeiro centenario da fundación en Cuba da
sociedade de instrución “Vivero y su Comarca”. A entidade, de
inspiración tipicamente rexeneracionista, xogou desde o seu
nacemento e ata o fatídico 36 un rol moi destacado na trama cívica
da práctica totalidade dos concellos da súa zona de implantación
(o Partido Xudicial de Viveiro, daquela composto polos municipios de
Viveiro, Riobarba, Ourol, Muras, Xove e Cervo) e tivo moito que
dicir, sobre todo, no eficaz combate que se levou a cabo nas
primeiras décadas da pasada centuria para a erradicación do
analfabetismo entre os nosos devanceiros, en clamoroso contraste coa
desidia, indolencia ou ineptitude amosada en tal sentido polos
diferentes estamentos da Administración e do Estado. Tanto é así
que, segundo
apreciación do profesor Sixirei Paredes, a Terra de Viveiro foi,
grazas ao labor da entidade que nos ocupa, “a zona do país con
maior número de escolas fundadas polos indianos”.
Por
iniciativa de “Vivero y su Comarca”, efectivamente, erguéronse
ou arranxáronse numerosos edificios escolares na bisbarra (algunhas
fontes contabilizan un total de 57), dotáronse de material axeitado
moitas aulas (incluída a pequena estación meteorolóxica que montou
nos claustros de San Francisco o mestre público Luís Tobío
Campos), pagáronse soldos dignos que beneficiaron a un profesorado
habitualmente pauperizado e, talvez o máis importante, logrouse
espertar en moitas almas lexítimas ansias de superación persoal e
de redención e mellora social, antes inéditas, a través da
formación, do estudo e da cultura.
A
entidade puxo asemade en marcha un voceiro de prensa propio, a
revista Vivero en Cuba,
e alentou en parte outras publicacións periódicas como Pro-Galicia
e Labor
Gallega, onde colaboraron diversos
destacados publicistas e xornalistas galegos do momento. Importante
foi tamén a súa pegada nas páxinas do semanario Heraldo
de Vivero.
Ademais,
subvencionou actividades e obras en beneficio comunitario de diversa
índole, organizou festas e homenaxes (por exemplo, a Pastor Díaz no
primeiro centenario do seu nacemento, en 1911), practicou a
beneficencia (en 1923 creou un fondo específico para a atención dos
socios necesitados e enfermos, por exemplo), fixo en determinadas
coxunturas o papel dunha oficina de emprego (nas páxinas de Vivero
en Cuba inseríronse avisos como
este, dirixido aos socios que regresasen á Península: “rogamos
nos sirvan informar de cuantos empleos ó colocaciones sepan
vacantes, para recomendar asociados que no tengan trabajo”) e
estendeu unha ampla rede de delegacións e comisións de apoio, tanto
en Cuba, como noutros países americanos (Arxentina, México…),
como, moi principalmente, no arredor de medio cento de parroquias dos
municipios da Terra de Viveiro que constituían o seu ámbito
xeográfico de incidencia, sen esquecer as delegacións que
funcionaron na Coruña e en Madrid.

Por
esa razón, non faltaron desde o primeiro día polémicas e
discrepancias, tanto externas como internas. “Vivero y su comarca”
como entidade ou os seus directivos e representantes en tanto tales
experimentaron, como veremos, ataques desde certos sectores da
colonia emigrada e desde algúns segmentos da propia sociedade galega
e particularmente viveiresa. Estes detractores eran, polo xeral,
críticos non tanto cos fins teóricos da entidade, ben doados de
aplaudir, como cos seus métodos, acusados de tipicamente caciquís,
e coas presuntas ou reais segundas intencións que albergaron os seus
directivos, so capa de altruísmo e filantropía.
De
resultas, a indolencia ou mesmo soterrada hostilidade dos directivos
de “Vivero y su Comarca” cara ás demandas máis galeguistas e
democráticas esgrimidas por algúns sectores avanzados da colonia
emigrada, por unha banda, e o seu total enfeudamento e submisión aos
manexos no distrito viveirés da facción política comandada por
Soto Reguera, por outra, fixeron que as amplas simpatías e unánimes
aplausos colleitados no momento da fundación fosen dando paso a unha
máis restrinxida e selectiva constelación de apoios e a un percurso
histórico complexo que por veces se volveu, ademais, duramente
polémico.
É
precisamente ese percurso, ata o límite da proclamación da 2ª
República, o que na medida das nosas forzas e manexando fontes
infelizmente fragmentarias e incompletas quixemos reconstruír nas
liñas que seguen.
Prolegómenos
da fundación.
A
comezos de 1908, un grupo de gaiteiros viveireses denominado “Os
Montes”, formado polo xastre Antón Soto, o músico Juan Latorre, o
pintor mindoniense Ramón Salaverri e o ebanista Eugenio González
(Madono),
viaxa a Cuba no vapor “Bismarck” e realiza unha pequena xira pola
Illa, que ten como instante estelar a actuación no Teatro do Centro
Galego da Habana, en marzo do citado ano. A presenza desta embaixada
musical tivo a virtude de provocar na cada vez máis nutrida
comunidade de viveireses residentes no país caribeño o desexo de
organizarse en tanto tal.
O
xornal El Eco de Vivero
aludirá por esas datas, efectivamente, á idea dos naturais da vila
do Landrove residentes en Cuba de constituíren unha sociedade, co
nome de “Xente da Vila”, e sinalará ademais que o xornalista
Antón Villar Ponte, quen desembarcara na Illa xusto por aquel entón,
sería o flamante secretario do novo agrupamento. Tal entidade con
tal nome nunca chegou a se constituír, que saibamos, mais das
xestións e contactos realizados nese intre ficou a semente sobre a
que se edificará, moi pouco tempo despois, a sociedade “Vivero y
su Comarca”.
A
constitución en 1904 da “Alianza Aresana de Instrucción”, na
Habana, baliza o punto de arranque dun proceso de proliferación de
sociedades de instrución de matriz galaica, destinadas a promover a
construción, sostemento e dotación de escolas na Terra. O
investigador Núñez Seixas, no seu estudo Emigrantes,
caciques, indianos, fornécenos
cifras que amosan a intensidade deste agromar asociativo: na illa de
Cuba existían en 1910 un total de 20 sociedades de instrución. En
1912, a cifra ascendía a 46. Dez anos despois, eran 90 as sociedades
existentes. Finalmente, no 1923, chegaban a 104. Estas
sociedades, como explica Alfonso Magariños no ensaio A
obra educativa e cultural dos emigrados. Prensa da emigración e
Sociedades de Instrucción en Galicia (2000),
marcábanse como labor fundamental o fomento, fundación,
financiamento e sostemento de escolas na metrópole, polo xeral nas
comarcas de orixe dos seus asociados. Tentaban así suplir ou
complementar, segundo os casos, a escasa atención dada
historicamente polo Estado ás necesidades educativas da poboación
rural e compensar, dese xeito, o lento desenvolvemento das
infraestruturas pedagóxicas a cargo da Administración Pública.
Orabén,
como advirte o xa citado Núñez Seixas, non debe ocultarse que ese
filantrópico labor pedagóxico, envolto en propagandas neutralistas
en materia política ou relixiosa, presentaba á hora da verdade con
bastante frecuencia claras connotacións sociopolíticas, pola
tendencia das propias sociedades de instrución a procurar o
patrocinio e a protección de determinados políticos con influenza
nas esferas onde se repartía a torta orzamentaria estatal.
![]() |
Escola de Riobarba (O Vicedo) |
En
concreto, no banquete que os seus compatrianos viveireses lle
tributaron en La Tropical o 14 de marzo de 1910, Francisco
Alvarado dirixiulles a palabra para lles facer o seguinte rogo,
segundo relata Otero Cao na revista Galicia
(14.10.1911): “que se unieran todos los del Partido de Vivero, que
tan siquiera una vez al año se dedicaran un día á reunirse, á
charlar de cosas de la tierra, á fortificarse con el trato, á
conocerse y á apreciarse”.
A
asemblea fundacional de “Vivero y su Comarca”, previa
convocatoria aberta feita pública nos xornais habaneiros Diario
Español, Diario de la Marina e El
Comercio, celebrárona
finalmente un total de 65 emigrados viveireses nos xardíns da
Cervexaría “La Tropical”, ás aforas da Habana, o domingo 3 de
decembro de 1910. Unha comisión, formada por Taladrid Catá, Amando
Cora, Antonio Pernas, Benito Lage e Tomás Ramos Riguera, foi a
encargada de elaborar previamente a proposta de regulamento da
entidade. Esta proposta foi discutida e aprobada nunha nova sesión,
“en la que reinó el mayor orden y entusiasmo, unidos á la
familiaridad y el cariño que era natural existiese entre los que han
visto la luz bajo un mismo cielo”, indican as crónicas, e que tivo
lugar nos Salóns do Centro Galego no seguinte domingo, día 10. Aí
ficou aprobado o seguinte artigo definitorio: “Su finalidad
primordial es propulsar la instrucción primaria en toda la comarca
de Vivero. A este objeto pedirá al Estado la creación de escuelas
en los lugares que haga falta, y una vez terminados los edificios que
tiene en fabricación, solicitará del mismo la construcción de
otros nuevos, previo ofrecimiento del solar saneado, equipo completo,
mobiliario y casa vivienda para el maestro”.
O
núcleo promotor de “Vivero y su Comarca”
Da
primeira Xunta Directiva Provisoria da sociedade “Vivero y su
Comarca”, encargada de elaborar a proposta de regulamento a
ratificar na Asemblea Constituínte, fixeron parte Justo Taladrid
Catá, como Presidente; Amando Cora, como Vice-presidente, Tomás
Ramos Riguera, como Secretario, Jesús Fernández, como Tesoureiro e
Antonio Pernas Corral como Vice-Tesoureiro.
Estes
estiveron acompañados por outros membros propulsores como Eusebio
Balseiro, Manuel Cabaleiro, Perfecto Cao, Ramón García Mon, Benito
Lage, Ramón López Veiga, Silvestre López Veiga, Luís Martínez,
Antonio Pedreira, Pedro Pernas Rodríguez, Francisco Rodríguez e
Segundo M. Timiraos. Unha vez posta en marcha a sociedade, todos eles
foron designados socios fundadores e de honra, condición esta última
da que moi axiña foron beneficiarios Riguera Montero, José Soto
Reguera e o daquela xefe de goberno José Canalejas, morto en
atentado moi pouco tempo despois.
O 16
de abril de 1911 a entidade celebrou as primeiras eleccións
ordinarias para a escolla da Xunta Directiva, que, por aclamación,
ficou composta por Justo Taladrid Catá, como
Presidente; Manuel Cabaleiro, como Vice-presidente; Tomás Ramos
Riguera, como Secretario; José del Valle Moré, como
Vice-Secretario; Amando Cora, como Tesoureiro e, finalmente, Jesús
Pernas González como Vice-Tesoureiro.
Tamén
fixo parte desta primeira directiva ordinaria de “Vivero y su
Comarca” un nutrido número de Vocais, en representación das
parroquias de todo o distrito: Ramón López Veiga (Viveiro), Modesto
López Pin (Vieiro), Antonio Pernas Corral (Magazos), Antonio Ínsua
Polo (Landrove), Antonio D. Santiago (Covas), José López Menéndez
(Celeiro), Ramón García Mon (Chavín), Eusebio Balseiro (Boimente),
José García Vizoso (Valcarría), Vicente Abadín (Galdo), Francisco
Quintana Novás (Ourol), Francisco Gómez (Xerdiz), Silvestre López
e José Barro (Miñotos), Francisco Rodríguez (Merille), Francisco
Quintana García (Bravos), Benito Franco (San Pantaleón), Antonio
Blanco e Bernardo García Pajón (O Sisto), Antonio Durán
(Ambosores), Luís Martínez e José A. López (Riobarba), José
Rouco Bouza e José Guzmán Puentes (Muras), José Carballal (O
Burgo), Juan Carballa e Vicente Otero Cao (Irixoa), Domingo Pardiño
(A Balsa), Jesús Paraños (O Viveiró), José Chao (Silán), Ramón
González (Cabanas), Avelino Timiraos (Suegos), Emilio Grandío
(Negradas), Vicente Torres (San Estebo do Val), Segundo M. Timiraos
(San Román), Agustín Fernández (Mosende), Manuel Pena (Xove),
Vicente Villarquide (A Regueira), Amador Fernández (Sargadelos),
Ramón Goás (Rúa) e, finalmente, Amador Fernández e Benito Lage
(Cervo).
Aínda
a risco de cometermos unha inxustiza co papel e co esforzo despregado
por algúns outros directivos, podemos dicir que foron,
fundamentalmente, cinco as persoas que actuaron como verdadeiros
“motores” na posta en marcha de “Vivero y su Comarca” ou que
concentraron sobre si o peso máis relevante tanto para poñer a
andar as engranaxes societarias como para divulgar a iniciativa a fin
de conseguir os imprescindíbeis apoios. Referímonos a Justo
Taladrid Catá, Tomás Ramos Riguera, Vicente Otero Cao, José del
Valle Moré e José Mª Riguera Montero.
Justo
Taladrid Catá (Viveiro, 1864- A Coruña, 1938), emigrante a Cuba
con 16 anos, era na altura un próspero comerciante de sedería e
estaba á fronte da empresa “Taladrid Hermanos”. Afecto ao
deputado Soto Reguera, escribiu folletos como os intitulados Progreso
del distrito de Vivero en los años 1910 a 1930
(Viveiro, 1931) e Verdades como puños
y consideraciones. Mis servicios al distrito de Vivero
(A Coruña, 1935), nos que se defendeu das críticas á súa
traxectoria pública na Ditadura (téñase presente que exerceu como
deputado provincial en Lugo desde xaneiro de 1924) e dos ataques ao
seu labor como prócer indiano,
na súa calidade de presidente fundador e delegado plenipotenciario
de “Vivero y su Comarca” na Península ao longo de moitos
lustros. Durante os primeiros compases da Guerra Civil contribuiría
copiosamente ás colectas promovidas polas autoridades franquistas.
Dotado,
segundo os seus panexiristas, “de férrea voluntad e indomable
carácter de luchador”, Taladrid é, sen dúbida, artífice máximo
de “Vivero y su Comarca”, sociedade á que
permaneceu sempre vinculado. Cando en agosto de 1912 regresou a
Galiza desde Cuba, o boletín da “Federación Galaica de Sociedades
de Instrucción” Pro-Galicia
ponderou o seu rol na posta en
marcha da entidade con estas palabras: “Mucho es lo que don Justo
donó en efectivo para la Sociedad, muchas altas se deben al tesón
constante de este hombre que no vivió más que para su asociación,
mucho bregó y escribió, pidió y obtuvo, pero a nuestro juicio, la
mayor deuda de gratitud que los vivarienses adquirieron con D. Justo
es la de la organización intachable, exacta, clara y armoniosa que
imprimió á todos los trabajos y que hacen de las funciones
administrativas de la sociedad un modelo”.
Pola
súa vez Tomás Ramos Riguera,
natural de Merille (Ourol) e tamén próspero comerciante en Cuba no
momento da fundación de “Vivero y su Comarca”, encargaríase
inicialmente da secretaría da entidade e do consello de redacción
de Vivero en Cuba,
se ben regresaría a Galiza pouco despois de constituírse a
sociedade, concretamente en xuño de 1913 no vapor “Alfonso XIII”,
laborando desde entón como delegado no seu concello natal.

A carón destes dous persoeiros directivos, desde o primeiro instante destacará como un dos máis teimosos propagandistas da nova entidade a figura de Vicente Otero Cao. Nado en Maciñeira (O Burgo, Muras), en 1890, emigrou a Cuba en agosto de 1905, onde traballou como dependente de comercio nas localidades da Habana e Matanzas. Colaborou en numerosos xornais galegos da Illa (Diario Español, Antorcha Gallega, Alborada, Galicia...), dirixiu durante un tempo a revista Vivero en Cuba, exerceu como secretario de propaganda da “Asociación Iniciadora y Protectora de la Academia Gallega” e foi correspondente na Illa de xornais como o propio Heraldo de Vivero (1912), o boletín mensual El Eco Murense (1914) e o tamén mensual Progreso Murés (1915), voceiro este último do “Sindicato Agrícola y Pecuario de Muras”.
Otero Cao constitúe un exemplo prototípico do proceso de conscientización e transformación espiritual que levou a moitos galegos transterrados a abrazar como credo redentor a causa da creación de escolas a través das sociedades de instrución. El mesmo confesaría nas páxinas de Vivero en Cuba (nº 3): “Yo he sido uno de los tantos que pasamos nuestra niñez en la ignorancia más lamentable, yo iba al colegio y lo que menos me preocupaba era de estudiar las lecciones que el maestro me designaba, porque yo creía que la instrucción no era necesaria para pasar la amarga vida en aquellos pueblos rurales; y todo esto sucedía porque estaba falto de quien me diera consejos, de quien me iluminara el pensamiento y quien me dijera lo útil que sería la instrucción para lo futuro”.
Tras
regresar de Cuba con carácter definitivo en 1921, Otero Cao
instalouse en Vilalba. Alí promoveu a “Unión Comercial
Villalbesa” (1923), foi secretario do Casino, exerceu como
concelleiro no período primorriverista e axudou a fundar en 1932 o
quincenario Faro Villalbés.
Nos anos 50 daría ao prelo na Imprenta Celta de Lugo, en dous tomos,
os seus Apuntes históricos de la
Comarca de Muras (1953 e 1955,
respectivamente).
Igualmente activo na defensa e difusión dos ideais de “Vivero y su Comarca” foi José del Valle Moré, autor dun opúsculo divulgativo sobre a figura de Nicomedes Pastor Díaz (que se editaría en 1911 na Habana co título de Pastor Díaz: su vida y su obra, coincidindo co primeiro centenario do natalicio do escritor romántico) e colaborador asiduo de moitas publicacións da colonia galega en Cuba, como a revista Galicia. Nas planas desta escribía (3.10.1910), días antes de fundarse a entidade que nos ocupa: “Hija de un noble esfuerzo y digna del más brillante éxito en el glorioso fin que se propone, ha surgido del seno de nuestra colonia la Sociedad “Vivero y su comarca”, que como tantas otras establecidas ya entre nosotros se propone directamente llevar la enseñanza á los rapaces de allende el mar, para que puedan entrar en el combate de la vida con el arma más poderosa de nuestros tiempos: la instrucción (…) Merced á la noble idea de un puñado de entusiastas hijos de Vivero, nuestros paisanitos de aquella hermosa región que bañan las turbulentas olas del mar Cantábrico, verán abrirse á su frente un risueño camino de esperanzas”.
Finalmente,
sen que tivese do punto de vista formal funcións directivas, foi
socio de honra, mecenas económico, destacado promotor e influente
activista de “Vivero y su Comarca” José Mª Riguera Montero.
