Na
Facultade de Filoloxía da Universidade Complutense de Madrid constituíuse no
seu día un Centro de Estudos Galegos que, entre outras moitas actividades, ven editando
anualmente desde 1998 a revista Madrygal, baixo a dirección de Carmen Mejía Rey e a secretaría de Ricardo
Pichel e Javier Rivero.
Nas páxinas desta publicación, concretamente nos volumes 16 (2013) e 17 (2014), apareceu un traballo sobre a pintora Maruja Mallo debido á tamén viveirense de nación Mª Antonia Pérez Rodríguez (filla do Charrán), profesora na Universidade da Coruña, experta documentalista, estudosa da actividade cultural e editorial do exilio galego en México e Arxentina, recoñecida especialista na figura de Manuel Bujados e actual presidenta da emblemática Asociación Cultural “O Galo” de Compostela.
Na primeira entrega (vol. 16, páxs. 73-86), Mª Antonia ofrece unha pormenorizada análise da correspondencia cruzada entre o 20 de febreiro de 1938 e o 25 de agosto de 1945 entre a artista e o escritor e diplomático mexicano Alfonso Reyes (1889-1959). Son un total de vinte e tres epístolas que Mª Antonia transcribe e anota con rigor exquisito, na continuación, no volume 17 (páxs. 81-98) de Madrygal.

O traballo de María Antonia resulta enormemente revelador, por canto achega información moi valiosa para comprendermos o decorrer dos primeiros anos do exilio americano de Maruja Mallo. Coñecemos agora, con algún pormenor, cal foi a rede de acollida de que se valeu a pintora na súa aterraxe bonaerense, os lugares en que residiu inicialmente (casa do escritor Raúl González Tuñón, embaixada de México e embaixada de España), as estratexias que despregou para asentar nese novo medio socio-cultural e para satisfacer as súas lóxicas necesidades pecuniarias, os vaivéns das súas relacións de amizade con algunhas outras artistas e intelectuais (Gabriela Mistral, Victoria Ocampo, Rosa Mª Oliver…) e a súa participación non pequena na posta en marcha de dúas grandes editoras do Novo Continente, como foron “Losada” e “Sudamericana”.
Grazas a Mª Antonia temos agora mellor dimensionada tamén a fonda relación que uniu a nosa pintora co xornalista de orixes uruguaias, promotor da editora “Atlántida” e relevante autor de literatura infantil Constancio Cecilio Vigil (1876-1954). A enfermidade e morte deste home causoulle a Maruja unha das máis fondas depresións experimentadas ao longo da súa vida, maior se cadra que a vivida antes da guerra civil cando se produciu a súa ruptura sentimental co poeta gaditano Rafael Alberti.
Precisamente para unha das coleccións da editora Atlántida, denominada “Billiken” e dedicada aos clásicos da literatura xuvenil, fixo Maruja Mallo diversas ilustracións, traballo este do que nunca presumiu, talvez porque fose afrontado unicamente pro pane lucrando. Tamén Castelao botaría man deste recurso para gañarse a vida nos primeiros compases do seu exilio bonaerense. Cómpre ter presente que varios intelectuais galegos máis traballaron para a editora de Vigil, como Rafael Dieste (e a súa esposa Carmen Muñoz), Otero Espasandín ou Luís Seoane.
Coñecemos nesta correspondencia, da mesma
maneira, o labor de Maruja como encargada da confección de decorados para a
posta en escena da Cantata en la tumba de Federico García Lorca, do
propio Alfonso Reyes, que representaría na sala Smart de Bos Aires en decembro
de 1937 a compañía de Margarita Xirgú, con música do compositor catalán Jaume
Pahissa (1880-1969).
Viña sendo un segredo a voces, en fin, que Maruja Mallo, a partir de certa altura, abandonou o seu activismo pro-republicano e anti-franquista no exilio, rompeu vínculos con destacados membros da intelectualidade galega (Blanco Amor, Seoane…) e se acomodou no trato habitual con segmentos moi privilexiados, conservadores e aristocráticos da sociedade arxentina, logo vinculados máis ou menos directamente ao peronismo. Así o poñen de manifesto o seu traballo de decoradora e deseñadora de mobles para a casa Comte en Bos Aires e os seus períodos vacacionais nos máis luxosos hoteis de Punta del Este (Uruguai), que aproveitaba para vender obra entre a jet brasileira e porteña que alí veraneaba. A este respecto, indica a propia Mª Antonia (2016: 79) que "durante sete anos Maruja permaneceu dentro desta esfera relacional, quizais porque iso lle permitía introducirse no nicho social con maior capacidade económica de Arxentina (…). Ficar nese círculo debe entenderse contemplando a súa condición de muller soa nun país extranxeiro onde os exiliados non gozaban de aprezo".
O traballo de Mª Antonia Pérez abre, en definitiva, fiestras polas que pasa nova luz sobre a etapa do exilio da pintora de Viveiro, no camiño dunha biografía completa e exacta á que no seu día, humildemente e aínda que haxa quen queira negárnolo e ande a nos marxinar cando pode de programas e actos, tamén contribuímos.