eu

eu
eu

martes, 19 de marzo de 2019

NO PRIMEIRO CENTENARIO DE JOSÉ ÍNSUA LÓPEZ, PEPE DA MOTA (II)


1
Cargadoiro da mina da Silvarosa, na ría de Viveiro, ca. 1910.  Foto de Pepe da Mota

1. Perfil da “Sociedad de Obreros”.

Ademais de rexentar en arrendo a Casa-Teatro de Viveiro no período de entre séculos, como xa explicamos na anterior entrega, Juan Antonio Ínsua Dorado, o pai de Pepe da Mota, exerceu durante algún tempo a presidencia da “Sociedad de Obreros”, unha entidade sobre cuxa historia queremos agora dar algunhas pinceladas, aínda que iso ralentice unha miga o noso relato sobre as raíces familiares e a traxectoria do noso devanceiro.

Fundada en decembro de 1888 a imitación da “Sociedad de Obreros” de Mondoñedo (1881) e ao abeiro do disposto na Lei de Asociacións promulgada o 30 de xuño do ano anterior[1], a “Sociedad de Obreros” de Viveiro tiña un carácter estritamente mutualista[2], orientado a paliar as intemperancias a que os traballadores se puidesen ver sometidos (incapacidade, enfermidade, vellez…), a diferenza de entidades posteriores de signo ou ben simplemente corporativo, como a sociedade “Honradez y Laboriosidad”, que agrupou por breve tempo en 1903 o gremio dos xastres[3], ou ben máis reivindicativo e combativo que aparecerían na vila do Landrove nos primeiros compases da vixésima centuria, como a sociedade de carpinteiros “La Prosperidad” (1902), a “Agrupación Socialista” (1903) e, algo máis tarde, a “Sociedad de Obreros del Ramo de la Construcción” (1918)[4].  A constitución efectiva da “Sociedad de Obreros” viveirense foi notificada ao público lector de prensa por El Regional de Lugo nestes termos:

Se ha inaugurado en dicha localidad la Sociedad de Obreros, con numerosísima concurrencia. Pronunció un extenso discurso don Pedro M. Trobo [alcalde], á quien siguieron en el uso de la palabra los señores García Lamas, Lorenzo, Cordido, [Vicente] Leal y [Tomás] Galdo; leyendo una composición poética D. Camilo Arias, resumiendo el señor alcalde. Durante el acto, la banda municipal ejecutó algunos números de su repertorio[5].

O confesionalismo da nova entidade era explícito e foron continuas as mostras de proximidade ao espectro ideolóxico e organizativo do chamado “catolicismo social”, unha corrente que bebeu doutrinariamente as súas orientacións principais dos contidos da encíclica Rerum Novarum (1891) do Papa León XIII. Por iso mesmo, a “Sociedade de Obreros” de Viveiro colocouse desde o comezo baixo o padroado simbólico de San Francisco de Asís; nomeou en 1894 presidente de honra ao bispo de Mondoñedo[6], que lle fixo entrega de diversas axudas[7]; colaborou estreitamente coa “Juventud Católica” da localidade[8]; fixo parte do comité de recepción do Nuncio papal monseñor Ragonessi na súa visita á vila do Landrove en agosto de 1915; ofreceu reiteradamente a súa tribuna para a celebración de conferencias por parte de clérigos da zona; participou co seu estandarte e representación directiva en todo tipo de eventos e desfiles litúrxicos; concorreu aos actos do primeiro centenario do nacemento do fundador da Adoración Nocturna, o viveirense Luís Trelles Noguerol; etc., etc.

Con todo e con iso, a “Sociedad de Obreros” viveirense resistiu os intentos de control absoluto por parte das autoridades eclesiásticas da diocese de Mondoñedo e nunca se converteu strictu sensu, como algúns sectores non obstante pretenderon, nun verdadeiro “Círculo Católico” ao estilo dos existentes nesa época noutras moitas localidades. O propio bispo mindoniense, Manuel Fernández de Castro, tras cursar visita pastoral a Viveiro en xuño 1891 e asistir persoalmente a unha das xuntanzas da entidade, anotaría o seguinte comentario, ben elocuente:

Hay además un Círculo o Sociedad de Obreros, que tiene por patrón a San Francisco, como el de Mondoñedo tiene a San José, pero nada más. Asistí a una de sus reuniones y les di una plática. No entran por constituirse con Reglamento de Círculo Católico[9].