Nado en Muras en 1844 e morto en Pedeboi en 1922, cursou a carreira
eclesiástica no Seminario de Mondoñedo, mais non tomou finalmente
os hábitos. Marchou ao Uruguai en 1870, onde fundou o Instituto
Oriental, doutorouse en Dereito e Ciencias Sociais (1878), foi
catedrático de Latín na Universidade e desempeñou diversos postos
na Maxistratura e no Consulado español en Montevideo. Ademais,
editou na capital charrúa diversos opúsculos como El matrimonio
(1877), sobre aspectos xurídicos; Humilde tributo de amor
(1881), dedicado á súa defunta nai Francisca Montero; Vindicación
de la Gramática castellana (1887), en que critica acedamente os
contidos e enfoques dunha Gramática castellana editada en
Montevideo por Pedro Isbert; e Carta abierta a Tomás Riguera
Losada (1890), especie de relato autobiográfico da súa
traxectoria intelectual e pública até ese instante.
De
volta a Galiza, Riguera Montero editou con García Dóriga en
Mondoñedo o xornal El Baluarte de Galicia (1893-1895) e
estableceuse posteriormente na Coruña, cidade en que alentou, como
veremos, a creación dunha delegación de “Vivero y su comarca” e
ocupou diversos postos de relevancia, como o de director do xornal
católico El Diario de Galicia, o de vicepresidente do
Consello de Administración de La Voz de Galicia (xornal co
que colaborou en numerosas ocasións con recensións de libros,
retratos de escritores e políticos, artigos sobre temas filolóxicos,
etc.), e mais o de presidente de entidades cívico-culturais como o
orfeón “El Eco”, a “Liga de Amigos”, o “Patronato de la
Caridad de San José”, o “Dispensario Antituberculoso”, etc.
Ademais, financiou os actos de conmemoración en Viveiro do primeiro
centenario do nacemento de Pastor Díaz (1911), agasallou ao alcalde
de Ourol cun bastón de mando con empuñadura de ouro e dedicatoria
gravada (1912), colaborou en xornais e revistas como Vida Gallega
e El Norte de Galicia e editou diversos opúsculos, entre os
que cabe mencionar Estudio acerca de la verdadera cuna y oriundez
del Príncipe de los Ingenios (1905; 2ª ed. en 1910), en que
defendía a tese da galeguidade dos ascendentes de Miguel Cervantes
Saavedra, e Cuestiones filológicas (1916), en que reuniu
algúns dos seus traballos na prensa sobre a materia indicada no
título.
Nomeado
fillo predilecto de Muras en 1913, Riguera Montero significouse
poucos anos antes da fundación de “Vivero y su Comarca” no
convulso proceso de xestación da Academia Galega, mantendo unha
férrea oposición á candidatura de Manuel Murguía para presidir a
corporación. Nesa campaña súa, que tivo grande repercusión na
prensa e que deu como froito mordaces opúsculos da súa autoría
como o intitulado Películas académicas, arrastrou para as
súas teses, entre outros, aos poetas Noriega Varela e Juan R.
Somoza, aos xornalistas Jesús Noya González, Emilio Tapia, Eladio
Fernández Diéguez e Wenceslao Fernández Flórez, aos eruditos
Celso García de la Riega, Leandro Saralegui Medina, Santiago de la
Iglesia e Eduardo Lence-Santar e mesmo ao daquela aínda algo bisoño
farmacéutico de Foz con vocación literaria Antón Villar Ponte.
A
prensa de “Vivero y su Comarca”
O
indiscutíbel éxito societario e a meritoria pervivencia de “Vivero
y su Comarca” durante varias décadas non pode entenderse sen ter
en conta, entre outros factores, a planificada e atinada política de
comunicación (hoxe diríamos marketing) que a entidade levou
a cabo desde o mesmo instante da súa constitución.
Esa
política tivo, resumidamente, tres grandes frontes. A primeira,
editar un boletín propio e de grande calidade tipográfica, Vivero
en Cuba, só puntualmente substituído por páxinas fixas
dedicadas á sociedade nos boletíns Pro-Galicia e Labor
Gallega, como axiña explicaremos. A segunda, asegurar, mediante
o labor de autores como Vicente Otero Cao, José del Valle Moré,
Riguera Montero, etc., unha constante presenza de novas sobre o devir
e as iniciativas da entidade nas máis diversas revistas e xornais da
colonia galega na emigración, nomeadamente en Cuba. E a terceira,
finalmente, gozar do constante apoio de diversas cabeceiras de prensa
galega, tanto de ámbito local, como foi o caso de La Voz de
Vivero (fundado en xaneiro de 1909), do propio Heraldo de
Vivero (fundado en febreiro de 1912) e de La Voz del Pueblo
(fundado en xaneiro de 1926), como tamén de ámbito xeral, caso da
revista viguesa Vida Gallega ou do diario herculino La Voz
de Galicia. Este último, ademais de ser afecto, na súa liña
editorial, ao partido liberal-dinástico en que se encadraba o grande
“protector” político de “Vivero y su Comarca”, Soto Reguera,
tiña no seu consello de administración, durante os primeiros
decenios do século XX, conspicuos socios da entidade viveiresa, como
é o caso de José Mª Riguera Montero.
A
revista Vivero en Cuba
A nosa
sociedade de instrución comezará a editar, ao pouco de
constituírse, un voceiro mensual intitulado Vivero
en Cuba, que tirará un total de
oito números na súa primeira xeira (novembro de 1911 a xuño de
1912) e que será recibido en termos entusiastas polo erudito Riguera
Montero. Nas páxinas de La Voz de
Galicia (21.11.1911), no traballo
intitulado “Como se trabaja por Galicia. Vivero en Cuba”, Don
José Mª describirá nestes termos a nova publicación
galaico-cubana:
“La Revista citada es una
verdadera filigrana en arte gráfico y en punto á literatura. La
portada, en colores, muestra la figura de la diosa Minerva, que tiene
en sus manos la antorcha de la Ciencia iluminando al mundo. A los
pies de esta figura, que destaca del conjunto y avalora dicha
portada, están los diferentes atributos de las Artes y Ciencias. Y
completa el cuadro una artística estrella que simboliza el distrito
de Vivero, en la cual se leen, con grandes caracteres, los nombres de
los Ayuntamientos que lo componen”.
O equipo de redactores de Vivero en Cuba estivo formado, inicialmente, por Tomás Ramos Riguera, Amador Fernández, Vicente Otero Cao e Isidro García, exercendo como director José del Valle Moré. O feito de que fosen cualificados por Riguera Montero, no artigo que acabamos de citar, como “notabilísimos periodistas, con puesto de honor en el Parnaso cubano”, suscitou, porén, un acedo comentario desaprobatorio por parte do comentarista “Fray Cauterio” na revista galaico-habaneira Suevia (nº 8, 31.3.1912), moi identificada coa causa agrarista de Basilio Álvarez e na que escribiu profusamente Ramón Cabanillas: “Una de dos: ó el Parnaso ha venido muy a menos sin que yo me enterase, que ya no hay en él quien ocupe los puestos de honor, ó el señor Riguera Montero comete una imperdonable profanación con tantos y tan grandes poetas como en el mundo han sido”.
Vivero
en Cuba, en palabras de Neira Vilas,
“ten as [típicas] características das publicacións das
sociedades” e, ademais de artigos, evocacións e poemas (a inmensa
maioría de todo este material redixido en castelán, iso si),
recolle basicamente, en gráfica expresión do autor de Memorias
dun neno labrego, “reseñas de
actos, banquetes, festas, nacementos, viaxes, obituarios, e inserción
de fotografías de meniños sorridentes, rapazas que celebran os
quince anos de edade, vellos fundadores, amáis de paisaxes da
comarca de Viveiro e das escolas en construcción ou xa instaladas”.
Santos Gayoso, pola súa banda, na súa Historia
de la Prensa Gallega, anota con
acerto que “en su contenido - la revista se declara ajena a toda
tendencia política - predominan artículos de difusión sobre la
labor realizada por la Sociedad (actividades recreativas, benéficas,
instructivas y culturales), trabajos de exposición, desarrollo y
clarificación de su programa e ideario, ensayos de divulgación
pedagógica, biografías y comentarios acerca del mundo de la
emigración”.
Da
consulta directa dalgúns exemplares desta revista dedúcese,
efectivamente, unha máis ben fraca presenza xeral de colaboracións
de índole literaria e unha nómina máis ben parca de escritores e
publicistas alleos á propia masa asociada. A reprodución de versos
de Pastor Díaz ou Rosalía semella colmar as ansias poéticas da
publicación e os artigos en prosa que inclúe (asinados por Riguera
Montero, Roberto Blanco Torres, Manuel Cordido, Constantino Horta….)
ou ben versan sobre cuestións relativas á problemática xeral da
emigración, ou ben inciden nas orientacións da moderna pedagoxía,
ou ben desenvolven achegas á biografía de ilustres galegos e
galegas do pretérito, como Concepción Arenal ou mesmo Colón
(lémbrese que é o momento en que García de la Riega e outros
eruditos colocan a cuestión da presunta galeguidade do persoeiro).
O
groso do contido do boletín lévao a propia vida societaria (actas e
actos), a publicacións dos balanzos económicos, os comentarios de
“vida social” da colonia viveiresa en Cuba (vodas, bautizos,
defuncións, a sección “vive o murió”…), as crónicas sobre
festas e sucesos acontecidos nas parroquias de orixe, as necrolóxicas
de figuras relevantes da vida cultural da Terra de Viveiro (como o
gaiteiro Choumín ou o poeta García Dóriga, de quen se comenta o
volume póstumo ¡Fuego del alma!…)
e a reprodución de numerosas fotografías e abondosa publicidade,
constituíndo por ese motivo, a xuízo de Santos Gayoso, “una de
las mejor presentadas y de más larga duración de las publicaciones
periódicas editadas por las Sociedades Gallegas de Instrucción
radicadas en América”.
Neste
sentido, conta a revista viguesa Vida
Gallega (nº 48, 30.11.1913) que o
propio Taladrid Catá, antes de regresar á Península, percorría
“las calles de la Habana llevando un fajo de papeles debajo del
brazo. Parecía un viajante de comercio. ¿A dónde iba? ¿Qué
artículo trabajaba nuestro héroe? Taladrid, con el Boletín de
‘Vivero y su Comarca’ iba á caza de anuncios. Se proponía el
presidente de la agrupación filantrópica vivariense que el
anunciante pagase los gastos de la publicación. El dinero de la
sociedad hacía falta para otra cosa”.
Constatamos,
por exemplo, que das corenta páxinas de que se compón o terceiro
número da publicación, os anuncios publicitarios ocupan nada máis
e nada menos que a superficie correspondente a vinte delas, incluída
a propia contracapa e o reverso da capa. Os establecementos que se
anuncian na revista son do máis diverso: tendas de roupa,
sombreiros, calzado ou peletaría; ópticas, xoiarías e reloxarías;
tendas de lámpadas, mobles, teléfonos, caixas de caudais, máquinas
de escribir, gramófonos, automóbiles ou materiais de construción
en xeral; casas de importación e exportación de víveres,
conserveiras, pastelarías e chocolatarías; casas navieiras,
aseguradores e entidades financeiras; produtos farmacéuticos;
despachos profesionais de diversa índole (notarios, avogados…);
casas de hóspedes…Non poucos dos negocios propagandeados na
revista pertencían a asociados de “Vivero y su Comarca” e a
propia revista insería chamamentos significativos como este:
“Todos los anunciantes de Vivero
en Cuba
contribuyen, indirectamente, a la gran obra de progreso y de cultura
que ‘Vivero y su Comarca’ realiza; por lo tanto llamamos la
atención, y recomendamos muy eficazmente a todos los lectores de
nuestra Revista, y en particular a los socios de ‘Vivero y su
Comarca’ que deben preferir, siempre, a otros similares, las casas
y los productos anunciados por nosotros”.
Desde
un inicio Vivero en Cuba
simultaneou o reparto gratuíto entre os asociados coa venda ao
público xeral ao prezo de 10 centavos o número solto. O balanzo de
caixa de xullo de 1912, publicado no primeiro número de Pro-Galicia,
permite constatar que a revista de “Vivero y su Comarca”
conseguía financiarse enteiramente coa abundantísima publicidade
que insería nas súas planas, pois tendo que pagar pola impresión
dos números 6 e 7 un total de 81 pesos cubanos, recadou en concepto
de cobro de anuncios 99. Esa relativa suficiencia permitiu mesmo
adoptar decisións como a de distribuír gratuitamente ata un total
de 400 exemplares en todo tipo de centros, sociedades, casinos
círculos, etc. da colonia española e galega emigrada na Illa, a fin
de que “en todas las bibliotecas de lectura se halle la Revista”.
Esta converteseuse así, de facto, en “el periódico más visto y
más leído de cuantos existen en este país” (Vivero
en Cuba, nº 3).
O
boletín Pro-Galicia
No
verán de 1912, logo da constitución dunha Federación Galaica de
sociedades de instrución nucleada por “Vivero y su comarca” (da
que farán parte “Ferrol y su Comarca”, “La Unión Mañonesa”
e “Progreso de Coles”), a revista Vivero
en Cuba desaparecerá
momentaneamente para dar paso a Pro-Galicia,
publicación mensual ilustrada que dispuxo dunha avultada tiraxe de
5.000 exemplares (gratuítos para os socios das entidades federadas;
ao prezo de 3 pesos ouro ao ano para o resto do público) e se
definía diante dos lectores con estas significativas palabras: “Esta
Revista está dedicada á la información de los trabajos que
realizan las Sociedades gallegas de instrucción. Sus tendencias no
son políticas ni religiosas; ocúpase exclusivamente de divulgar los
conocimientos modernos en materia de
enseñanza elemental y agro-pecuaria como medio para obtener una
renovación completa en los procedimientos usados hasta la fecha en
la población rural de Galicia” (nº 2, setembro 1912).
Con
todo, desta luxosa publicación que foi Pro-Galicia
só saíron catro números, dous en 1912 e outros tantos en 1913. O
boletín ofreceu aos seus lectores por entregas un traballo de
Concepción Arenal, intitulado “La instrucción
del pueblo”; a partitura de “Gaiteiriño pasa…”,
balada con letra de Aramburu e música de Chané; e unha
lámina solta, co título de “Galería de Gallegos Ilustres”, que
contiña retratos fotográficos de Curros, Rosalía e a propia
penalista ferrolá.

Nas
planas do boletín que nos ocupa inseríronse, por último, traballos
de literatos como Curros Enríquez (o poema “A Alborada de Veiga”),
Luís Antón de Olmet (que recrea un episodio da navegación da
carabela “La Gallega” comandada por Colón, “el insigne gallego
fementido”) e J. B. (que glosa a traxectoria do músico José
Castro Chané), así como necrolóxicas de Prudencio Canitrot
ou Leiras Pulpeiro.
As
páxinas que Pro-Galicia reserva a “Vivero y su Comarca”
reproducen no esencial os mesmos esquemas e tipo de contidos que
viñeran caracterizando Vivero en Cuba: escasa presenza
literaria (aínda que se ofrecen novas sobre a aparición do poemario
Pavesas de la hoguera, do viveirense Fernando Pérez Barreiro,
futuro director do ferrolán El Correo Gallego), moita
referencia á “vida social” da comunidade viveiresa na Illa,
abundantísima notificación de asuntos relativos ao funcionamento da
propia entidade (acordos, iniciativas, reunións, contas…) e tal
cal artigo sobre cuestións relacionadas co labor pedagóxico (así
“Cumpliendo un deber”, de José Ramudo) ou coas condicións dos
edificios escolares. Sobre este último tema indicado escribe no
terceiro número, por exemplo, José Antonio Pernas Peón, nesa
altura activista de “Vivero y su Comarca” en San Pantaleón de
Cabanas e futuro secretario municipal na vila do Landrove.
A
revista Labor Gallega
Vivero
y su Comarca resucita para saír de
novo entre maio e xullo de 1913, co fin de suplir o fechamento de
Pro-Galicia,
mais volverá desaparecer en favor doutro cabezallo de orientación e
índole semellantes que aparece en decembro dese ano: a revista
ilustrada Labor Gallega,
“Órgano de las Sociedades Gallegas de Instrucción”. O
seu lema foi “Todo y todos, fraternalmente - por honor, por amor,
por deber - en beneficio del mayor explendor [sic] y gloria de
nuestra incomparable Galicia”.
Editada
entre 1913 e 1917, Labor Gallega tivo carácter bilingüe,
periodicidade mensual, estivo dirixida por Xoán Vicente Martínez
Quelle e foi administrada, cando menos na súa derradeira fase, por
Francisco Barral. Contou entre os seus colaboradores literarios máis
destacados a Sofía Casanova e nela publicouse
en separata, segundo informa Neira Vilas no seu A
prensa galega de Cuba (1985), un
folleto intitulado significativamente “Instrucción
técnico-higiénica relativa a la construcción de escuelas”. Tamén
viron lume nas súas planas algúns debuxos do artista
viveirés Fermín González Prieto (Lander),
daquela profesor no Colexio Concepción Arenal da Habana, e versos do
emigrante Antonio Piñeiro Rivera, orixinario de Landrove, entre os
que cabe rescatar este seu soneto ás Sociedades de Instrución que
apareceu no número do 10 de setembro de 1915:
Craro
refrexo do porvir soñado
Dour’as cumes d’os nosos verdes montes:
As mouras sombras qu’as rodearon ontes
Fuxiron ant’o novo sol dourado.
Non foy d’a espada os rayos briladores
O que enxendrou exempro tan sonado
Nin o verbo d’os ruís esprotadores
Do povo nobre, que óyeos resinado.
Foy obra d’os humildes, q’alexados,
Pol’a patrea percuran garimosos
E ô ver da Redención crara rayola
Loitando van con peito levantado,
Con bandeira que ten un nome honrado
Pois con sinos dourados dice: ¡ESCOLA!
O
propio Taladrid Catá escribiríalle a Martínez Quelle na súa
revista (nº 6, agosto de 1914): “Muy bella, muy buena y muy
patriótica su Labor Gallega;
ese es el camino: dando de lado a todo lo que es pequeño,
consagremos nuestros esfuerzos a levantar el espíritu de nuestras
gentes para hacer una nueva generación más práctica y más
desprovista de prejuicios, que al presente le atrofian el
entendimiento retrasando el día de la completa regeneración de
nuestra amada y rica Galicia”.
Non
obstante, o vínculo de Labor Gallega
con “Vivero y su Comarca” debeu de afrouxar notoriamente ao pouco
de saír á rúa esa publicación, dado que a sociedade viveiresa
acabou por resucitar novamente, en febreiro de 1914, a súa revista
primixenia, Vivero en Cuba,
agora baixo a dirección do xornalista lugués Jesús Peynó
(1869-1948), arribado á Illa en 1906 e que ha participar en
numerosas outras empresas periodísticas da colonia galega emigrada
(La Raza, La Región Gallega,
Suevia…).
