O pasado venres 28 de outubro faleceu en Viveiro meu pai, Emilio Antonio Ínsua García.
Para el, que xa descansa para sempre, estes versos de amor, escritos na madrugada do día da súa definitiva partida.
O corazón está en vixilia
mentres te nos vas indo, pai.
Foches un agasallo da vida,
un orballo de agarimo entregado
constantemente.
Non houbo sede
para a que non tiveses
auga que nos dar.
Non houbo soño
ao que non lle insuflases
amor, alento e riso.
Non houbo un só intre
en que nos fallase
o teu aceno de amor
inundándonos o corazón
por sempre e para sempre.
Este comentario foi eliminado polo autor.
ResponderEliminarOla Emilio, fermoso poema, só quería facerche chegar o meu agarimo na túa perda tan grande. Moito ánimo dende o outro lado da ría. Bks.
ResponderEliminarUnha forte aperta para ti, Antón e todos os teus. Carlos Aymerich
ResponderEliminarUnha forte aperta, con castañas quentes nas mans. Para ti e os teus,
ResponderEliminarEmilio: recibe unha aperta cálida e solidaria de quen vos aprecia desde a beira do Tea. AR
ResponderEliminarUnha forte aperta, Emilio.
ResponderEliminarApertas a Uxi, Antón , vosa nai e mais ti. Viveiro botará en falta un paseante afable e sabio.
ResponderEliminarMoito ánimo e todo o meu pesar.
ResponderEliminarFrancisco Xavier Redondo Abal
Querido Emilio, envíoche unha aperta agarimosa e sentida dende Madrid que fago extensiva a toda a túa xente.
ResponderEliminarJaime Mariño.