Tampouco se librou a entidade viveirense das inxerencias e efectos da loita de bandos “turnistas” da política a nivel municipal, recibindo apoio ou agravio alternativamente en función da simpatía ou antipatía que polas súas orientacións, o seu labor ou a composición das súas directivas sentisen os sucesivos “alcaldes por real orden”, fosen estes da corda liberal ou da conservadora. Nesta orde de cousas, parécenos ben reveladora a seguinte anécdota, que relatou El Regional de Lugo en xullo de 1911:

Varios socios de la agrupación obrera de Vivero escriben á un colega regional una extensa carta justificando la no concurrencia de aquella colectividad á los actos celebrados allí estos días con motivo de las fiestas de la Eucaristía. La Sociedad había sido previamente invitada para asistir á la procesión, y, con efecto, concurrió en colectividad al acto. Parece que por cuestiones de etiqueta, de señalamiento de puestos, hubo un ligero incidente, y esto determinó que la Sociedad de Obreros de Vivero no tuviese en la comitiva la representación adecuada. Lo sucedido produjo la natural molestia á los obreros, que se han sentido preteridos, imputando lo ocurrido á minucias de orden político, ajenas por completo al acto religioso que se celebraba. En Vivero ha sido comentadísimo[10].

2. Á procura dunha “harmonía social” que resultou quimérica

Tamén é verdade que, a pesar do que poida dar a entender aparentemente a súa propia denominación de “Sociedad de Obreros”, foi sempre unha sociedade “mixta”, non “de clase”. No seu seo, efectivamente, ao lado dunha masa ampla de asociados de orixes artesanais e proletarias, atopamos non poucos propietarios, elementos da burguesía comercial local e membros do clero das parroquias viveirenses. Neste sentido, un dos seus protectores máis destacados, pois cedeulle gratuitamente o local de que dispuxo e sostivo economicamente tanto as súas clases nocturnas como o seu, así chamado, “Comedor de Caridad”, foi o indiano filántropo Melitón Cortiñas Rodríguez (Galdo, 1848-Viveiro, 1933), designado presidente honorario da entidade en 1919 e obxecto de explícitas homenaxes por ese motivo como a que relatou o xornal católico La Integridad:

VIVERO.- Revistió gran solemnidad el acto de descubrir en esta villa una lápida costeada por la Sociedad de Obreros a la memoria de su benefactor D. Melitón Cortiñas Rodríguez, y fijada en la fachada de la casa social por éste regalada a la misma sociedad. Al acto concurrieron las autoridades, todos los obreros y muchas otras significadas personas, pronunciándose discursos alusivos por los distinguidos jóvenes D. Alfonso Quintana, alumno de la Facultad de Derecho; D. Fernando Pérez Barreiro, abogado y D. Manuel Antonio Méndez, obrero. Las bandas de música de Ribadavia y Vivero, ejecutaron unidas el himno nacional[11].

Este sector non operario nin artesanal presente na “Sociedad de Obreros” (auto)adxudicábase nela un rol orientador, “protector” e financeiro, velando, claro está, por impedir calquera signo de solidariedade no seu seo con folgas e manifestacións obreiristas contestatarias[12] e mobilizando a masa asociada, chegado o caso, para amparar as súas propias reivindicacións, como é o caso da construción do ferrocarril da Costa[13]. A cambio desa “protección”, os membros dese sector figuraban frecuentemente nos postos directivos e honoríficos da entidade e recibían por iso mesmo certa auréola social filantrópica.

Neste sentido, cómpre engadir que a “Sociedad de Obreros” contou en non poucas ocasións con axudas e subvencións oficiais para o cumprimento dos seus fins[14], máxime cando acabou por se erixir nunha especie de alternativa “moderada” e “de orde” na que intentar integrar unha parte do elemento popular fronte ao societarismo proletario máis combativo e ideoloxizado que arraigou na comarca da man das mobilizacións mineiras da Silvarosa entre 1901-1906 e que cobrou auxe a partir dos anos 20 da pasada centuria, fose de signo anarquista, fose socialista, nun contexto presidido polas desigualdades sociais moi marcadas, a ausencia de organismos oficiais de prevención e protección, a mínima rede sanitaria e educativa pública existente e unhas condicións de traballo diríamos hoxe terceiromundistas: xornadas laborais de doce ou máis horas diarias, traballo infantil e feminino en condicións infrahumanas, pagamento de salarios misérrimos, etc.