Vivero
en Cuba editaríase mensualmente
nesta súa terceira época desde febreiro de 1914 ata decembro de
1931, con algunha breve interrupción de por medio e baixo as
direccións sucesivas de Peynó e Francisco Almoina.
Unha
fulgurante expansión
A
sociedade “Vivero y su Comarca” iniciou, a pouco de fundada, un
proceso verdadeiramente fulgurante de implantación e medre, que se
nutriu con emigrados procedentes, no fundamental, dos concellos de
Viveiro, Ourol, Muras, Riobarba, Xove e Cervo.
Cadro 1. Evolución do número de
socios de “Vivero y su Comarca” entre xullo de 1911 e outubro de
1912 (Fonte: revista Vivero
en Cuba)
Xullo 1911 1.050 Novembro 1911 797 Decembro 1911 851 Xaneiro 1912 895 Xullo 1912 947 Setembro 1912 971 Outubro 1912 985
Ben é
certo que esta expansión tivo intensidades moi distintas nos
contixentes humanos que correspondían aos diferentes municipios
comprendidos no Partido Xudicial viveirés. Así, mentres Ourol,
Muras e Viveiro presentan taxas de afiliación moi nutridas (en
xaneiro de 1912, 324, 126 e 259 socios, respectivamente), Riobarba
achega unha porcentaxe máis modesta (80 asociados, na data indicada)
e Xove e Cervo fican moi descolgados… Tanto, que a directiva da
sociedade, na súa decimocuarta xuntanza, celebrada o 29 de febreiro
de 1912, acordou “dirigir una carta á las Sociedades hermanas de
la Argentina para que faciliten ayuda á fin de que puedan edificarse
las escuelas de Sumoas y Juances en Jove y San Ciprián y Burela en
Cervo, habida cuenta de que esta Sociedad únicamente cuenta con 18
asociados de Jove y Cervo” (Pro-Galicia, nº 1).
En paralelo á configuración dunha masa de socios considerábel, verificouse unha célere capitalización de “Vivero y su Comarca”, conseguida sobre todo a base de combinar catro métodos. O primeiro, mediante xenerosos donativos dos socios máis acaudalados, polo xeral comerciantes (bodegueros) e prósperos empresarios na Habana. Así, para o financiamento da escola de Magazos, por exemplo, o inicio da suscrición correspondente foi asumido por Taladrid Catá ($1.000), Ramón López Vázquez ($300), Antonio Pernas Corral ($100), Bernardo González Otero ($40), Manuel Galdo ($5) e Manuel L. Rodríguez ($5).
O segundo método consistiu na emisión de bonos por parroquia, para ser cuberta polos veciños da mesma que permanecían no solar nativo ou polos emigrantes en Cuba orixinarios dela. Esa emisión era garantida como empréstito sen interese á sociedade e amortizaríase “á la completa terminación” do proxecto no núcleo en cuestión (enténdase, cando estivese totalmente construído e dotado o edificio escolar correspondente).
En paralelo á configuración dunha masa de socios considerábel, verificouse unha célere capitalización de “Vivero y su Comarca”, conseguida sobre todo a base de combinar catro métodos. O primeiro, mediante xenerosos donativos dos socios máis acaudalados, polo xeral comerciantes (bodegueros) e prósperos empresarios na Habana. Así, para o financiamento da escola de Magazos, por exemplo, o inicio da suscrición correspondente foi asumido por Taladrid Catá ($1.000), Ramón López Vázquez ($300), Antonio Pernas Corral ($100), Bernardo González Otero ($40), Manuel Galdo ($5) e Manuel L. Rodríguez ($5).
O segundo método consistiu na emisión de bonos por parroquia, para ser cuberta polos veciños da mesma que permanecían no solar nativo ou polos emigrantes en Cuba orixinarios dela. Esa emisión era garantida como empréstito sen interese á sociedade e amortizaríase “á la completa terminación” do proxecto no núcleo en cuestión (enténdase, cando estivese totalmente construído e dotado o edificio escolar correspondente).
En terceiro termo, os comités parroquiais de “Vivero y su Comarca” realizaron periodicamente no seu ámbito de actuación colectas, tanto monetarias como en especie. Para a escola de Cabanas, uns cincuenta veciños da parroquia achegáronlle ao comité, nunha primeira recadación, a cantidade de 281 pesetas e 50 céntimos. Algúns socios regalaron o importe de determinada cantidade de madeira dos seus montes (piñeiro e castiñeiro, sobre todo) ou pedra das súas canteiras, como foi o caso de Luís Franco para a escola de San Pantaleón, mentres que outros, como Ramón Pernas (pai de Pernas Peón) e os irmáns Manuel e Balbino Penabad, da mesma parroquia, deixaron o xornal que lles tería correspondido cobrar por determinados traballos na construción das escolas. Os carpinteiros Manuel González Suso, Francisco Murado González, José Vázquez e Francisco Fraga Fernández, todos eles da parroquia de Santa María de Cabanas, ofreceron á sociedade varios días de traballo gratuíto, mentres que outros veciños e veciñas (Rafael Fernández Trigo, Antonia Franco Díaz, María Sanjurjo, Rosa Pardo González…) puxeron a disposición carros para o carrexo dos materiais (así Balbina Sanjurjo) ou regalaron días de labor como man de obra. Na mesma perspectiva cabe anotar a participación e desempeño non remunerado de cargos no seo dalgúns comités parroquiais de “Vivero y su Comarca” dalgúns mestres nacionais, como é o caso de Manuel Cobas Núñez, na mesma Santa María de Cabanas, onde exercerá como secretario interino.
Por
último, o cuarto método de financiamento descansou no cobro da cota
ordinaria dos asociados, que era de 40 centavos de peso cubano ao
mes. Con todo, a comezos de 1912 a revista Vivero en Cuba
inseriu nas súas planas un cupón de votación para que os asociados
puidesen pronunciarse en plebiscito sobre a conveniencia ou non de
elevar a cuota ata os 50 centavos, resultando gañadora a opción
favorábel á suba.
O
certo é que apenas ano e medio despois da súa fundación, cuns
métodos e outros, o capital da sociedade “Vivero y su Comarca”
ascendía á nada desprezábel cifra de once mil pesos cubanos…
Deuse asemade, por outra banda, unha moi acertada e efectiva planificación propagandística, levada a cabo por unha sección ad hoc que se constituíu no verán de 1911 e da que foron responsábeis, entre outros, Paulino Vázquez, Julián Cabrera e Vicente Otero Cao. En numerosos medios periodísticos da Cuba de entón proliferaron os artigos con ou sen sinatura que glosaban, loaban ou explicaban os propósitos e os progresos da nosa sociedade. Ao mesmo tempo, publicacións da área orixinaria dos asociados, como o propio Heraldo de Vivero, La Voz de Vivero ou mesmo os diarios El Progreso de Lugo e La Voz de Galicia da Coruña facíanse puntual eco de todas e cada unha das decisións e iniciativas de “Vivero y su Comarca”, excitando en moitos lectores ánimos de colaborar con tal empresa. A respecto do Heraldo de Vivero, precisamente, insería a revista Pro-Galicia no seu primeiro número este elocuente solto:
Deuse asemade, por outra banda, unha moi acertada e efectiva planificación propagandística, levada a cabo por unha sección ad hoc que se constituíu no verán de 1911 e da que foron responsábeis, entre outros, Paulino Vázquez, Julián Cabrera e Vicente Otero Cao. En numerosos medios periodísticos da Cuba de entón proliferaron os artigos con ou sen sinatura que glosaban, loaban ou explicaban os propósitos e os progresos da nosa sociedade. Ao mesmo tempo, publicacións da área orixinaria dos asociados, como o propio Heraldo de Vivero, La Voz de Vivero ou mesmo os diarios El Progreso de Lugo e La Voz de Galicia da Coruña facíanse puntual eco de todas e cada unha das decisións e iniciativas de “Vivero y su Comarca”, excitando en moitos lectores ánimos de colaborar con tal empresa. A respecto do Heraldo de Vivero, precisamente, insería a revista Pro-Galicia no seu primeiro número este elocuente solto:
“Más del Heraldo.- De
manera admirable nos secunda, siguiendo nuestras pulsaciones, este
popular y altruista periódico; en casi todos sus números da á
conocer los detalles más importantes de la sociedad Vivero y su
Comarca; en el nº 14 comenta los méritos de nuestro delegado en
Rodas, Sr. Amando Fernández, y en el 21, con una demostración de
simpatía, reseña los nombres de la Junta Directiva que mereció el
honor de nuestros consocios, para regir los destinos sociales en el
corriente año.
Gracias colega, gracias muchas”.
Gracias colega, gracias muchas”.
De
feito, os tres posteriores números editados do boletín da
“Federación Galega” válense do Heraldo de Vivero como
fonte para a inserción de novas relativas á nosa bisbarra, entre as
que cabe mencionar, a título anecdótico, a primeira predicación do
diácono Francisco Fraga Fernández, que tivo lugar na igrexa das
Concepcionistas; o debate sobre os planos do futuro peirao viveirés,
proxectado polo enxeñeiro Leopoldo Soler; os actos de homenaxe e
recepción a Soto Reguera en Ourol, dos que levanta crónica o
redactor do Heraldo Francisco García; etc.
Complementando este eficaz arroupamento mediático, funcionou un efectivo boca a boca divulgativo entre os membros da copiosa colonia viveiresa emigrada, como pon de manifesto a masiva asistencia desta aos reiterados encontros lúdico-festivos dominicais que a entidade organizou, co nome de xiras e matinés, unhas veces nos xardíns de La Tropical (en Marianao), outras nos de La Polar (en Guanabacoa) e outras máis aínda no denominado Parque Palatino da propia Habana. Nesas festividades procurábase reproducir, en palabras da xornalista Mercedes Vieito Bouza, “todo el mayor carácter gallego posible, toda la analogía con las romerías que allá en el rincón natal se celebran á la sombra de los añosos robles y los copudos castaños, entre falas agarimosas y pasos de muiñeiras” (Galicia, 11.11.1911). En paralelo, celebráronse xuntanzas informativas, normalmente nos domingos á saída da misa, en moitas das parroquias de referencia da Terra de Viveiro, conseguindo así masa social “Vivero y su Comarca” a ambos lados do océano.
Complementando este eficaz arroupamento mediático, funcionou un efectivo boca a boca divulgativo entre os membros da copiosa colonia viveiresa emigrada, como pon de manifesto a masiva asistencia desta aos reiterados encontros lúdico-festivos dominicais que a entidade organizou, co nome de xiras e matinés, unhas veces nos xardíns de La Tropical (en Marianao), outras nos de La Polar (en Guanabacoa) e outras máis aínda no denominado Parque Palatino da propia Habana. Nesas festividades procurábase reproducir, en palabras da xornalista Mercedes Vieito Bouza, “todo el mayor carácter gallego posible, toda la analogía con las romerías que allá en el rincón natal se celebran á la sombra de los añosos robles y los copudos castaños, entre falas agarimosas y pasos de muiñeiras” (Galicia, 11.11.1911). En paralelo, celebráronse xuntanzas informativas, normalmente nos domingos á saída da misa, en moitas das parroquias de referencia da Terra de Viveiro, conseguindo así masa social “Vivero y su Comarca” a ambos lados do océano.

Mais,
sobre todo, grazas a todas estas sinerxias concorrentes, a entidade
puido emprender numerosos proxectos de construción, dotación e
acondicionamento de edificios escolares na Terra de Viveiro,
obxectivo e razón última da súa existencia.
Na
primavera de 1912, “Vivero y su Comarca” dotou orzamentariamente
a construción das seis primeiras escolas, escollidas previamente
mediante sorteo celebrado o 9 de abril do ano anterior (Sumoas, en
Xove; Bravos, en Ourol; Irixoa, en Muras; Valcarría, en Viveiro;
Riobarba, na cabeceira do concello homónimo, actual O Vicedo, e, por
último, San Cibrao, en Cervo) e procedeu a sortear as seis seguintes
a levantar (Boimente, en Viveiro; San Pantaleón, en Ourol; Xuances,
en Xove; Negradas, en Riobarba; Burela, en Cervo; e, por último, O
Burgo, en Muras). Aproximadamente un ano despois, o 5 de marzo de
1913, o diario La Voz de Galicia
daba conta nestes termos do comezo da primeira obra promovida pola
nosa entidade:
“Se ha celebrado con toda pompa
en San Pantaleón de Cabanas, según nos comunican de Vivero, el acto
de colocación de la primera piedra del grupo escolar que en aquella
parroquia costea la filantrópica Sociedad Vivero y Su Comarca (…)
La dolencia que aqueja al infatigable señor Taladrid le impidió,
muy á su pesar, concurrir al acto, pero le representó D. Balbino
Franco, presidente de honor del comité delegado en San Pantaleón [o
presidente efectivo era Inocencio Franco e o secretario José A.
Pernas Peón]. Actuaron de padrinos en el acto el alcalde de Orol, D.
Tomás Rodríguez y la distinguida señora doña Rosalía Santeiro,
de Franco. Asistió también el delegado general de Vivero y Su
Comarca, D. Eugenio Quintana (…) Plácemes merece el comité
representativo de San Pantaleón, que tan diligentemente organizó
todo para que fuese el suyo el primer edificio que se construyese”.
Claro
que, segundo lemos na revista galaico-habaneira La
Patria Gallega (nº 58, 12.4.1913),
algún amigo do alleo aproveitou a solemnidade a que acabamos de
referirnos para aumentar indignamente o seu pecunio:
“El lunes 16 del pasado, al
dirigirse los canteros á las obras del grupo escolar que la sociedad
Vivero y su comarca está construyendo en San Pantaleón de Cabanas
notaron éstos que habían removido la primera piedra y se habían
llevado las monedas allí depositadas. El pueblo encuéntrase
indignado por tal suceso”.
Incidencias
á parte, apenas medio ano despois de emprendida a xeira da nosa
entidade, o propagandista e directivo Otero Cao escribía na revista
Galicia
(29.7.1911), sen poder ocultar a satisfacción e atribuíndolle o
mérito todo aos directivos Taladrid Catá e Ramos Riguera: “Es
innegable que esta sociedad es la que va á la vanguardia de todas
las de su índole. Son veintiocho las existentes en la actualidad y
ninguna ha alcanzado mayores éxitos en tan corto lapso de tiempo.
Todos sabeis que aún no lleva ocho meses de fundada, y muy en breve
procederá a construír seis planteles para la enseñanza, en
distintas parroquias de su término judicial”.
Primeiras
discrepancias
Se ben
é certo que o corpo de socios conseguido inicialmente por “Vivero
y su Comarca”, tanto en Cuba como nas bisbarras galegas
orixinarias, nunca fora alcanzado “en tan corto tiempo de
existencia por ninguna otra de igual índole”, como se encargaba de
ponderar Tomás Ramos Riguera nun artigo en La Voz de Vivero
(2.8.1911), tamén é indiscutíbel que moi axiña unha parte non
pequena desa masa social perdeu o entusiasmo primixenio e arrefriou a
inicial efervescencia, facendo bo o dito, tantas veces aplicado
infelizmente ás empresas colectivas, de arranque de cabalo e
parada de burro.
O
citado directivo admitía con amargura no semanario viveirés que
existía, por unha banda, “una parte aún muy numerosa de nuestra
colonia que no pertenece á esta sociedad” e, por outra, que había
unha franxa “aunque pequeña, de asociados que, cansados de
contribuír dos ó tres meses con la cuota tan insignificante de 40
centavos al mes, se daban de baja”. Esa actitude, loxicamente,
merecía a total reprobación de Tomás Riguera: “Nadie se explica
tan poca constancia, tan poco amor, y tanto olvido de los deberes que
incumben á todo buen patriota, á todo buen hijo de aquella hermosa
tierra en que nació”.
Tamén
Vicente Otero Cao deixa entrever, coidamos, que ían sendo cada vez
máis frecuentes as baixas por desinterese no seo da entidade
cando en decembro de 1911, na revista galaico-habaneira Galicia,
escribe parágrafos como estes:
“Por eso cuando alguna vez el cobrador nos trae la
desagradable noticia de que tal ó cual socio desea darse de baja en
nuestra querida sociedad, nos conmueve el corazón. Yo suplico y hago
un ruego á nuestros queridos comarcanos que sigan en nuestras filas
y que no desmayen un momento (…) En cada escuela se colocará un
cuadro con el nombre de todos los socios que ayudaron con su
suscripción á realizarla, y díganme ustedes, ¿no sentirán su
familia y ustedes pena, no tendrán ustedes un remordimiento de
conciencia, al ver que su nombre no figure en él?”.
Non
deixa de resultar chamativo que a propia Xunta Directiva se vise
axiña sumida tamén nunha dinámica de marcada falta de
participación dalgúns dos seus integrantes, dando pé a que a
revista Vivero en Cuba, no número correspondente a febreiro
de 1912, insira o seguinte solto. “Ruégase á algunos señores
Vocales de la Directiva, que repetidas veces no asisten á las
sesiones, no olviden que cada uno representa intereses de su
parroquia y por la que debe velar [sic]”.
A
maiores das baixas por indolencia de certo número de socios da
primeira hora, aconteceu que algunhas das orientacións tomadas pola
sociedade “Vivero y su comarca” e o particular estilo directivo,
se cadra unha miga presidencialista de máis, dalgúns dos seus
principais cadros comezaron a xerar os primeiros descontentos
intestinos e as primeiras discrepancias públicas. Será a raíz da
constitución da Federación Galaica cando xurdan no seo da propia
sociedade de instrución viveiresa as primeiras voces abertamente
críticas co labor da directiva que presidía Taladrid Catá.
Efectivamente,
no número 22 da revista galaico-cubana Suevia
(14.7.1912), que dirixía Ricardo
Carballal Lafourcade (futuro redactor do boletín irmandiño A
Nosa Terra), o vocal de “Vivero y
su Comarca” Benito A. de Lage, representante da parroquia de Cervo
na súa directiva, protesta contra a decisión de que a sociedade
ingrese nesa Federación de novo cuño.
Segundo
indica Lage, tal decisión resultaba ilegal, por canto fora tomada
pola presidencia sen a consulta regulamentar aos asociados,
“considerándonos de esa manera cuerdas de guitarra que hace sonar
á su antojo ó entes inconscientes”; resultaba contraria ao
estatuído, por canto abría a posibilidade de que os fondos
recadados para erguer escolas puidesen ser desviados cara a
investimentos doutra índole (promoción de centros recreativos, por
exemplo); e, finalmente, era tamén inoportuna, pois xa existía na
colonia galega un Comité Federativo das sociedades de instrución.
