Envólvome na manta cálida
do teu recordo.
Evoco a túa voz, o teu riso
e o teu paso.
Abro unha xanela de memoria
luminosa
pola que penetran os teus
xestos
de pai abnegado, humilde e
xeneroso.
a dimensión da túa entrega:
tanto e tanto amor
destilado en innúmeras
horas caladas de dedicación.
Bebo nos ventos que alimentaron
día tras día
os lumes do teu peito,
incendiado de honradez,
repleto de apertas
acolledoras, caridade e compromiso.
que un día sementaches sen
poñer taxa, a eito,
sen esixir absolutamente nada
a cambio.
tesouro dondo, cristalino e
intacto
que me acompañará mentres
eu propio perdure.
EMILIO XOSÉ ÍNSUA
28 de Outubro de 2026