Moi relevante foi, en concreto, o rol desempeñado pola “Sociedad de Obreros” na grave crise de subsistencias que se viviu, en Viveiro como no resto de Galiza e de España, durante 1917/1918. O Diario de Galicia compostelán informaba, nesa perspectiva, que 

La “Sociedad de Obreros” de Vivero, vista la imposibilidad de adquirir trigo en la Coruña para venderlo a sus asociados a precio remunerador, ha comprado una partida de 50 sacos de harina que conducirá el vapor “Landro” en el próximo viaje.
E1 gobernador de la Coruña, con quien se avistó un representante de dicha sociedad, ha manifestado que él no puede autorizar la salida del trigo de los almacenistas coruñeses, ínterin estos nieguen existencias; pero que autorizaría e1 embarque del trigo que adquiriere la “Sociedad de Obreros” siempre que el grano fuese comprado fuera del radio de la Coruña.
La “Sociedad de Obreros” ha escrito a Betanzos y a Avilés, con el fin de poder conseguir una partida de trigo[15].

En recompensa ao seu papel decisivo na xestión social desa crise, pois despregou varias iniciativas que paliaron os efectos da carestía ou ausencia de produtos de primeira necesidade entre as clases menos favorecidas, a entidade mutualista viveirense elixiu como novo presidente en 1918, en substitución de Francisco Fernández Regal[16], ao tipógrafo de orixes ferrolás e traballador da imprenta do Heraldo de Vivero Esteban Fernández Temprano[17], home de militancia socialista que deu novo pulo á “Sociedad de Obreros”, como testemuñan a reforma do seu regulamento levada a cabo en setembro de 1918 para que os socios enfermos cobrasen 1’50 pesetas diarias de socorro e para que en rexime de cooperativa a entidade puidese adquirir partidas de fariña, xabón, aceite e outros produtos básicos, actuando así como economato; as obras emprendidas no local da entidade[18] ou un intento (finalmente desbaratado, iso si) de contar como conferenciante nela ao líder da U.G.T. Francisco Largo Caballero o día 5 de xuño de 1921, para escándalo de determinados sectores da masa societaria, dos que se fixo eco o xornal católico coruñés El Ideal Gallego mediante un solto asinado por “Un obrero vivariense”[19].

Con todo, Esteban F. Temprano veríase duramente golpeado no plano familiar polo infortunio, ao perder sucesivamente varias fillas na flor da vida, e por esa e outras razóns, acabaría afastándose da primeira liña de acción societaria, de maneira que a propia “Sociedad de Obreros” volveu ao seu tradicional rego doutrinario e ideolóxico e os sectores máis afíns ao estamento clerical volveron exercer sobre ela decisiva influencia. Non é casualidade, visto desde esta perspectiva, que o seu presidente, Tomás Galdo López, fose un dos individuos chamados polas autoridades militares, unha vez implantada a ditadura de Primo de Rivera, para constituír a nova Corporación municipal viveirense[20] ou que nas directivas de 1928 e 1931 figurasen persoas de claro perfil pío e ideoloxicamente conservador[21]. Certo é que durante ese período ditatorial, a despeito de aparentes sintonías nas concepcións sociais e doutrinarias, non faltaron os problemas na relación entre a “Sociedade” e as autoridades locais, como se deduce deste texto publicado en El Pueblo Gallego:

Vivero.- Subvención.- Merece plácemes - y por ello le felicitamos cordialmente - la gestión del nuevo concejal de este Ayuntamiento D. Rafael Pérez, al conseguir que la corporación municipal otorgase, como era de justicia, a la Sociedad de Obreros la subvención de 500 pesetas anuales, que había sido suprimida anteriormente. A cada uno lo suyo; y por tanto un voto de gracias. […][22].



[1] Nesa Lei especificábase, no artigo 4º, que os promotores tiñan que presentar “dos ejemplares firmados de los Estatutos, Reglamentos, contratos o acuerdos por los cuales haya de regirse, expresando claramente en ellos la denominación y objeto de la asociación, su domicilio, la forma de su administración o gobierno, los recursos con que cuente o con los que se proponga atender a sus gastos y la aplicación que haya de darse a los fondos o haberes sociales, caso de disolución”. Polo artigo 10º, obrigábase tamén a que “toda asociación llevará y exhibirá a la autoridad cuando ésta lo exija registro de los nombres, apellidos, profesión y domicilios de todos los asociados, con expresión de los individuos que ejerzan en ella cargo de administración, gobierno o representación. Del nombramiento o elección de éstos deberá darse conocimiento por escrito al Gobernador de la provincia”. Contemplaba no artigo 12, por último, que “la autoridad gubernativa podrá penetrar en cualquier momento en el domicilio de una asociación y en el lugar en que celebre sus reuniones y mandará suspender en el acto toda sesión o reunión en que se cometa o acuerde cometer algunos de los delitos definidos en el Código penal”.