Ese Comité aludido estaba
formado polas sociedades de instrución “Centro de Benquerencia”,
“La Unión Rinlega”, “La Unión Barcalesa”, “La Unión de
Rubín”, “Liga Santaballesa”, “Hijos de San Miguel de
Reinante”, “Alianza de Villamarín”, “El Valle de Oro”, “La
Devesana”, “La Moderna de Barcala”, “Aurora de Somozas”,
“San Adrián de Veiga”, “Progreso de Coles” (que a abandona
para integrarse na Federación) e "Círculo Habanero", se
ben cómpre non perder de vista que o seu propio secretario, José F.
Fernández, queixábase nas páxinas da mesma revista Suevia
(nº 6, 17.3.1912) de que “está cruzando actualmente por un
período de desorganización lamentable que amenaza acabar con su
existencia”.
![]() |
Escola de Cervo |
Nesa misiva cualificaban a sociedade viveiresa como “nueva covacha de caciques, que no por ser refinados los unos y poderosos los otros, dejan de ser más tiranos, más déspotas y menos caballerosos que los caciques de allende”; aludían ao presidente Taladrid Catá como “simplote caciquillo” e acusábano de ter solicitado da directiva da entidade, embora sen éxito, autorización para expulsar sen formación de expediente “á todo aquel que censurase ó no estuviese conforme con los acuerdos”.
A
todas estas críticas e acusacións respostará Ramos Riguera, en
nome da directiva de “Vivero y su Comarca”, nas páxinas do
primeiro número do boletín Pro-Galicia,
cualificándoas de “falsas especies”, “versiones infundadas”
e “imputaciones calumniosas”, que só tiñan por obxecto
desmoralizar a masa social da entidade. Dado que non podía obviar o
feito de que as acusacións partían dun antigo integrante da
directiva fundadora, Benito Lage, o representante oficialista de
“Vivero y su Comarca” tentou descualificalo ad
personam con parágrafos como este:
“Mucho lamentamos ver á cierto
asociado mezclado en esa contienda, ofuscado ó llevado de su
espíritu pasional; y doblemente nos extraña, por cuanto en los
albores de la sociedad “Vivero y su Comarca”, permaneció alejado
completamente de aquel vía crucis que hubo que recorrer”.
Na
mesma orde de cousas, no segundo número de Pro-Galicia
(setembro de 1912) insírese a carta que o redactor do semanario
Patria Gallega
Enrique Barros dirixiu a Tomás Ramos Riguera presentándolle excusas
por determinadas aseveracións sobre “Vivero y su Comarca” que
estampara nun solto intitulado “Colmos federativos”, aseveracións
que lamentamos non poder ofrecer: “(…) con gusto doy á usted
todo género de explicaciones retirando y dando por no dichas las
frases ni emitidos los juicios con que en dicho suelto se alude á la
sociedad ‘Vivero y su Comarca’ y á usted”.
Unha
xira propagandística de Taladrid Catá
A
despeito das críticas que se vertían contra a xestión da directiva
que encabezaba, o flamante presidente de “Vivero y su Comarca”
adquiriu en 1912, en Guanabacoa, a finca La Corona (que pasou a
chamarse desde entón Villa Galicia), co fin de que puidesen
realizarse nela as xiras e festivais das sociedades que
compoñían a recén creada Federación Galaica.
Taladrid
Catá tiña xa en mente nesa altura realizar a viaxe de regreso á
Península, logo de trinta e catro anos de residencia en terras
caribeñas, para “reponer su quebrantada salud con las ráfagas
galicianas que tendrán para él blanduras acariciadoras”
(Pro-Galicia, nº 1) e, asemade, para impulsar sobre o terreo
a obra da entidade asociativa que viña de promover e fundar.
Nas
vésperas do seu regreso, o noso indiano é obxecto de
diversos homenaxes antes de embarcar o día 20 de agosto de 1912 no
vapor “Alfonso XIII”, da Compañía Transatlántica Española. No
transcurso dun banquete de despedida celebrado o día 18, por
exemplo, é agasallado polos socios de "Vivero y su comarca"
cun diploma en pergamiño pintado por Mariano Miguel. Segundo explica
nesa altura o Diario de la Marina, Taladrid
Catá “lleva para la Madre Patria una misión por demás
nobilísima, cual es la de desarrollar sobre el terreno y bajo su
competente dirección, el plan de escuelas que allá en la tierra
cantada por el gran vivariense Nicomedes Pastor Díaz, han de
establecer los hijos amantísimos de aquella poética comarca”.
Pola súa vez, o Diario Español
pondera na altura que Taladrid “deja la Sociedad ‘Vivero y su
Comarca’, á los diez y ocho meses de fundada, boyante: con un
capital de 11.000 pesos y con 1.000 socios activos, fruto todo de su
perseverancia, entusiasmo y personalísimo empeño”.
Unha
vez chegado a Viveiro o 2 de setembro, Taladrid foi cumprimentado no
seu domicilio por distintos representantes e persoeiros da sociedade
viveiresa. Entre eles cómpre salientar a figura do líder liberal na
vila e fundador do Heraldo de Vivero Benigno López. Tras esta
recepción, o presidente de honra e delegado de “Vivero y su
Comarca” emprendeu un breve periplo de visitas a diversas
parroquias do Partido Xudicial: o día 9 de setembro achegouse ata
Merille; o 11 do mesmo mes partiu para San Pantaleón; o 13 fixo
xestións en Riobarba; o 14, en Ourol, aonde regresou novamente o 19;
o 22 visitou Bravos… En cada parroquia Taladrid Catá, que se fixo
acompañar polo entón xoven agrimensor José Antonio Pernas Peón,
xantou coas autoridades locais, celebrou reunións cos
correspondentes Comités locais da sociedade, inspeccionou en persoa
os lugares elixidos para emprazamento das futuras escolas que se ían
edificar, arengou á veciñanza con discursos explicativos sobre a
necesidade de instrución e sobre os fins concretos de “Vivero y su
Comarca”, iniciou algunhas colectas, reclutou novos apoios, etc.
Non
todo foi, porén, chegar e encher. En Bravos tivo que
convencer os veciños, reunidos ad hoc despois da misa, da
idoneidade do sitio elixido para erguer a nova escola. En Cabanas non
atopou, de entrada, un lugar axeitado. O mesmo lle aconteceu en
Xerdiz, pois dous terreos dispoñíbeis por doazón, un diante da
igrexa e outro perto do río, implicaban un desmonte que, en palabras
do cronista de Pro-Galicia (nº 3) “costaría demasiado: más
de lo que valdrían buenos terrenos en sitio adecuado”. Perante
este contratempo Taladrid convocou a veciñanza e tentou convencela
de que “los templos de la enseñanza no podían estar en el monte”
e de que, xa que logo, urxían terreos alternativos, ben por nova
doazón, ben mediante venda, ben por permuta cos inicialmente
ofrecidos. Caso contrario, “Vivero y su Comarca” tería que
abandonar a súa idea de construír unha escola na parroquia. O que
aconteceu entón relátao o citado boletín Pro-Galicia da
seguinte maneira:
“El enérgico pero dolido discurso del Sr. Taladrid,
produjo su natural efecto. Un buen gallego llamado Juan Ramón
Vizoso, cuñado del señor José Chao, después de ir en busca de su
señora esposa, accedió á la permuta con la señora Bahamonde. El
terreno permutado está en Cancela de Souto Chao, á 200 metros de la
casa de la señora María Bahamonde. El lugar es bueno, alegre, llano
y frente al camino principal (…) La Sociedad acordó demostrar su
satisfacción, nombrando socio de mérito al señor Vizoso, que tal
prueba de amor dio por nuestra obra”.
Rematada
esta primeira xira por diversos concellos e parroquias da área de
actuación de “Vivero y su Comarca”, Taladrid emprendeu unha
segunda fase do seu labor, desprazándose o 24 de setembro de 1912 a
Madrid na compaña do deputado Soto Reguera. Ademais de facer
diversas xestións no Ministerio de Instrucción Pública, o indiano
levou a cabo entón diversas entrevistas e contactos de cara á
constitución na capital hispana dunha delegación societaria, que
naceu finalmente o 19 de novembro, en reunión que tivo lugar nos
salóns do Centro Galego previa convocatoria a todos os viveireses
“de quienes se conocían sus domicilios” asinada por Soto Reguera
(nomeado posteriormente Presidente de Honra), José García Díaz e
Bartolomé Rodríguez. Tralos correspondentes discursos, procedeuse
na citada xuntanza a configurar a directiva da delegación, con José
García Díaz na presidencia, José Rodríguez Albo na secretaría e
Ramón González López, Francisco Díaz, Ramón Ferrnández Santos e
José Cora y Lira nas vocalías.
No
contexto desta segunda fase de contactos que realiza Taladrid Catá
explícase tamén a constitución, coa súa presenza, dunha
Delegación de “Vivero y su Comarca” na Coruña, despois de
celebrada a tal fin no Teatro-Circo “Pardo Bazán”, o mércores 6
de novembro de 1912, unha asemblea de viveireses residentes na
cidade.
A
presidencia de honra da nova Delegación recaeu nas persoas de José
Mª Riguera Montero e do ancián Marqués de Louredo (Fernández
Alsina, principal promotor da Electra Industrial Coruñesa), mais a
presidencia efectiva foi outorgada, por unanimidade, ao entón
xornalista de La Voz de Galicia Antón Villar Ponte, quen
estaría acompañado na directiva por Manuel Quintana
(vicepresidente), José Pernas Rodríguez (tesoureiro), Jesús Galdo
Parapar (secretario) e Luís Osorio Tejada, Manuel Ínsua, Ramón Paz
Penabad, Nicolás González, Manuel Cabaleiro e Manuel García Pernas
(vocais).
No transcurso desta asemblea constituínte da delegación coruñesa de “Vivero y su Comarca”, informa La Voz de Galicia (7.11.1912), “El sr. Villar Ponte, recogiendo una iniciativa del sr. Osorio (D. Luís), que acogieron todos los asistentes con visible satisfacción, propuso que, en vista de que en la capital del distrito de Vivero vienen publicándose unos sucios libelos indignos de un pueblo culto, que atropellan y violan lo que la civilidad ha hecho más respetable - lo íntimo del hogar -, se acuerde exteriorizar por medio de una hoja impresa que firmarán los coruñeses, sin distinciones, la protesta más enérgica y la condenación más rotunda contra tan mezquinos y despreciables procedimientos de publicidad”.
Son estes os ecos na reunión constitutiva da delegación herculina de “Vivero y su Comarca” da feroz rivalidade política que se instalara nesa altura a nivel local entre liberais e conservadores. A ese enfrontamento desbocado había de referirse o propio Villar Ponte, evocándoo no Álbum de Vivero (1934), con estas palabras: “El de las luchas políticas de dos bandos sin ideas, episodios de picaresca rural - Capuletos y Montescos en búsqueda de pastor - que celebraban el triunfo incivilista con música, cohetes y cambio de guardias municipales…”
No transcurso desta asemblea constituínte da delegación coruñesa de “Vivero y su Comarca”, informa La Voz de Galicia (7.11.1912), “El sr. Villar Ponte, recogiendo una iniciativa del sr. Osorio (D. Luís), que acogieron todos los asistentes con visible satisfacción, propuso que, en vista de que en la capital del distrito de Vivero vienen publicándose unos sucios libelos indignos de un pueblo culto, que atropellan y violan lo que la civilidad ha hecho más respetable - lo íntimo del hogar -, se acuerde exteriorizar por medio de una hoja impresa que firmarán los coruñeses, sin distinciones, la protesta más enérgica y la condenación más rotunda contra tan mezquinos y despreciables procedimientos de publicidad”.
Son estes os ecos na reunión constitutiva da delegación herculina de “Vivero y su Comarca” da feroz rivalidade política que se instalara nesa altura a nivel local entre liberais e conservadores. A ese enfrontamento desbocado había de referirse o propio Villar Ponte, evocándoo no Álbum de Vivero (1934), con estas palabras: “El de las luchas políticas de dos bandos sin ideas, episodios de picaresca rural - Capuletos y Montescos en búsqueda de pastor - que celebraban el triunfo incivilista con música, cohetes y cambio de guardias municipales…”
Orientacións
pedagóxicas e educativas
A
masa galega emigrada nos países de América ao longo de todo o
século XIX e primeiro terzo do XX experimentou en carne propia as
desvantaxes da falta de formación. Relegada, en termos xerais, aos
traballos máis duros, malpagos e sen cualificación, vítima de mil
e un enganos por non saber ler nin escribir, falta de coñecementos e
habilidades cívicas xa comúns e asumidas naquelas prósperas
repúblicas, obxecto de menosprezo e burla en non poucos sectores e
ambientes por tal motivo, non admira que do seu seo xermolasen ao
raiar da nova centuria entidades como “Vivero y su Comarca”,
dispostas a atallar o que consideraban en boa medida raíz última de
todos eses males. Sinalaba Riguera Montero en 1912, neste sentido,
nas páxinas de Vivero en Cuba
(nº 6/7), que urxía “difundir la instrucción y aumentar el
trabajo en la Península, tanto para disminuír la emigración, si es
posible, como para colocarla en condiciones mejores”.
O
abandono ou indolencia do Estado, das Deputacións provinciais e dos
propios Concellos en materia educativa deixou en mans destas
“sociedades de instrución” articuladas nos núcleos da
emigración a tarefa de construír e dotar escolas nas parroquias de
que procedían os seus asociados. Tratábase de suplir unha carencia
xeral que se plasmaba en realidades pouco menos que vergoñentas:
enormes taxas de analfabetismo no medio rural, escaseza de mestres,
falta de locais e materiais escolares, etc. O labor das “sociedades
de instrución” visará, por iso, tres grandes campos de actuación.
En primeiro lugar, pregoar o valor da educación como ferramenta e
requisito para a promoción e o benestar, tanto persoal como
económico e profesional, estendendo o disfrute deste dereito, cando
menos no que chamamos hoxe Educación Primaria, a toda a poboación.
En segundo, modificar a situación tocante aos espazos escolares
dispoñíbeis, construíndo moitos novos, arranxando algúns
existentes e dotándoos a todos de materiais imprescindíbeis para o
éxito pedagóxico. E, en terceiro lugar, presionar ao Estado para
que dotase de suficientes e ben capacitados recursos humanos (léase
mestres e mestras titulados) todas esas novas aulas e edificacións
escolares.
Loxicamente,
cada “sociedade de instrución” fundada polos emigrantes galegos
adoptou os principios e orientacións pedagóxicas que estimou máis
oportunas. Hóuboas que abrazaron, no fundamental, as ideas
krausistas ou “institucionistas” sobre educación (Giner de los
Ríos, Ignacio Ares de Parga…), procurando un ensino cordial e
estimulador, que fomentase a curiosidade e auto-responsabilidade do
alumno na propia formación, prescindise de exames e castigos,
favorecese o contacto coa realidade, combinase educación física e
intelectual e respectase o principio de neutralidade en materia
ideolóxica e relixiosa. Outras, en cambio, estiveron máis achegadas
aos xeitos disciplinarios, memorísticos, competitivos e rotineiros
do ensino tradicional, abertamente confesional ademais.
![]() |
Escola de Landrove (Viveiro) |
A
pretendida “neutralidade” política da entidade non ocultará nin
o seu total escoramento e dependencia a respecto da facción liberal
dinástica sotorreguerista no distrito viveirés, nin a súa
escasísima vinculación co galeguismo organizado, nin a antipatía
manifesta dalgúns dos seus dirixentes cara aos credos nesa época
tidos por máis “avanzados” (por empregarmos a propia
terminoloxía usual entón): republicanismo, anarquismo, socialismo….
Nese sentido, téñanse presentes as liñas
con que Tomás Ramos Riguera retrata encomiasticamente a
personalidade do seu colega de directiva Vicente Otero Cao (Vivero
en Cuba, nº 3, xaneiro de 1912):
“Otero Cao no profesa idea
política alguna, ha comprendido que nuestros males parten del
tronco, no de las ramas (…) y por eso se burla irónicamente de los
que creen que la regeneración de nuestra Galicia se logra pidiendo
cómodamente, con dicterios depresivos (fáciles de pronunciar
también) la supresión de curas, de iglesias, Alcaldes, etc., etc.
No, Otero pretende llevar al ánimo de esos charlatanes (…) que la
regeneración de Galicia depende de dos importantes cuestiones
únicas: descentralización administrativa rompiendo el control
usurpador de Madrid; obligación de los padres de enviar sus hijos á
la escuela hasta pasada la edad de catorce años con prohibición de
ser explotados en las faenas del trabajo”.
Algúns
lemas que figuraron na mancheta da revista Vivero en Cuba
falan por si sós da orientación tamén rexeneracionista adoptada
por “Vivero y su Comarca”, en difícil conciliación co seu
moderantismo básico: "Cada escuela que se abre, es una cárcel
que se cierra. Instruirse es una obligación. El salvador fue
maestro. La instrucción es de necesidad pública" (Concepción
Arenal); "El primer deber de un ciudadano es instruirse. El
segundo es trabajar. Quien funda una escuela civiliza. Quien educa
hombres hace patria" (J. N. Aramburu).
Debe
citarse igualmente como mostra da asumpción dalgunhas orientacións
da pedagoxía innovadora por parte da nosa Sociedade a importancia
dada á relación do alumnado co entorno. O terceiro número
de Vivero en Cuba
(xaneiro 1912), por exemplo, inclúe o artigo “Los deberes del
maestro y las excursiones escolares”, sen asinar, en que se cita a
autoridade do pedagogo Antonio Puig para proclamar: “La vieja
pedagogía, imperante aún en nuestro tiempo, abre un abismo entre la
escuela y la sociedad. Por eso hay que romper la verja que limita el
jardín ó las paredes que cierran el edificio de la escuela”.
Podemos
traer a colación, así mesmo, un artigo intitulado
“Es un sagrado deber”, que asina J. R. B. no cuarto número
de Vivero en Cuba e que compendia, dalgún xeito, o conxunto
de expectativas formativas que os membros da nosa entidade
depositaban nesa institución escolar que con tanta ilusión estaban
a impulsar e favorecer. Na escola, sinálase, “adquiere el niño
sus primeros conocimientos morales é intelectuales, á la vez el
cariño y respeto que debe guardar á sus padres, el amor á su
patria, el modo de conducirse con sus semejantes, la honradez y
constancia que todo ser humano ha de observar en sus actos como
patrimonio de buen ciudadano”.
O
xornalista e presidente da delegación coruñesa de “Vivero y su
Comarca” en 1912, Antón Villar Ponte, que tan destacado papel
xogou na historia cultural e política da Galiza do primeiro terzo do
século XX, aproveitou as planas do diario
para o que entón traballaba, La Voz
de Galicia, para expoñer e
reivindicar con claridade as grandes
liñas que debían inspirar, ao seu ver, o labor emprendido polas
sociedades de instrucción, en xeral, e pola entidade viveiresa, en
particular.
Efectivamente,
no artigo “Patriotismo en acción.
Admirable labor de los gallegos de Cuba” (5.6.1911), Antón loará
o esforzo que as sociedades de instrución comezaban a despregar nesa
altura para a creación de escolas nas comarcas de orixe. Así e
todo, dado que “por la escuela se transforma el mundo, más que por
leyes y revoluciones”, estimará moi conveniente facer algunhas
reflexións sobre as orientacións e finalidades últimas de todo ese
novo tecido escolar. Se o obxectivo final era rexenerar o país,
desterrar o analfabetismo e formar cidadáns conscientes,
o labor pedagóxico esixiría unhas
bases en certo sentido opostas ás que viñan caracterizando o
sistema escola realmente existente:
“Una escuela es poco, si no es otra cosa que una escuela más. Una escuela donde sólo se enseñe á leer, escribir y contar, como en la mayoría de las del Estado; una escuela donde sólo se dé instrucción libresca, conforme al método clásico, bien escasos frutos habrá de cosechar ciertamente (...) Vosotros debeis oponer á la escuela rutinaria, mecánica y materialista del Estado, la nueva y europea escuela espiritualista. Las escuelas oficiales no tienen alma, y vuestras escuelas deben de tenerla, como la tienen todas las que á las modernas orientaciones de la pedagogía se atienen. Y al decir alma, quiero referirme sencillamente á una unidad de vida moral, á una alta expresión de cultura ética, nexo claro de un común idealismo (...) Lo importante no es que la escuela tenga un 'ideal' determinado, sino que tenga 'una idealidad'”.
“Una escuela es poco, si no es otra cosa que una escuela más. Una escuela donde sólo se enseñe á leer, escribir y contar, como en la mayoría de las del Estado; una escuela donde sólo se dé instrucción libresca, conforme al método clásico, bien escasos frutos habrá de cosechar ciertamente (...) Vosotros debeis oponer á la escuela rutinaria, mecánica y materialista del Estado, la nueva y europea escuela espiritualista. Las escuelas oficiales no tienen alma, y vuestras escuelas deben de tenerla, como la tienen todas las que á las modernas orientaciones de la pedagogía se atienen. Y al decir alma, quiero referirme sencillamente á una unidad de vida moral, á una alta expresión de cultura ética, nexo claro de un común idealismo (...) Lo importante no es que la escuela tenga un 'ideal' determinado, sino que tenga 'una idealidad'”.
Esa
común “idealidade” da nova escola, segundo Villar Ponte, non
debía remitir a ningún credo ideolóxico ou relixioso particular, a
diferenza tanto das escolas laicas promovidas polo obreirismo ácrata
ou socialista como das escolas confesionais animadas pola Igrexa
católica e as súas numerosas Congregacións:
“A los niños no debe de imponérseles una doctrina cerrada. Hay que respetar su libertad. Nuestra obligación estriba en procurar que ellos profesen mañana un ideal; pero no les exijamos que profesen el mismo que nosotros. Inculquémosles la idealidad: esto es, la nota común, el tono común a todos los ideales, cuyo sólido eje cristalino viene á ser la moral (...) Dejemos en los umbrales de la escuela, las babuchas del egoísmo de grupo, del sectarismo apasionado, para entrar en ella llevando impreso en la frente lo que es esencialmente, universalmente humano, lo que une á todos los hombres porque existe en todos los corazones con carácter de permanencia: el amor desinteresado al bien, el afecto hacia los demás, el ansia de perfeccionarnos nosotros mismos y de que el mundo entere progrese (...) El alma de la escuela no la engendran, ni la asignatura de religión aprendida de memoria, ni los rezos y oraciones recitados maquinalmente; el alma de la escuela no la crean tampoco los bustos en yeso de la República que tratan de substituir á los Santos Cristos. El alma de la escuela tiene su génesis única en la serena educación moral”.
“A los niños no debe de imponérseles una doctrina cerrada. Hay que respetar su libertad. Nuestra obligación estriba en procurar que ellos profesen mañana un ideal; pero no les exijamos que profesen el mismo que nosotros. Inculquémosles la idealidad: esto es, la nota común, el tono común a todos los ideales, cuyo sólido eje cristalino viene á ser la moral (...) Dejemos en los umbrales de la escuela, las babuchas del egoísmo de grupo, del sectarismo apasionado, para entrar en ella llevando impreso en la frente lo que es esencialmente, universalmente humano, lo que une á todos los hombres porque existe en todos los corazones con carácter de permanencia: el amor desinteresado al bien, el afecto hacia los demás, el ansia de perfeccionarnos nosotros mismos y de que el mundo entere progrese (...) El alma de la escuela no la engendran, ni la asignatura de religión aprendida de memoria, ni los rezos y oraciones recitados maquinalmente; el alma de la escuela no la crean tampoco los bustos en yeso de la República que tratan de substituir á los Santos Cristos. El alma de la escuela tiene su génesis única en la serena educación moral”.
A
bondade, a rectitude, a virtude, o altruísmo, o sentido do deber, o
amor pola verdade, etc. serían outros ingredientes que conformarían
esa moral, esa “idealidade”, que a xuízo de Villar Ponte,
debería presidir todo o labor pedagóxico das escolas promovidas
polas sociedades de instrución alentadas desde a emigración. A
escola, acrecentará citando ao reformista Luís de Zulueta, "debe
basarse en un sentimiento de sociabilidad, de cooperación, de
solidaridad humana".
O
derradeiro consello que Villar Ponte brindará ás sociedades de
instrución no artigo que vimos citando é que non caísen na
tentación de poñeren os seus máximos esforzos en alcanzar a maior
esplendidez dos locais ou a máxima abundancia de materiais
pedagóxicos, pois a verdadeira clave do proceso educativo, coidaba o
xornalista, estaba fundamentalmente na figura do mestre:
“El maestro lo es casi todo. Preocuparos casi
exclusivamente de buscar un buen maestro. El local, el material,
¿quién osaría negarlo?, tienen su importancia. Pero creed que ese
buen maestro, bien retribuído, creará una buena escuela, aunque sea
á la sombra de un árbol, como afirmaba Rousseau”.
De maneira un tanto premonitoria, mencionaba así o autor de A patria do labrego unha das desviacións ou desenfoques que, desde a perspectiva que nos outorga o tempo transcorrido, podemos dicir máis claramente afectaron en certo sentido ao labor de “Vivero y su Comarca”. A entidade fixo gala desde o primeiro día, abofé, da magnificencia e adecuación dos edificios escolares que proxectou e finalmente construíu. No artigo “Los edificios escolares”, de José Antonio Pernas Peón (Pro-Galicia, nº 3), transparéntase esta importancia que o asunto arquitectónico-construtivo cobrou para os responsábeis da entidade:
“Es tema de suma importancia la elección de sitio
apropiado para el emplazamiento de los edificios escolares y creo
merece ser estudiado detenidamente por los Comités que en las
parroquias de nuestro partido judicial representan á la redentora
sociedad de instrucción ‘Vivero y su Comarca’.
El local-escuela, si ha de estar en consonancia con la trascendental finalidad que la educación de la niñez persigue, debe reunir ciertas condiciones higiénicas y pedagógicas (…).
De aquí nace la conveniencia de que los locales destinados á escuelas reunan las apetecibles condiciones de que estén bien ventilados y penetren en ellos abundantemente el sol y la luz.
Estos deben emplazarse en terreno elevado, seco, salubre y bien orientado, conforme lo exija el clima predominante del lugar; su situación ha de procurarse no muy distante del mayor núcleo de población escolar y al centro de la parroquia, si es posible, para no dificultar la asistencia, al propio tiempo que esté separado de focos de infección física y moral”.
El local-escuela, si ha de estar en consonancia con la trascendental finalidad que la educación de la niñez persigue, debe reunir ciertas condiciones higiénicas y pedagógicas (…).
De aquí nace la conveniencia de que los locales destinados á escuelas reunan las apetecibles condiciones de que estén bien ventilados y penetren en ellos abundantemente el sol y la luz.
Estos deben emplazarse en terreno elevado, seco, salubre y bien orientado, conforme lo exija el clima predominante del lugar; su situación ha de procurarse no muy distante del mayor núcleo de población escolar y al centro de la parroquia, si es posible, para no dificultar la asistencia, al propio tiempo que esté separado de focos de infección física y moral”.
Mais
os edificios magníficos e as aulas ben dotadas de nada serven se,
por falta de mestres, teñen que permanecer fechados ou mesmamente
se, habendo finalmente mestres, estes non teñen a formación
necesaria para dirixiren con acerto o proxecto educativo que
encabezan ou non reciben os estímulos crematísticos e sociais que
se corresponden á alta misión que se lles encomenda. E aí
naufragou, en boa medida, toda a andamiaxe de “Vivero y su
Comarca”, certamente non por responsabilidade súa, que puxo o que
na súa man considerou debía poñer (edificios magníficos e
materiais escolares axeitados), senón porque o Estado regateou
miserabelmente a dotación humana que se necesitaba para moitos deses
centros de nova creación, inviabilizando así na práctica que
exercesen a acción benefactora para a que foran concibidos.
“Sobraron edificios e faltaron mestres”, podería ser o
leit-motiv valorizativo que se colocase no monumento erixido
ano tras ano por “Vivero y su Comarca”, poboado de boas
intencións e sementado de filantrópicos esforzos dignos de mellor
sorte.
Nova
directiva e novas críticas
Visto
o ideario pedagóxico que, grosso
modo, animou a sociedade, retomemos
o fío que nos permita reconstruír a súa deriva na segunda e
terceira décadas do pasado século.
Apagadas
as primeiras críticas intestinas que encabezara o representante de
Cervo na directiva de “Vivero y su Comarca”, Benito Lage, a
sociedade non deixará de rexistrar periodicamente, non obstante,
novos episodios de confronto público sobre as súas orientacións,
sobre os seus métodos e sobre as actitudes e presuntas
intencionalidades dos seus dirixentes.
Con
Taladrid Catá xa na Península, a xunta xeral de asociados reuniuse
na Habana e elixiu nova directiva para 1913: Fernando Santos, como
Presidente; Eusebio Balseiro, como Vice-presidente Primeiro; Antonio
Pernas, como Vice-presidente Segundo; Pedro Vázquez, como
Secretario; Manuel Pernas, como Vice-Secretario; Ramón López, como
Tesoureiro; e Francisco Rodríguez, como Vice-Tesoureiro.
Foron
así mesmo designados Vocais, en representación das parroquias de
todo o distrito: Plácido Fernández (Viveiro), Marcelino Pernas
Corral (Magazos), Julián Paz Martínez (Celeiro), Ramón Rodríguez
(Landrove), Vicente Díaz (Covas), Manuel Armesto e Manuel Docal
(Chavín), Manuel López Veiga (Boimente), José López González
(Valcarría), Ramón Abadín García (Galdo), José Ínsua (Faro),
Ramón Escourido López (Miñotos), Jesús C. Riguera (Merille),
Manuel Pardo López (Ambosores), Francisco Blanco Carballido (O
Sisto), Luís Martínez (Riobarba), Manuel Polo (Negradas),
Constantino Piñón (Suegos), Vicente Torres (San Estebo do Val),
José del Valle Moré (San Román), Antonio Pedreira (Mosende),
Perfecto Cuadrado (Xove), José Cora (San Isidoro), Vicente Alvariño
(Vieiro), Manuel Vizoso (San Pedro), José Puentes (Ourol), Jesús
Peón Bahamonde (Xerdiz), Teolindo Vázquez (Bravos), Leopoldo Durán
(San Pantaleón), Jesús Paraños Otero (Muras), Antonio Lamas
(Irixoa), José Trastoy (A Balsa), José Fernández (O Viveiró),
Ramón Escourido (Silán), José Rouco (O Burgo), Pedro Doval
(Cabanas) e, finalmente, Manuel Pena, Vicente Villarquide e José
Díaz (Cervo).
O continuísmo practicado pola nova directiva tocante a métodos e orientacións fixo que non tardasen en aparecer novas críticas desde determinados sectores da colonia galega en Cuba. Nas páxinas da revista La Patria Gallega (nº 58, 12.4.1913), o anónimo redactor do traballo intitulado “Cambio de ruta” escribe a propósito da sociedade de instrución viveiresa:
O continuísmo practicado pola nova directiva tocante a métodos e orientacións fixo que non tardasen en aparecer novas críticas desde determinados sectores da colonia galega en Cuba. Nas páxinas da revista La Patria Gallega (nº 58, 12.4.1913), o anónimo redactor do traballo intitulado “Cambio de ruta” escribe a propósito da sociedade de instrución viveiresa:
“Son muchos los que creen (...)
que la ruta seguida hoy por la sociedad de instrucción “Vivero y
su comarca”, a pesar de que haya podido estar empedrada de buenas
intenciones, no fué la más conveniente a los intereses sociales a
causa de no resultar ser la más económica”.
En
opinión deste crítico, os gastos de local e de persoal
administrativo que “Vivero y su Comarca” tiña que afrontar
detraían demasiados fondos que foran recaudados cunha finalidade
máis clara e directa, a de financiar os novos edificios escolares.
Na mesma perspectiva, o boletín Pro-Galicia,
alén de oneroso para as arcas da entidade, resultaba unha “revista
creada, a lo que parece, para ser bota-fumeiro (pagando los
vivarienses el incienso y la mitra [sic]) de quien, si apuramos algo
el concepto, bien merecido tiene el desdén de sus convecinos”. De
idéntica maneira, o articulista acusaba certos directivos de
utilizaren a sociedade “para pasar por muy patriotas y muy
honrados” e cubriren así “sus ruines y miserables aspiraciones”.
Como colofón aos seus comentarios, o redactor do traballo inserido
por La Patria Gallega
propugnaba unha política alternativa para o funcionamento de “Vivero
y su Comarca”, que resumía nos seguintes termos:
“Queremos que la modestia, la
economía y la más refinada y exigente moralidad presidan los actos
todos de la sociedad (...) que la nueva junta de gobierno dándose
cuenta del gran sacrificio que para muchos representa el abono de la
cuota social, dedique esta al objeto para que es entregada y no a
sostener lujosa revista, espléndido local y numeroso y bien
retribuído personal. No necesitamos Revista de ninguna clase, porque
los periódicos todos dedican una sección a las sociedades de esta
índole en la cual publican todo lo referente a las mismas que se le
envía: no necesitanos local grande ni chico porque tenemos siempre a
nuestra disposición los salones del Centro Gallego (…) y no
necesitamos más personal retribuído que un escribiente cobrador”.
Unha
retirada de apoio significativa

Neste
caso concreto, o afastamento virá provocado, en primeira instancia,
polo total enfeudamento que “Vivero y su Comarca” protagoniza en
relación á figura do político entón liberal albista Soto Reguera,
deputado polo distrito.
Abonda ler parágrafos como os que a seguir reproducimos, tomados do primeiro e terceiro números da revista Pro-Galicia, respectivamente, para decatarse da intensidade deste fenómeno tiralevítico ou turiferario que se estabeleceu entre sociedade e preboste, que foi o que provocou a incomodidade do autor de A patria do labrego:
Abonda ler parágrafos como os que a seguir reproducimos, tomados do primeiro e terceiro números da revista Pro-Galicia, respectivamente, para decatarse da intensidade deste fenómeno tiralevítico ou turiferario que se estabeleceu entre sociedade e preboste, que foi o que provocou a incomodidade do autor de A patria do labrego:
“Constantemente venimos dándonos
cuenta de los repetidos y señaladísimos favores que á nuestra
comarca tiene concedidos el incansable y prestigioso hombre público
y elocuente abogado Sr. D. José Soto Reguera, diputado por Lugo.
De ingratos ó indiferentes pecaríamos, porque antes de todo y sobre todo somos vivarienses, sino hubiésemos de tributar, á tan dignísimo benefactor, un aplauso sincerísimo que le demuestre nuestro agradecimiento expontáneo e imperecedero.
También pecaríamos de inconscientes sino hubiéramos de exhortar á nuestro pueblo, á que hojeando constantemente el protocolo de incuestionables méritos que para con las comarcas vivarienses tiene contraídos el Sr. Soto Reguera, se de perfecta cuenta de un deber, brindándole alientos y prestándole apoyo en sus magnos proyectos”.
De ingratos ó indiferentes pecaríamos, porque antes de todo y sobre todo somos vivarienses, sino hubiésemos de tributar, á tan dignísimo benefactor, un aplauso sincerísimo que le demuestre nuestro agradecimiento expontáneo e imperecedero.
También pecaríamos de inconscientes sino hubiéramos de exhortar á nuestro pueblo, á que hojeando constantemente el protocolo de incuestionables méritos que para con las comarcas vivarienses tiene contraídos el Sr. Soto Reguera, se de perfecta cuenta de un deber, brindándole alientos y prestándole apoyo en sus magnos proyectos”.
“Este meritísimo compatriota ha
recabado nuevas mejoras para nuestra localidad. Le felicitamos no
regateándole nuesrro aplauso sincerísimo y nuestra gratitud.
Gratitud tendremos siempre para los hombres que por el mejoramiento de nuestra comarca, se esfuerzan; por ello es que, aunque de manera deficiente, procuramos corresponder con nuevo afecto, al hombre sobresaliente, al señor Soto Reguera, que, á sus empeños é influencias, tanto debe el partido de Vivero, al que rinde fervoroso culto”.
Gratitud tendremos siempre para los hombres que por el mejoramiento de nuestra comarca, se esfuerzan; por ello es que, aunque de manera deficiente, procuramos corresponder con nuevo afecto, al hombre sobresaliente, al señor Soto Reguera, que, á sus empeños é influencias, tanto debe el partido de Vivero, al que rinde fervoroso culto”.
“la confección de un
álbum-homenaje, con la firma de todos los asociados, que será
enviado al señor Soto Reguera, como prueba del agradecimiento de los
vivarienses residentes en Cuba á la labor efectuada por tan
distinguido representante, en auxilio y beneficio del distrito de
Vivero y de los fines culturales de nuestra Sociedad (…)
[ese álbum] lleva en su portada un hermoso tríptico, coronado por los escudos de España, Galicia y Vivero, ostentándose en su centro sencilla dedicatoria de un hermoso efecto y llevando á uno y otro lado el retrato del señor Soto Reguera y una vista de Vivero, tomada desde la Misericordia.
Siguen dos hojas orladas, en las que consta el acuerdo tomado por la General y á continuación las hojas de firmas. Todas las hojas son de regio papel de pergamino con cantos dorados al fuego y la encuadernación en piel de Rusia (extra) le dará un hermoso aspecto de elegancia y de buen gusto”.
[ese álbum] lleva en su portada un hermoso tríptico, coronado por los escudos de España, Galicia y Vivero, ostentándose en su centro sencilla dedicatoria de un hermoso efecto y llevando á uno y otro lado el retrato del señor Soto Reguera y una vista de Vivero, tomada desde la Misericordia.
Siguen dos hojas orladas, en las que consta el acuerdo tomado por la General y á continuación las hojas de firmas. Todas las hojas son de regio papel de pergamino con cantos dorados al fuego y la encuadernación en piel de Rusia (extra) le dará un hermoso aspecto de elegancia y de buen gusto”.