[2] Xa o diario católico vespertino El Lucense (núm. 1.214, 29.10.1888, p. 3), dando conta dos prolegómenos para a constitución desta entidade viveirense, sinalaba: “Según El Eco de  Vivero se trata de crear en aquella villa una sociedad de obreros, en la que tendrán cabida todos los que se dediquen á oficios mecánicos, y que perseguirá estos dos nobles y humanitarios fines: instrucción y auxilio”.

[3] Lemos sobre esta entidade no diario lugués El Regional (núm. 6.921, 21.1.1903): Honradez y Laboriosidad. -Aprobado por el Gobierno civil el Reglamento por que habrá de regirse la sociedad de sastres que con este título se ha constituido en Vivero, procedieron los socios al nombramiento de la siguiente Junta directiva: Presidente, D. Antonio Soto. Vice-Presidente, D. Francisco Yáñez. Tesorero, D. Antonio Méndez. Contador, D. Eduardo Paz. Secretario, D. Ramón Bermúdez. Vocales, D. Cándido lnsua y D. Miguel González”.

[4] Vide sobre o tema NUEVO CAL, C.: “O movemento obreiro en Viveiro”, en PEREIRA, Dionisio (coord.) (1992): Os Conquistadores Modernos, Vigo: Eds. A Nosa Terra, pp. 123-150.

[5] Cf. El Regional, Lugo, núm. 1.576, 09.1.1889, p. 2.

[6] Informaba nesta orde de cousas o diario lugués El Regional (núm. 4.330, 21.7.1894, p. 2): “El señor presidente de la Sociedad de Obreros y el director de El Diario de Mondoñedo, cumpliendo un honroso encargo de la de igual nombre de Vivero, entregaron el martes al Ilmo. y Rvmo. Señor Obispo de aquella diócesis, el Título de Presidente honorario ad vitam de los obreros de Vivero, dando con ello una prueba de cultura y buen gobierno y religiosidad”.

[7] En 1891, o Prelado entregáralle á sociedade un óbolo de 125 pesetas e en 1892 fixéralle unha doazón dun lote de libros para a Biblioteca, entre os que se atopaban un exemplar do Quixote cervantino e varias obras do Padre Coloma (El Eco de Galicia, Lugo, núm. 1.717, 03.2.1892, p. 3).

[8] Lemos no diario católico lugués La Voz de la Verdad (núm. 1.302, 10.11.1914, p. 1): “De Vivero.- […] Los profesores de la Juventud Católica comenzaron sus tareas de la enseñanza en los salones de la Sociedad de Obreros. Son muchísimos los alumnos que a estas escuelas asisten. El día de difuntos repartió dicha sociedad 150 libras de pan entre los pobres más necesitados”.

[9] Citamos por CAL PARDO, E. (2003): Episcopologio Mindoniense, Santiago: CSIC/Instituto Padre Sarmiento, Anexo XXVIII C.E.G., páx. 1.026.

[10] Cf. El Regional, Lugo, núm. 9.212, 6.7.1911, p. 3. Non é tampouco irrelevante o feito de que a entidade viveirense enviase en 1898 a súa adhesión á chamada “Comisión de Defensa de los Contribuyentes y los Gremios”, de Madrid, entidade presidida por Núñez Samper e que se caracterizou pola súa hostilidade cara á política económica do goberno liberal (Cf. El Liberal, Madrid, 12.12.1898).
[11] Cf. La Integridad, Tui, núm. 9.118, 4.9.1920, p. 2.

[12] A primeira das folgas operarias en Viveiro das que hai constancia verificouse en novembro de 1899, impulsada polos mineiros da Silvarosa e con ela solidarizaríase un aínda mozo Antón Villar Ponte desde as páxinas do xornal republicano Nueva Brisa.
[13] Lemos en El Correo de Galicia, Santiago, núm. 4.848, 13.1.1917: “Desde Vivero comunican detalles del mitin celebrado al domingo último en dicha ciudad, para recabar de los Poderes públicos que sea aprobado en las Cortes el voto particular formulado al presupuesto extraordinario de Fomento, por el representante en Cortes de aquel distrito don José Soto Reguera y otros diputados, miembros de la comisión de Presupuestos. Al acto asistieron más de siete mil personas, que llenaban por completo la anchurosa plaza de la Constitución, donde se celebró, concurriendo representaciones nutridísimas de los ayuntamientos de Cervo, Jove, Muras, Orol y Riobarba, que componen el partido judicial. Todas las corporaciones y sociedades de dicha ciudad asistieron asimismo al acto, así como la totalidad de concejales que componen el Ayuntamiento. Hablaron el alcalde D. José Marqués, el delegado de la Sociedad «Vivero y su comarca» don Justo Taladrid, el presidente de la Juventud Católica D. Fernando Pérez Barreiro, el señor Grela en representación de la Sociedad de Obreros y los señores Usero y Pérez é Insua Santos, de la Comisión Permanente ferrolana”.