Debeu
resultar tan cargante
e cantoso
(permítansenos as expresións) este aliñamento político, explícito
e implícito, da sociedade “Vivero y su Comarca” coa facción
liberal sotorreguerista que no cuarto número de Pro-Galicia
a propia entidade sentiuse na obriga
de facer públicos protestos de absoluta independencia e tentar
xustificar toda a literatura gabatoria sobre o deputado en cuestión
que se vertía, abondosa, nas súas planas. Deste xeito, acompañando
unha prolixa enumeración de doazóns, xestións, concesións e
prebendas dadas ao Distrito por obra do seu representante en Cortes,
podemos ler no texto “Nuestra sociedad, nuestro distrito y el Sr.
Soto Reguera”:
“No son los fines de nuestra
Sociedad de carácter político, en el sentido de hacer labor en pro
de una ó de otra tendencia de las que luchan en nuestra patria por
escalar las elevadas esferas del poder gubernativo; no pretenderemos
jamás en manera alguna sumarnos á grupo determinado que ello
acarrearía disensiones hondas en el seno de los que nos es tan caro
y á lo que hemos consagrado todas nuestras energías (…).
Mas, todo humano esfuerzo ha menester de la cooperación de todos aquellos elementos que con fe, entusiasmos y valimientos le lleven hacia la consecución de sus fines é ideales; sus directores deben tener habilidad y tacto para sumar á sus filas personas y colectividades que desinteresadamente le apoyen en sus trabajos, así como también debe procurar, patentizar, poner de relieve y premiar labores benefactoras recibidas, pues que ello es altamente moral, y beneficioso para la causa (…).
Vivero y con él nuestra querida Asociación deben interesarse, por su propio bien y por su propio progreso, por egoísmo ó por gratitud ó por ambas cosas, en sostener el cariño de un hombre de valía que ha demostrado de manera práctica, sin alharacas vanas, su cariño y afanes por los progresos morales y materiales de nuestro pueblo y esta nuestra querida Asociación”.
Mas, todo humano esfuerzo ha menester de la cooperación de todos aquellos elementos que con fe, entusiasmos y valimientos le lleven hacia la consecución de sus fines é ideales; sus directores deben tener habilidad y tacto para sumar á sus filas personas y colectividades que desinteresadamente le apoyen en sus trabajos, así como también debe procurar, patentizar, poner de relieve y premiar labores benefactoras recibidas, pues que ello es altamente moral, y beneficioso para la causa (…).
Vivero y con él nuestra querida Asociación deben interesarse, por su propio bien y por su propio progreso, por egoísmo ó por gratitud ó por ambas cosas, en sostener el cariño de un hombre de valía que ha demostrado de manera práctica, sin alharacas vanas, su cariño y afanes por los progresos morales y materiales de nuestro pueblo y esta nuestra querida Asociación”.
Moi
pola contra, este relacionamento de “Vivero y su Comarca” con
Soto Reguera exemplificaba perfectamente, na opinión de Villar
Ponte, as bases corruptas, incívicas, caciquís e antidemocráticas
sobre as que asentaba na sociedade galega o sistema político da
Restauración. O deputado encarnaba así o prototipo do “benefactor
político” que facía derivar recursos para o seu feudo e prebendas
para os seus parceiros, a cambio da sumisión cívica á rede de
caciques e da perversión do concepto de libre sufraxio.
Mais
non só foi o servilismo da entidade cara ao citado político
lugués e cara aos seus acólitos na bisbarra viveiresa o que causou
o desagrado en Antón Villar Ponte. Tamén algunhas das propias
orientacións que “Vivero y su Comarca” anima e implementa no
terreo estritamente pedagóxico serán abertamente cuestionados polo
noso xornalista.
Efectivamente,
moitas escolas de indianos,
lonxe de contribuíren á creación dunha nova cidadanía
libre, consciente e identificada coa cultura e a lingua propias,
tornáronse nun elemento máis na prolongación do “clientelismo”
político restauracionista a nivel local e na transmisión
conformista e acrítica de determinados valores e pautas de
comportamento social estabelecidas. Con frecuencia, esas escolas
derivaron en auténticos viveiros de novos emigrantes, en canteira de
obedientes peóns no xogo caciquil e en poderosos axentes
desgaleguizadores. A peza teatral Almas
mortas recollerá, como veremos a
seguir, moitas destas críticas e desafectos de Villar Ponte cara ás
sociedades de instrucción, sen que “Vivero y su Comarca” escape
nin moito menos á xeralización.
A
peza Almas mortas
como crítica integral ás “escolas de indianos”
Como
anotamos, o texto literario que recolle as críticas e desafectos do
significado intelectual galeguista Antón Villar Ponte cara ao labor
de “Vivero y su Comarca” (e, por estensión, doutras sociedades
análogas) é a peza teatral Almas
Mortas, que o autor rematou de
escribir en decembro de 1920 e editou en maio de 1922 na casa ferrolá
Céltiga. O xornal agrario ourensán La
Zarpa falou dela, no instante de
aparecer, como “la obra más intensa y mejor pensada que se haya
hecho jamás en relación con los emigrantes gallegos”(21.5.1922).
O
noso xornalista expón através dos diálogos e parlamentos contidos
nesta obra súa unha visión abertamente crítica co papel
desgaleguizador e zugador de enerxías que a emigración viña
cumprindo na nosa sociedade. Neste sentido, sinala as perniciosas
influenzas que, intencionadamente ou non, exercían os indianos
e as súas sociedades de instrución nalgúns aspectos da vida galega
de entón, comezando por unha perda da “tensión cívica”
necesaria para tornar posíbeis as mudanzas que estimaba
imprescindíbeis. Os galegos non
protestan, emigran, resumía nun pé
de viñeta Castelao, en plena sintonía co pensamento subxacente na
peza de Villar Ponte.
A
acción de Almas Mortas,
ambientada “n'unha aldea galega”
e no
“tempo corrente”,
transcorre en tres escenarios distintos: o cuarto dunha casa labrega
restaurada (1ª Estancia), a sala-despacho dun médico (2ª Estancia)
e o
frontis dunha taberna (3ª Estancia). A primeira Estancia, con
dezaoito escenas, serve para presentar os numerosos personaxes que
interveñen na trama e para formular o seu asunto. A segunda, de oito
escenas, vehiculiza através dos sucesivos parlamentos do personaxe
D. Ramonciño co indiano
retornado Pepe boa parte das mensaxes que o autor quixo someter á
consideración dos lectores/espectadores, servindo ao mesmo tempo de
nó da trama. A terceira e derradeira está composta por só seis
escenas, e serve, obviamente, para dar canle a un tráxico e
simbólico desenlace.
Non
por casualidade, Antón elixiu o personaxe do cacique D. Eduardo para
verbalizar as gabanzas que habitualmente eran dirixidas nesa época
aos que, como o indiano
Pepe, fomentaban a creación de sociedades de instrución: "Es
usted de los que laboran por el progreso de esta pobre aldea y de los
que más nos ayudan a encarrilarla hacia su mejoramiento. Si no fuese
por ustedes (...) Hechos cantan. Ustedes al crear la Sociedad de
Instrucción de esta comarca en Cuba para construír aquí edificios
destinados a escuelas, ¿quién duda, amigo mío, que realizaron obra
santa y patriótica? (...) Yo, siempre que hablo con nuestro
diputado, se lo digo, porque yo soy así: Si
estos buenos americanos no merecen la cruz de beneficencia, quién la
merece?".
É
evidente que Villar Ponte pretendeu e conseguiu con este parlamento
do cacique "D. Eduardo" pór o dedo cando menos en dúas
chagas derivadas da problemática da emigración: a da innegábel
connivencia de moitos dos filántropos indianos
e cabezaleiros das sociedades de instrución galegas cos
representantes da política oficial turnista en boa parte Concellos e
Distritos galegos, por unha banda; e, por outra, a das pouco
filantrópicas razóns que movían unha parte dese inxente labor
benefactor, na medida en que se procuraba con el recoñecementos e
recompensas que nin sequera ficaban sempre en planos meramente
simbólicos ou testemuñais: medallas, condecoracións, bautizo de
rúas e prazas, descubrimento de lápidas conmemorativas, erección
de estatuas, nomeamentos de “fillo predilecto” ou "doutor
honoris causa",
alcaldías, escanos no Congreso dos Deputados, etc.
O
médico "D. Ramonciño" (auténtico voceiro do pensamento
de Villar Ponte, neste caso) contrapón ás antecitadas palabras do
cacique, gabatorias para os promotores de sociedades como “Vivero y
su Comarca”, reparos e reflexións non exentas de lucidez. O feito
de crearen, dotaren e financiaren estas sociedades os edificios
escolares nas súas parroquias de procedencia evitaba, dalgunha
maneira, que a colectividade afectada fixese a presión necesaria e
suficiente sobre o Estado, instancia a quen correspondía en
realidade, na visión villarpontina, estender o ensino e realizar os
investimentos en infraestrutura educativa que fosen necesarios.
Esas
escolas de indianos,
ademais, segundo Don Ramociño, “son atraso coleitivo inda que
parezan seren coltura individual; porque n'elas os escolantes, os
mestres, fánlles deprender de todo ôs alunos, agás o amore â
Terra i-âs cousas da Terra. Porque son coutos de desenxebrización,
de despersoalización, negadoras da pedagoxía máis sinxela que
manda axeitar as forzas da intelixencia par'a adaptación ô médeo.
Deprenden mais xeografía e historia d'América que de Galicia os
neniños que van ás escolas de vostedes; deprenden mais de
mecanografía que de cultivo de terras veciñás e de cousas do
traballo do país. As escolas de vostedes son escolas fomentadoras e
preparadoras da emigración”.
Denuncias
ou reproches semellantes a este verbalizado polo protagonista de
Almas mortas
foron plasmados por moitos outros intelectuais galegos da época en
ensaios e artigos. Así Vicente Risco, por exemplo, no seu libro El
problema político de Galicia
(Madrid, 1930), sostiña: "En muchos casos las escuelas
sostenidas por emigrantes son escuelas preparatorias para la
emigración". Tamén Julio Sigüenza na obra Galicia
Cara y Cruz (Montevideo, 1930) vía
así as cousas: "Hacen falta escuelas que adviertan el engaño
de América (...) No hacen falta escuelas para mandar gente a la
América".
Recentes estudos sobre a imprompta educativa na Galiza das
“sociedades de instrución” promovidas polos nosos emigrados,
como o do profesor Peña Saavedra (Éxodo,
organización comunitaria e intervención escolar),
non fan senón confirmar con datos empíricos estas impresións da
intelectualidade nacionalista de preguerra, feitas no seu día con
evidente intención denunciadora e crítica, sobre a
disfuncionalidade entre a orientación pedagóxica e formativa das
“escolas de indianos” e o medio social, xeográfico e
lingüístico-cultural en que asentaban.
A
obra, con todo, avanza
Sen
que lle faltasen, como estamos vendo, discrepancias internas e
detractores externos, fose no seo da ampla colonia galega emigrada,
fose nas elites intelectuais galeguistas do momento, o certo é que
“Vivero y su Comarca” perseverou no rumbo e no método
establecidos pola súa directiva desde un principio, con Taladrid
Catá á cabeza, e afrontou moi axiña o instante de comezar a
recoller o froito do seu esforzo, todo o discutibelmente orientado
que se queira.
![]() |
Escola de San Pantaleón de Cabanas |
A
realización efectiva destes primeiros edificios confirmaba, a ollos
de moitos dos propios asociados e de numerosos espectadores, a
solvencia da entidade e a solidez dos seus proxectos, de maneira que
choveron desde entón os eloxios a Taladrid Catá en diversos medios
xornalísticos galegos, nomeadamente en Vida
Gallega, La
Voz de Galicia e o propio Heraldo
de Vivero, semanario que non deixou
de arroupar o labor de “Vivero y su Comarca” e chegou a publicar
en 1918 un número extraordinario que contiña, segundo informa o seu
colega herculino La Voz de Galicia,
“amplia información, con grabados, de los edificios escolares
construidos por cuenta de la sociedad ‘Vivero y su comarca’,
residente en la Habana” (5.3.1918).
O
indiano
de Magazos, na cúspide do éxito, derramará xenerosidade e
filantropía coa propia entidade da que era presidente fundador e
delegado permanente na Península. Así, segundo lemos no cuarto
número de Pro-Galicia,
a comezos de 1913 enviará como agasallo a Cuba, por medio do socio
Jesús Carballo, un estandarte ou lábaro para a sociedade, que a
amentada publicación describe nos seguintes termos:
“La rica joya es una copia
exacta del histórico pendón de la villa de Vivero y está
confeccionado de rica seda roja orlada de flequillo áureo, rematando
en sus extremidades con dos macizos bordones de hilo de aquel rico
metal.
En su centro campea el escudo heráldico de Vivero, á gran relieve y bordado en oro, seda y aplicaciones de hermosa pedrería. Orlando el conjunto el rótulo “Sociedad de Instrucción Vivero y su Comarca”, bordado también al realce y en oro (…)
Será expuesto, para que todos puedan apreciarlo, en la vidriera del comercio de nuestro consocio señor Vicente Abadín, San Rafael núm. 7.
Antes del embarque del señor Carballal ha sido también expuesto en Vivero en el comercio que nuestro estimado paisano, el señor Agrelo, tiene establecido en esa ciudad, siendo admirado y justamente celebrado por todos”.
En su centro campea el escudo heráldico de Vivero, á gran relieve y bordado en oro, seda y aplicaciones de hermosa pedrería. Orlando el conjunto el rótulo “Sociedad de Instrucción Vivero y su Comarca”, bordado también al realce y en oro (…)
Será expuesto, para que todos puedan apreciarlo, en la vidriera del comercio de nuestro consocio señor Vicente Abadín, San Rafael núm. 7.
Antes del embarque del señor Carballal ha sido también expuesto en Vivero en el comercio que nuestro estimado paisano, el señor Agrelo, tiene establecido en esa ciudad, siendo admirado y justamente celebrado por todos”.
En
correspondencia a este tipo de agasallos, a Xunta Xeral da sociedade
acordou colocar “un retrato de gran tamaño, del señor Taladrid,
en el local de Secretaría” (Pro-Galicia, nº 4).
A paulatina concreción e consolidación dos proxectos postos en marcha por “Vivero y su Comarca” deu pé para que algún dos seus directivos, usando como plataforma as páxinas da revista Labor Gallega (nº 1, decembro de 1913), sacase metaforicamente peito e no traballo intitulado “Ahí está nuestra obra” fixese alusión ás críticas recibidas da seguinte maneira:
A paulatina concreción e consolidación dos proxectos postos en marcha por “Vivero y su Comarca” deu pé para que algún dos seus directivos, usando como plataforma as páxinas da revista Labor Gallega (nº 1, decembro de 1913), sacase metaforicamente peito e no traballo intitulado “Ahí está nuestra obra” fixese alusión ás críticas recibidas da seguinte maneira:
“Todavía repercuten en nuestra alma pasados agravios
inferidos por quienes debieran ser los primeros en reconocer los
nobles anhelos de los hijos de la comarca vivariense que, ausentes,
conservando perennemente en sus patrióticas almas un inextinguible
amor hacia la tierra amada, reuníanse fraternalmente en ansias del
mayor engrandecimiento de su pueblo. No han hecho mella vuestras
diatribas, vuestros desentonados desplantes, en nuestro ánimo (…)
Seguimos laborando tranquilos y con constancia y fe y ahí tenéis
nuestra obra para parangonarla con la hecha por vosotros (…) Hablen
los hechos, hablen los sillares que por nuestro amor, sin mácula,
hacia nuestro pueblo, se levantan diseminados por la comarca
vivariense, mudas muestras de práctica elocuencia”.
La
Voz de Galicia (9.1.1914) ofrece a
crónica do acto de colocación da primeira pedra da esco
la de Magazos. Actuaron nesa ocasión de padriños Dolores Taladrid Catá e seu irmán Justo. O cura da parroquia, Antonio Dorado Trasancos, pronunciou un discurso e o párroco de Vieiro, Leoncio López de las Casas (autor da coñecida canción que se convertería andado o tempo en himno oficioso de San Cibrao), leu unha oda á que pertencen estas estrofas finais:
la de Magazos. Actuaron nesa ocasión de padriños Dolores Taladrid Catá e seu irmán Justo. O cura da parroquia, Antonio Dorado Trasancos, pronunciou un discurso e o párroco de Vieiro, Leoncio López de las Casas (autor da coñecida canción que se convertería andado o tempo en himno oficioso de San Cibrao), leu unha oda á que pertencen estas estrofas finais:
Despertemos del sueño del atraso
y caminemos, con seguro paso,
al concierto de pueblos instruidos;
que así, muy brevemente,
lograremos borrar de nuestra frente
la infamante señal de los vencidos.
¡Alentemos, con nuestra confianza
a ese núcleo valiente
de amigos, que no pierden la esperanza,
trabajando con fe, constantemente;
y tengamos presente
que un hombre ignaro, rudo, analfabeto,
renuncia a su ventura por completo!...
O
mesmo xornal trompetea algún tempo despois novos logros de “Vivero
y su Comarca”, entidade que comezando o ano 1916 “doce edificios
para escuelas tiene en construcción, tres de los cuales se hayan ya
terminados, en Magazos, Merille y Bravos. En cada una de estas tres
parroquias, en vasto local, sitio céntrico, bien ventilado, con
servicios sanitarios e higiénicos y un material fijo y móvil que
mereció los plácemes del señor inspector de Primera enseñanza, se
han creado dos escuelas dotadas de maestro y maestra, cuyas Reales
órdenes fueron recientemente obtenidas por nuestro activo diputado
D. José Soto Reguera”.
Unha
condecoración de mans do rei
A
comezos de 1919, o presidente á sazón da entidade, Francisco Gómez,
cedeulle o posto de máxima relevancia de “Vivero y su Comarca” a
Antonio Rodríguez Vázquez, quen ostentaba, dito sexa como dato
sociolóxico relevante, unha das fortunas máis considerábeis da
Cuba de entón, pois era propietario de dous ingenios
azucreiros e de numerosos cines, teatros e locais na capital
caribeña. A ceremonia de traspaso de poderes, celebrada no
transcurso dun banquete en La Polar, serviu asemade para realizar
unha colecta en beneficio da entidade, que encabezaron ambos
presidentes, cesante e entrante, coa nada desprezíbel cantidade de
600 pesos cubanos.
Mentres
tanto, na Península, Taladrid Catá e Soto Reguera continuaban as
súas xestións como delegado da sociedade e protector político,
respectivamente, colleitando periodicamente novas gabanzas en letra
de molde.