[14] Como mutualidade obreira que tiña estabelecida asistencia médico-farmacéutica, recibiu en 1924, por exemplo, do Ministerio de Traballo, as cantidades sucesivas de 160’50 pesetas (Cf. El Progreso, Lugo, 28.3.1924, p. 3) e 500 pesetas (Cf. El Regional, Lugo, núm. 14.323, 25.11.1924, p. 3), mentres que en 1926 a subvención viuse reducida a 59’55 pesetas (Cf. Boletín Oficial de la Provincia de León, núm. 196, 27.10.1926) e en 1931 foi de 100 pesetas (Cf. El Pueblo Gallego, Vigo, Ano VIII, núm. 2.117, 16.1.1931, p. 8).

[15] Cf. Diario de Galicia, Santiago, núm. 3.012, 16.3.1918, p. 2.

[16] A directiva encabezada por este estaba composta por Alejo Corral (vicepresidente), Pedro Pérez Alonso (tesoureiro), Vicente Balseiro Colosía (contador), Ramón Canosa Suárez (secretario), Eduardo López (bibliotecario) e os vocais Bonifacio López Carro, Manuel Cora Rey, Jenaro Bartolomé e Modesto Fontenla (Cf. Heraldo de Vivero, núm. 297, 21.10.1917).

[17] Cf. El Correo Gallego, Ferrol, núm. 14.839, 24.1.1919, p. 2. Acompañaron a Fernández Temprano na directiva Eugenio del Valle Lodeiro (vicepresidente), Francisco Tojo Rodríguez (secretario), Eugenio González Martínez (tesoureiro), Rosendo Ladra (contador), Jesús García Albo (bibliotecario) e os vocais Manuel Díaz Basanta, Antonio Paleo Cal, Francisco García Parapar e Vicente Pérez Bouza (cf. Heraldo de Vivero, núm. 344, 15.9.1918). Nese intre a “Sociedad de Obreros” contaba 290 socios e 25 protectores.

[18]Adelantan las obras que vienen realizándose por la sociedad de obreros en su local social, de Vivero. Se construirán amplios salones para dedicarlos a la enseñanza y a fiestas” (Cf. El Eco de Galicia, Bos Aires, núm. 1.020, 10.2.1920, p. 6).

[19] Cf. “Largo Caballero en Vivero”, El Ideal Gallego, A Coruña, núm. 1.287, 16.6.1921, p. 6.

[20] Cf. El Regional, Lugo, núm. 14.047, 21.1.1924, p. 2.

[21] No diario vigués El Pueblo Gallego (núm. 1.224, 7.1.1928, p. 13), indícase que en “la última sesión celebrada por esta Sociedad resultó elegida la siguiente Junta directiva para el corriente año de 1928: presidente, D. José Núñez Rodríguez; vice, D. Miguel González Cordido; tesorero, D. Salvador Rego Taladrid; contador, D. Manuel Tojo Rodríguez; secretario, D. Luis Tiagonce; vice, D. Manuel Díaz Amado; bibliotecario, D. Francisco García Gómez; y vocales, D. José Prieto Fernández, D. José Fernández Cortiñas, D. Rafael Salgado Gómez y D. Vicente Lage Cora”, mentras na revista viguesa Vida Gallega (número 473, 20.1.1931, p. 50) infórmase que “El gobierno de la Iltma. Sociedad de Obreros de Vivero, para el año corriente será gestionado por la siguiente junta: Presidente, don Luis Tiagonce Caballero; Vice, don Victoriano Rivera Cervo; Tesorero, don José Villar Rivera; Contador, don Manuel Tojo Rodríguez; Secretario, don Julián Hernández Hernández; Vice, don Álvaro Franco Sierra; Bibliotecario, don Rogelio Pena Rivera; Vocales: don Juan Prieto Chao; don Francisco Soto; don José Pérez López y don Antonio Pedreira López”.


[22] Cf. El Pueblo Gallego, Vigo, Ano V, núm. 1.224, 7.1.1928, p. 13.