Do mesmo xeito, perante os ataques a Taladrid Catá opuña “como aplastante respuesta su labor enorme, su constancia increíble, su batallar inenarrable, libre de huecas arengas y de pomposos artículos literarios”, de xeito que “desde que se creó ‘Vivero y su Comarca’ sólo tuvo una frase, acción; un postulado, practicismo; una resultante abrumadora, realidad. ¡La realidad de una idea! He aquí la consagración de las actividades de este hombre que no declama, que no emborrona papel para emular a Jeremías, pero que callada y tozudamente, prosigue su obra redentora”.
Será
durante o mandato do antes citado presidente Antonio Rodríguez cando
teña lugar a concesión á entidade da Cruz de 1ª Clase da Orde
Civil de Beneficencia, con distintivo branco, por parte de Alfonso
XIII, “por sus relevantes servicios en pro de la cultura particular
del Distrito de Vivero y general de España”.
Non
pode ocultarse o moito que as xestións e as influenzas de Soto
Reguera nos corredores ministeriais e pacegos teñen a ver con esta
distinción nin debemos obviar tampouco a acollida crítica que
semellante concesión suscitou en figuras e segmentos significados da
colonia galega emigrada en Cuba. Así, J. Cuba Restrebada redixiu e
publicou o artigo “O milagro é grande” no quincenario Heraldo
de Galicia (9.8.1919) e aí, sen
deixar de felicitar a “Vivero y su Comarca” polo recoñecemento
obtido, dáballe algunhas voltas ao proceso. Na súa opinión, tería
que ter sido o Estado quen debía ter feitas as escolas impulsadas
polas sociedades galegas de instrución,
“e entonces aforraban molestarse
dando medallas e ó mesmo tempo quedaríanlles ós emigrados os
cartos no peto (…) ¿A quen debemos os males d’emigración? ¿a
quen a falta das escolas na terra nosa? ¿a quen a falta dos
ferrocarrís e da industria…? Ó goberno que está esperando pol-os
emigrados pra que eles paguen esas obras, e despois delle unha
medalla, com’a Sociedade “Viveiro e sua Comarca”, d’esas
qu’un amigo meu me dixo que se venden a tres cadelas nunha casa
qu’eu sei”.
Encarando
a nova década.
Recollida
a distinción outorgada polo monarca a que acabamos de nos referir, a
sociedade de instrución fundada polos viveireses en Cuba encarou a
nova década intentando dar novo pulo á súa tarefa. O número 24 de
Vivero en Cuba,
que aparece en xaneiro de 1921, dedicou abondoso espazo á
celebración do décimo aniversario da entidade. No ano previo de
1920, a directiva aprobou o envío dunha circular aos socios en
particular e a todos os habitantes do distrito viveirés en xeral
explicando as xestións e logros conseguidos ata a data, expoñendo
as dificultades e contratempos surxidos nesa altura e excitando os
seus ánimos de cara a unha nova colecta que permitise capitalizar
algúns proxectos en marcha, para así poder concluílos:
“(…) Un día, ya lejano con el
corazón rebosante de esperanzas e ilusiones, adoptamos el temerario
acuerdo de fabricar once edificios escolares a la vez, celebrando al
efecto un sorteo entre las 49 parroquias (…) Colocada la primera
piedra en todas ellas, sobre la base de un presupuesto aproximado de
mil pesos para los edificios de dos aulas y 800 pesos, también aproximado, para los de una sola, la obra les pareció hacedera y de
fácil realización con solo el producto de las cuotas sociales a los
que entonces dirigían la Sociedad; pero como sucede siempre cuando
en la ejecución de obras lentas no se cuenta con el factor tiempo y
con las circunstancias más o menos anormales que pueden sobrevenir,
esos presupuestos se cuadruplicaron por el progresivo aumento en el
costo de los materiales y de la mano de obra y el patriótico empeño
de la Sociedad vino á ser algo así como una quimera (…) Y como el
cejar en el empeño, a medio edificar los edificios, equivaldría a
perder la respetable cantidad invertida en los mismos y a tener que
lamentar el fracaso de una obra magna que una vez realizada ha de
llenarnos a todos de un patriótico y legítimo orgullo (…) hubo
necesidad de apelar a la suscripción voluntaria, con el producto de
la cual, más las cuotas de diez y ocho meses y el beneficio del
cambio, se giraron $6.913.18, quedando terminadas, de las 8 que
faltaban, las casas-escuelas de Burgo, San Pantaleón, Gerdiz y
Silán, y pendientes, por la suma de 3.300 pesos las de Riobarba,
Irijoa, Valcarría y Boimente.
A buscar esta cantidad, en todo o en parte, tiende la suscripción iniciada y encabezada por 460 pesos por los señores asistentes a la junta general celebrada el 29 del corriente (…)”.
A buscar esta cantidad, en todo o en parte, tiende la suscripción iniciada y encabezada por 460 pesos por los señores asistentes a la junta general celebrada el 29 del corriente (…)”.
Mais
non todos os problemas residían, nin moito menos, en poder
capitalizar a construción dos edificios escolares ou en dotar
debidamente de pupitres, encerados e mapas despregábeis as súas
aulas. Tamén estaba a cuestión da dotación humana, quere dicir,
dos/as mestres/as. “Vivero y su Comarca” non podía polos seus
medios afrontar o pagamento de salarios de todo o plantel docente con
titulación que era necesario mobilizar para que todas as escolas que
promovía ou arranxaba estivesen correctamente atendidas, de maneira
que moito do seu labor “diplomático”, se vale a expresión,
dirixiuse a conseguir do Estado, tan indolente en tantos aspectos,
que conveniase con ela a achega de mestres nacionais para cubrir eses
postos e que asumise orzamentariamente o pagamento dos seus soldos.
De feito, segundo a versión que ofrece a revista de Jaime Solá Vida
Gallega, indesimuladamente
encomiástica, Taladrid Catá
“(…) vino á España á
conseguir que el Estado diese carácter oficial á las Escuelas que
había levantado ‘Vivero y su Comarca’ y les nombrase maestros
nacionales. Sostuvo para lograrlo una lucha titánica. Dejó muchas
veces su palacete de Magazos, se trasladó a Madrid, hizo antesala en
los Ministerios, asedió a los personajes, les esperó, cuando se
negaban, en las escaleras secretas de sus despachos y así,
procediendo heroicamente, se salió con la suya. Hoy la comarca de
Vivero está sembrada de preciosos edificios escolares en los cuales
el Estado, vencido por la tenacidad del Sr. Taladrid, costea la
enseñanza”.

En realidade, unha vez posta en marcha, a sociedade de instrución viveiresa tivo que afrontar un difícil e continuo dilema, que podemos sintetizar do seguinte xeito: ¿era preferíbel, para os seus fins, conservar a todo custe a propiedade dos edificios que se ían levantando pola súa iniciativa, mesmo que iso significase mantelos fechados por falta de mestres, ou conviña máis, chegado o intre, facerlle cesión ou doazón deses edificios escolares ao Estado a cambio do compromiso por parte deste de dotar convenientemente de persoal docente tales centros, para que funcionasen?.
Xa se ve como a liña de Taladrid Catá foi claramente a de presionar nos despachos ministeriais para conseguir medios humanos do Estado, sen ceder a propiedade dos edificios, mais finalmente as circunstancias foron abríndolle paso, pouco a pouco, á outra alternativa. En palabras de Otero Cao, era clara en teoría a “conveniencia de no entregar las escuelas, el producto de incomparables sacrificios, al gobierno central, por lo abandonado que siempre ha sido para la enseñanza primaria”, mais finalmente, na práctica, “'Vivero y su comarca' tendrá que hacerlo con el dolor de su alma, por serle imposible el sostenerlas”.
O
impacto das sucesivas crises económicas que vive a Illa nos anos 20
(provocadas, basicamente, pola caída dos prezos do azucre) decantou
pouco a pouco o dilema antes indicado, pois foron minguando os
recursos que a masa asociada de “Vivero y su Comarca” podía
achegar para o labor construtor nas parroquias de orixe e foron
medrando, paralelamente, as necesidades que atender na propia Cuba. A
nosa sociedade, inicialmente só “de instrución”, creou por iso
no seu seo unha sección de beneficencia en 1923. No
transcurso dunha festa dos viveireses na Habana, o notario Marino
López Blanco pronuncia un discurso e pondera nel, segundo a crónica
que nos ofrece o Heraldo de Galicia
habaneiro, que
“merced a la constancia férrea
de los actuales miembros dirigentes han logrado revivir aun más el
prístino espíritu de altruismo - acaso no igualado por nadie - de
los ilustres fundadores de ‘Vivero y su Comarca’, ampliando su
vastísimo programa de hacer el bien, incluyendo en el actual
Reglamento de la Sociedad, como uno de sus fines más preciados, el
de la beneficencia. Ahora ya se agrupan los hijos de Vivero no tan
solo para enviar el pan espiritual de la enseñanza a los niños de
su tierra; ahora amplían el círculo de su generosidad y tienden
mano solícita y protectora al conterráneo en desgracia. Y cuando la
miseria lo abate y la enfermedad lo depaupera, cierta parte de los
fondos sociales de Vivero y su Comarca acuden en su auxilio”.
A
título anecdótico, debe saberse que nese mesmo ano de 1923 o
vice-presidente Manuel Pernas regaloulle á entidade un novo
estandarte, ao que se lle engadiu a
posteriori o símbolo da cruz por
desexo e co financiamento do ex-presidente Jesús Fernández. O
sacerdote de orixe viveiresa José María Yáñez, na altura párroco
en Santiago de las Vegas, foi o encargado de abenzoar o novo
distintivo no trancurso da ceremonia que tivo lugar nos xardíns de
La Polar no mes de xuño do citado ano.
Tempo
de ditadura
A
instauración da ditadura do xeneral Primo de Rivera, en setembro de
1923, tivo repercusións de variada índole, ás veces mesmo
contraditorias, sobre o traballo de “Vivero y su Comarca”. Por
unha banda, no seu intento de aparecer como réxime rexenerador do
corrupto sistema político que caracterizara a etapa precedente da
Restauración, a ditadura recén implantada supuxo a perda provisoria
de influenza no entramado oficial dalgunhas conspicuas personalidades
dos agora deostados partidos liberal e conservador, entre as que
figurou, loxicamente, o sempiterno deputado polo distrito viveirés e
perenne valedor da nosa entidade nos corredores ministeriais José
Soto Reguera. Ben é verdade que moi axiña este persoeiro se
adaptaría aos xeitos e mecanismos do novo statu
quo e pasaría a ocupar novamente
postos institucionais de responsabilidade, como teremos ocasión de
lembrar.
Por
contra, outro dos persoeiros decisivos na historia de “Vivero y su
Comarca”, Taladrid Catá, foi chamado polas novas autoridades para
ocupar un escano na deputación provincial luguesa, dando deste xeito
o salto á política sen ambaxes. Desde a súa nova atalaia
privilexiada, por máis que carecese de todo aval democrático, o
noso indiano
elevou propostas, informes e memorándums diversos sobre cuestións
educativas á Asemblea Nacional Consultiva, o órgano
pseudorrepresentativo con que o ditador Primo de Rivera pretendeu
substituír, a partir de certa altura, o disolto Congreso dos
Deputados. En nome de “Vivero y su Comarca”, por exemplo, segundo
informa de pasada Luís Bello nos seus artigos en El
Sol (sobre os que logo volveremos),
Taladrid propuxo nun deses documentos da súa autoría eliminar as
clases nocturnas (pois os seus alumnos, de noite polos camiños, “no
aprenden sino desvergüenzas”, segundo as súas propias palabras),
facer que nas escolas mixtas só puidesen impartir clase as mestras
(por estimar inconveniente que as alumnas puidesen estar a cargo de
mestres homes, enténdese…), nomear entre os comités parroquiais
das sociedades de instrución “auxiliares gratuitos da Inspección
educativa”, etc. Propostas, pois, de evidente pendor reaccionario e
que intentaban consagrar de iure
o intervencionismo que de facto
elementos como el propio viñan practicando no mundo educativo na
bisbarra de Viveiro desde había case dúas décadas.
Así
pois, podemos dicir que nos primeiros compases da Ditadura o que a
entidade “Vivero y su Comarca” perdía en influenza por un lado
(Soto Reguera), gañábao polo outro (Taladrid Catá) dentro do
tinglado oficial do novo réxime…
Por
outra banda, envolvéndose nun discurso claramente rexeneracionista
co lema de “despensa e escola” como bandeira de actuación e
coidando encarnar na súa persoa o “cirurxián de ferro”
demandado noutrora polo pensador Joaquín Costa, o xeneral Primo de
Rivera outorgou moita relevancia ao labor do Ministerio de
Instrucción Pública, de xeito que ao longo do período 1923-1927
rexistrouse un significativo incremento no número de escolas
primarias construídas a conta dos orzamentos estatais. Algúns
investigadores sinalan que só neses cinco anos se erixiron tantos
edificios de uso escolar en España como nos vintecinco anos
precedentes… Semellante política de asumpción de
responsabilidades no tema das infraestruturas por parte do citado
Ministerio deixaba en boa medida sen función e, sobre todo, sen
futuro, o meritorio labor que viñeran desenvolvendo as sociedades de
instrución como “Vivero y su Comarca”…
Se
a isto sumamos as propias condicións económicas e sociais, cada vez
máis difíciles, que rodeaban a colonia galega emigrada en Cuba ao
longo desta década, coa guinda dos devastadores efectos inmediatos
do chamado crack
de Wall Street (1929), poderemos comprender que a capacidade
financeira e promotora de todas as sociedades galegas de instrución,
“Vivero y su Comarca” incluída, experimentase un forte
retroceso.
Cabe
concluír, xa que logo, que vai ser neste preciso momento histórico
cando se produza o “canto de ciño” das sociedades instrutivas da
emigración galega como grandes actores das transformacións do
panorama educativo. A partir de entón, a súa capacidade, a súa
iniciativa e o seu contributo será cada vez menos relevante, de
maneira que moitas delas entrarán mesmo en fase de disolución.
O
balanzo, porén, ficaba ben á vista para quen o quixese ver. “Vivero
y su Comarca” podía exhibir, á altura de 1926, nada menos que 11
edificios de nova planta, 1 adaptado e 45 escolas primarias
financiadas con máis de 50.000 pesos cubanos, segundo se recollía
no informe do inspector Benito Castrillo Sagredo citado por Peña
Saavedra no seu magnífico estudo sobre a imprompta educativa da
emigración galega transoceánica (Éxodo,
organización comunitaria e intervención escolar,
1991). Un reconto algo posterior, ofrecido nas páxinas do diario La
Voz de Galicia (18.12.1927) polo
socio e ex-directivo da nosa entidade Generoso Puentes, incrementaba
o contributo efectivo da sociedade a un total de 11 edificios novos,
4 adaptacións de edificios pre-existentes (as escolas de Vieiro, San
Isidoro do Monte, Xestosa e Chavín) e 46 escolas dotadas e
financiadas.
O
escritor galego Neira Vilas, tantos anos residente en Cuba, foi quen
chamou por vez primeira a atención sobre un dato ben revelador dos
efectos positivos que toda esta acción filantrópica, dotacional e
construtora de “Vivero y su Comarca” exerceu sobre a poboación
máis nova do distrito: no reemprazo de quintas correspondente ao ano
1927 non se rexistrou nin un só mozo analfabeto procedente das
parroquias da Terra de Viveiro…
Aínda
manexando fontes moi limitadas e incompletas, coidamos poder afirmar
que o grande repto que se marcou “Vivero y su Comarca” a partir
de 1926, a xeito de culminación de todo o seu labor no distrito, foi
o de poder axudar a dotar á propia vila do Landrove dun Grupo
Escolar de nova construción, que permitise prescindir dunha vez por
todas dos locais do antigo convento franciscano. De feito, o mestre
titular desta escola, José Mª Pereda, dirixiu en 1926 un rogo en
tal sentido á revista Vivero en Cuba
e dous anos despois o propio presidente da sociedade, López
Menéndez, visitou Viveiro para promover en persoa a constitución
dunha delegación da sociedade na vila que laborase co obxectivo de
conseguir grupos escolares para a vila e para as parroquias de
Celeiro, Covas e Landrove.
Do
que aconteceu a seguir tomamos información ofrecida polo xornal
coruñés republicano El
Noroeste
tempo despois, en 1933, nun artigo moi crítico, cómpre advertilo,
coa figura de Taladrid Catá. Unha vez que o presidente da directiva
da sociedade, López Menéndez, abandonou a localidade e regresou a
Cuba, dísenos no citado xornal, “vino enseguida Taladrid y se
dedicó a hacer una propaganda, pero ajena a la consecución de estos
grupos, fue en otro sentido muy distinto, por eso ha alicaído el
entusiasmo de los simpatizantes de esta Delegación”.
Os
eloxios de Luís Bello no diario El
Sol
Aínda
que nunca faltaron, como vimos, medios de comunicación e publicistas
que glosasen en toda época as excelencias e méritos das iniciativas
de “Vivero y su Comarca”, non pode deixar de anotarse a
importante repercusión que sobre a imaxe positiva da entidade
tiveron (nun momento en que o seu devalo semella imparábel e no que,
de ser certa a nosa impresión, existen serios desaxustes ou
discordancias entre o presidente efectivo e o presidente fundador por
mor do asunto do Grupo Escolar de Viveiro) os artigos que lle
consagrou o xornalista Luís Bello Trompeta nas planas do prestixioso
diario madrileño El Sol
a finais de 1929.
O
das escolas promovidas por “Vivero y su Comarca” parecíalle a
Bello un fenómeno que “honra a Galicia” e que expresaba a feliz
conxunción de “iniciativa individual” e “concurso voluntario y
generoso del pueblo”, en contraste con determinadas circunstancias
que falaban ás claras da indolencia do Estado nese eido. O enclave
da escola pública da vila, rexentada polos mestres José María
Pereda e Antonio Alonso Mateo nos baixos do claustro de San
Francisco, xusto a carón do cárcere, suscitaba por exemplo o total
desagrado do noso articulista, ao contrario do que a escola de Vieiro
e a Biblioteca Popular Circulante posta en marcha en outubro de 1929
polo seu mestre, o aragonés Felipe Carnicer, dignas de todo o seu
eloxio. No
terceiro artigo da súa serie, Bello escribe: “(…) me complazco en elogiar
esta obra sencilla, modesta y perseverante de los hijos de Vivero,
que acordándose de su niñez y sabiendo, acaso por experiencia (…)
que a veces llega la fortuna cuando ya es tarde para comenzar la
instrucción, unen sus fuerzas, y entre todos van construyendo, año
tras año, las escuelas de su comarca (…) Sin embargo, no son ricos la
mayoría de los socios de Vivero y su Comarca en Cuba. Habrá
industriales y comerciantes establecidos, pero entre seiscientos o
setecientos, muchos han de ser dependientes, y algunos habrá que
empiezan a luchar. Es muy interesante ver cómo han ido realizando su
obra, que alcanza ya a veinticinco escuelas construidas con vivienda
para los maestros casi todas y a otras tantas dotadas o reparadas. No
se ha hecho por grandes donativos, sino con los fondos sociales, poco
a poco, en cerca de veinte años, esfuerzo que bien podría
realizarse aquí si hubiera voluntad”.
Mais
a carón destes eloxios, Bello sinala algunha reservas que cómpre
traer a colación. A máis importante é que as sociedades de
instrución como “Vivero y su Comarca” acababan desexando
exercer, en demasiadas ocasións, tutelas que non lles correspondían
sobre o labor pedagóxico dos mestres nacionais que atendían os
establecementos escolares por aquelas erixidos, financiados ou
dotados. En palabras do articulista, que coidaba preciso evitar ese
tipo de inxerencias, “por natural interés y con la sana intención
de seguir cooperando a una buena obra social, los fundadores entran
en lo que ya es privativo de la enseñanza y, sobre todo, en el
trabajo del maestro”. Fronte á opinión expresada por Taladrid
Catá, no sentido de que “de autoridades hacemos nosotros cuando
dirigimos y ejecutamos obras, desinteresadamente, en pro de la
enseñanza nacional”, Bello defende a súa posición, que resulta
“contraria a toda tutela que no sea la del Estado”.
Tras
aproximadamente vinte anos de traxectoria, “Vivero y su Comarca”
levaba investidas máis de medio millón das antigas pesetas en
edificios de nova planta (434.990 ptas.), en materiais e mobiliario
de aulas (90.000 ptas.) e en doazóns para axudar a habilitar,
reparar ou construír edificios escolares de propiedade municipal
(12.660 ptas.). Os edificios construídos a exclusivas expensas da
sociedade, todos co correspondente patio e a maioría con espazo para
a biblioteca, eran en 1930 estes que relaciona Bello nun dos seus
artigos:
- Grupo escolar de Fornos, parroquia de Bravos, con dúas escolas (unitaria) e locais anexos para vivenda dos mestres, auga corrente e instalación sanitaria: 51.711’25 pesetas.
- Grupo escolar de Borra, parroquia de San Pantaleón, con dúas escolas (unitaria), auga corrente e instalación sanitaria: 32.760’35 pesetas.
- Grupo escolar de Outeiro, parroquia de Merille, con dúas escolas (unitaria) e auga corrente: 17.712’80 pesetas.
- Grupo escolar de Vilar, parroquia de Riobarba, con dúas escolas (unitaria) e instalación sanitaria: 31.621’75 pesetas.
- Escola mixta de Aurá, parroquia de Valcarría, con local anexo para vivenda do mestre, auga corrente e instalación sanitaria: 31.586’75 pesetas.
- Escola mixta de Carelle, parroquia do Burgo (Muras), con vivenda do mestre e instalación sanitaria: 21.819 pesetas.
- Grupo escolar de Belsar, parroquia de Xerdiz, con dúas escolas (unitaria), auga corrente e instalación sanitaria: 27.300 pesetas.
- Escola mixta de Silán, parroquia homónima, con auga corrente e instalación sanitaria: 24.766 pesetas.
- Grupo escolar de Ruanova, parroquia de Magazos, con dúas escolas (unitaria), auga corrente e instalación sanitaria: 30.666 pesetas.
- Escola mixta de Irixoa, da parroquia homónima, con instalación sanitaria: 22.776’15 pesetas.
- Escola mixta de Boimente, con instalación sanitaria: 23.237’40 pesetas.
- Escola mixta de Ambosores, con vivenda anexa do mestre, auga corrente e instalación sanitaria: 28.500 pesetas.
- Escola mixta de Chavín, parroquia de Cabanas, aínda en construción á altura de 1930, con local anexo para vivenda do mestre e auga corrente: 25.433’30 pesetas.
- Escola mixta de Troia, parroquia de Cabanas, con vivenda do mestre, auga corrente e instalación sanitaria: 21.700 pesetas.
- Escola mixta de Ribeira de Baaamonde, parroquia do Burgo (Muras), aínda en construción en 1930, con vivenda do mestre, auga corrente e instalación sanitaria: 21.700 pesetas.
- Escola mixta de Xuanceda, parroquia de Ourol, tamén en construción aínda, con vivenda do mestre, auga corrente e instalación sanitaria: 21.700 pesetas.
Soto
Reguera e Taladrid no ollo do furacán democratizador
A
renuncia de Primo de Rivera ao poder, a comezos de 1930, abriu un
período confuso e inestábel, coñecido habitualmente co expresivo
nome de Dictablanda, no que foron sentándose, en definitiva, as
bases do que había de converterse na esperanzada e un tanto
sorpresiva aurora republicana de abril de 1931.
Mentres
en Cuba a sociedade “Vivero y su Comarca” impulsou desde 1929 o
funcionamento no seu seo dun Comité de Damas, presidido pola
señorita María Ladra (filla de Ramona Fernández e de José Ladra,
vocal á sazón da xunta directiva), Taladrid Catá regresou a
comezos de 1930 por breve tempo á Illa. Segundo informa a revista
viguesa Vida gallega
(20.1.1930), o fundador da sociedade fixo en tal ocasión entrega á
directiva societaria da impresionante cifra de 100.000 pesetas.
Semellante doazón motivou, de inmediato, unha campaña de “Vivero
y su Comarca” (na altura presidida por José López Menéndez) e da
súa revista Vivero en Cuba
(dirixida por F. Almoina), para conseguirlle a Taladrid Catá o
título de fillo predilecto de todos e cada un dos concellos que
conformaban o distrito de Viveiro. En Xove aprobarase unha moción en
tal sentido no trancurso da sesión plenaria celebrada o 3 de maio de
1930. Pouco despois, o entón alcalde viveirés, José Santiago
Seijo, prometerá nunha carta ao director da citada revista levar a
proposta a un vindeiro pleno municipal…
Diríase,
pois, que, a despeito da inestabilidade política e das tensións
sociais do momento, chegara para o pro-home Taladrid e para a súa
obra o instante da rendición de homenaxes… Mais o que aconteceu,
ben ao contrario, foi que o seu aberto e explícito compromiso nos
anos precedentes co réxime ditatorial agora en descomposición o
colocaron na diana de todos os sectores que dentro e fóra da
sociedade viveiresa reclamaban con cada vez maior intensidade a
instauración dun réxime democrático en forma republicana. E outro
tanto acontecerá co grande benefactor político da sociedade “Vivero
y su Comarca”, Soto Reguera. Ambos serán, se así pode dicirse, os
máximos expoñentes da maneira de facer política e de gobernar os
asuntos públicos que precisamente nesa coxuntura un número cada vez
maior de cidadáns abomina e quere superar.
E
de aí o que acontece durante o verán de 1930 na nosa vila, que non
é senón unha
campaña cívico-política de enorme intensidade e relativo éxito
contra a pretensión de José Soto Reguera (apoiado, como non, por
Taladrid Catá) de ser candidato polo distrito viveirés nas
eleccións que o xeneral Berenguer presuntamente ía convocar en
breve... Despois de ter acaparado como liberal-dinástico a
ostentación do escano polo distrito durante máis dunha década,
Soto “reconverteuse” axiña tralo 13 de setembro de 1923,
emprestou total adhesión ao réxime saído do golpe de Primo de
Rivera e acabou militando no partido único da ditadura, a chamada
Unión Patriótica. En recompensa a estas novas fidelidades e
servizos emprestados, foi elevado manu
militari
á presidencia do Ateneo madrileño polo propio ditador cando desde
esta prestixiosa institución cultural máis críticas arreciaban
contra o Directorio.
O
antigo delegado coruñés de “Vivero y su Comarca”, Antón Villar
Ponte, será unha das figuras que alentará esta campaña contra Soto
Reguera desde as planas do diario vigués El
Pueblo Gallego co artigo “Desde
Vivero. Ética civil y ética caciquil" (7.8.1930):
“Por
eso si Soto Reguera fuese un cunerillo del montón, al igual que lo
fué hasta el advenimiento de la Dictadura, afanoso de buscar en la
llamada política de grifo y vaso lo que su falta de talento le
impedía conseguir en otras lizas, yo me olvidaría hasta del nombre
que tiene, considerándolo uno de tantos actorzuelos de la farsa
electorera española. Pero ahora ostenta un descrédito funesto que
lo hace tristemente célebre como ex-asistente arribista de un tirano
de botas marciales, a cuyo servicio se puso, cuadrado de espaldas a
todo sentido civil y a toda consecuencia ideológica, para apagar el
fuego vestálico de la libre cultura ateneística nacional con el
hielo opaco de su ambición. Y ahora, tanto o más que por Vivero,
por Galicia, yo que me precio de ser Gallego con g mayúscula, tengo
que dejar oír mi voz honrada en pleito tan pestífero, a sabiendas
de que no estoy solo y de que me acompañan todos los intelectuales
hispánicos en este mi noble gesto pro dignidad regional”.
Ningún
dos pretensos méritos alegados polos admiradores de Soto (concesión
de diversas obras públicas para o distrito, dotación de mestres
para as escolas de "Vivero y su Comarca", etc.) lle
parecían ao noso xornalista suficientes en número e entidade como
para compensar as máculas cívicas do interfecto, máxime se se tiña
en conta que
“(...)
si Soto los ha procurado no fué tanto por cumplir un deber de buen
ciudadano, como por asegurar con el mínimo esfuerzo personal el
distrito para sus conveniencias políticas, como lo prueba el hecho
de que, cuando tuvo verdadero ascendiente en un Gobierno (que fué el
de la Dictadura) creyendo lejana la preocupación del acta de
diputado, no se acordó de Vivero ni poco ni mucho, pese a que
entonces llovían los frutos del favoritismo sobre sin fin de pueblos
con la más alegre de las facilidades, resultando así el distrito de
que ahora quieren hacerlo hijo adoptivo uno de los únicos que se vió
en el supremo desamparo”.
Aínda noutro artigo posterior ao citado
volvería o autor de Almas mortas
referirse a Soto Reguera como
“personajillo audaz y desaprensivo” e como “individuo de
lamentable historia que traicionó a Alba para pescar truchas a
bragas enjutas en los Saltos del Alberche y en otros saltos de aguas
más revueltas, prestándose a ser instrumento servil de la dictadura
desde la presidencia del Ateneo de Madrid contra lo mejor de la
intelectualidad española” (El
Pueblo Gallego, 9.9.1930).
Esta
campaña foi secundada por moitos outros xornalistas e intelectuais
galegos: Lesta Meis, o redactor do xornal A
Nosa Terra
Vítor Casas, os promotores do semanario lugués republicano
¡Ahora!...
Tamén se sumaría o tipógrafo e destacado sindicalista viveirés
García Atadell, quen no artigo "Hablando a mis paisanos. Hay
que evitarlo", que apareceu en El
Socialista, indicaba: “(…) tengo
la seguridad de que los trabajadores organizados vivarienses no
homenajearán al triste cunero ex-diputado. Y esto indica que sólo
los intelectuales (salvando excepciones) y los capitalistas harán
grata la estancia en el vergel del Landro al más ingrato de los
diputados que Vivero tuvo la desgracia de soportar (…) Mientras
tanto, fuertemente unidos, evitaremos a Vivero, nuestra ciudad natal,
el sonrojo de verse representado en Cortes por el más vil de los
viles, José Soto Reguera”.
Cando finalmente o ex-deputado visitou Viveiro
no transcurso das festas patronais de agosto de 1930, a cidadanía
progresista da localidade agasallouno
con
diversas mostras públicas de rexeitamento. Ramón Villar Ponte, p.
ex., asinou unha folla voandeira intitulada “A todos los ciudadanos
del distrito vivariense”, que foi profusamente repartida. Nela
defendía a total incompatibilidade de Viveiro con Soto Reguera
(“nefasto antes, en y después de la Dictadura”); facía historia
crítica da súa traxectoria mencionando as súas principais "faltas"
cívicas: Presidencia do Ateneo, Saltos do Alberche, abandono e
desatención do Distrito viveirés, etc.; desvelaba o apoio que
emprestaba ao seu cacicato a sociedade “Vivero y su comarca”; e,
finalmente, aludía á súa figura de maneira burlesca como "audaz
mofletudo de la sonrisa de pepona".
Antón Villar Ponte, pola súa banda, redixiu baixo o pseudónimo de
“Podrén del Río” unha parodia do poema "Marcha Triunfal"
de Rubén Darío, intitulándoa "La Marcha Asnal". A
humorada, que circulou tamén profusamente en folla solta sen pé de
imprenta, dicía así:
"¡Ya viene el cortejo!
Ya viene el cortejo! Ya se oyen los burdos
chinchines.
La farsa se anuncia con traza de antruejo,
ya viene, horro y serio, el cortejo de los
adoquines.
Ya pasa debajo los arcos de verde que añoran
algunos primates,
los arcos rurales en donde las flamas
tremolan sus largas lengüetas,
la recua solemne de los botarates
guiada por vivos caciques maestros de
tretas.
Se escucha el ruido que forman los autos de
los viajeros,
los frenos que tascan los viles villanos de
a perra,
las patas que hieren la tierra,
y los majaderos
que el paso acompasan con ritmos asnales.
¡Tal pasan los que alzan cuneros
debajo los arcos rurales!
Los burdos chinchines de pronto levantan sus
sones,
su canto inodoro,
su áspero coro,
que envuelve en cien muecas de loro
la torpe codicia de los cacicones.
El dice la zafia, la absurda esperanza,
los hórridos fines, los rudos regüeldos de
boca y de panza,
la farsa que sueñan caciques ruines
de a perra
que son adoquines,
babosas que arrastran su hiel por la tierra.
Los burdos sonidos
anuncian el advenimiento
del vivo de historia;
dejando el picacho que guarda sus nidos,
tendiendo sus alas tan negras al viento
los cuervos exclaman: "Pepón, vete a
Coria".
Ya pasa el cortejo.
Señala un anciano los pillos a un cojo
- ver como la cara del viejo
repleta de ira se tiñe de rojo! –
Las lenguas comadres, a vueltas, se tornan
rumores,
y hatos de imbéciles dánse a la fisga
curiosa;
y una babosa
sonríe al vil siervo de los dictadores.
¡Horror al que trajo consigo la trupe
fullera!
¡horror al vendido y horror a los fieles
que bien le ayudaron a hacer la carrera!
¡Chinchines! ¡Peleles!
Las viejas comadres de ojos astrosos
desde sus ventanas recuerdan la historia de
Mamed de Grañas
- las viejas comadres modernos y fieles
esquejes de Maricastañas,
que entran a saco en los nombres y famas con
furia de osos -.
Bocinas de autos resuenan;
de peste los aires se llenan...
- A aquellas antiguas farsadas,
a aquellos malditos cuneros
que encarnan hazañas pasadas
¡Y al sol que hoy alumbra las nuevas
vergüenzas llegadas,
y al vivo que guía su recua de imbéciles
hueros;
al que lleva las manchas de rancho en el
terno;
al que ha secundado la ley cuartelera del
muerto tirano,
las machadas de Severiano,
los chivos
del Duque su amigo fraterno,
saltando al Alberche,
(¡Oh, pobre Ateneo que ha visto su gesto
inmoral)!
saludan con grandes orneos burrescos los
cerriles cofrades de la banda asnal".
En
numerosas rúas e prazas da vila do Landrove apareceron entón
pintadas de contido crítico alusivas a Soto Reguera. Relata nas súas
memorias Lois Tobío, un dos galeguistas que participaron nesas
manifestacións: “Pero cando se anunciou a visita, Ramón Villar
Ponte, que era moi femente para estas cousas, axuntou a un fato de
amigos, eu entre eles, para facerlle unha demostración de protesta
cando chegara; e ao que Soto Reguera viña no seu impresionante auto
negro, na entrada da vila, atopouse cunha recepción que non esperaba
e cuns grafitti
no chan, diante do Asilo, nos que se vía una enorme bulsa de diñeiro
co letreiro Alberche
e unha frecha indicando que aquel diñeiro debía ir para os pobres”.
A
caravana
de vehículos en que Soto Reguera arribou á vila foi recibida,
efectivamente, cunha estrepitosa protesta de apupos, asubíos e
berros organizada, segundo informaba entón El
Pueblo Gallego
(20.8.1930), por “grupos de obreros y estudiantes”. Como
consecuencia, as propias forzas vivas da localidade mariñá, afectas
até había ben pouco á Ditadura, deberon intuír finalmente que non
era a de Soto Reguera a carta pola que lles conviña apostar nesa
conxuntura, pois pouco despois destes incidentes facían público
mediante manifesto o seu apoio diante dunha hipotética convocatoria
de comicios ao candidato Ramón Cortiñas Riego, natural da
localidade (era fillo do filántropo Melitón Cortiñas), rexistrador
da propiedade de profesión e, nesa altura, gobernador civil da
provincia de Burgos.
O
rexeitado Soto Reguera, que acollería no seu chalé da Misericordia,
a finais dese mesmo verán de 1930, a algúns dos máis destacados
propagandistas e impulsores da chamada “Unión Monárquica”
(Calvo Sotelo, José Antonio Primo de Rivera, o Conde de Guadalhorce,
etc.), acabaría militando durante a 2ª República na extrema
dereita representada polo Bloque Nacional calvosotelista.
Será
neste preciso pero convulso marco cando editará Taladrid Catá, como
defensa do seu labor e como arroupamento para as pretensións
políticas que albergaba novamente Soto Reguera no distrito, o
primeiro dos seus dous opúsculos, Progreso
del distrito de Vivero en los años 1910 a 1930,
que
infelizmente non puidemos consultar para a confección deste
traballo. Interesa subliñar, en todo caso, como o posicionamento
pro-ditatorial de Soto Reguera e Taladrid na delicada situación
histórica de 1930 arrastrou consigo boa parte do prestixio e da
adhesión de que “Vivero y su Comarca” gozara ata entón entre
moitos demócratas.
Ocaso
societario na aurora republicana

Pouco campo de verdadeira intervención lle restaba neste escenario a unha entidade como “Vivero y su Comarca”. As dificultades e apretos económicos da masa emigrada en Cuba sumáronse ao descrédito dos seus grandes valedores na Península e no distrito viveirés (Soto Reguera, Taladrid…). Na nova fase democrática, o bo nome da entidade ficou contaminado inevitabelmente pola actitude deses seus históricos representantes, identificados entón publicamente como desprezábeis caciques primorriveristas. Chegado o momento, Taladrid mesmo ha ser acusado en 1933 de entorpecer adrede as xestións que se realizaban na nosa vila para a construción do ansiado Grupo Escolar.
Mais
a fariña deste costal, como a da historia de “Vivero y su Comarca”
desde o fatídico 36 en adiante, ben merece outras muiñadas máis
excelentes e documentadas que esta nosa que aquí concluímos coa
esperanza de termos sabido colmar os desexos de moitas persoas de
saber máis sobre unha das entidades máis emblemáticas e
apaixonantes do Viveiro do pasado século. Así sexa.