Antón Villar Ponte lendo unha conferencia no Círculo de Artesáns coruñés |
A Coruña conta desde 1847 cunha entidade, en parte recreativa, en parte instrutiva, denominada "Reunión de Artesáns" (coñecida popularmente tamén como "Círculo/Circo de Artesáns") que xogou un destacadísimo papel na vida cultural da cidade no primeiro terzo do século XX, pois pola súa directiva pasaron persoeiros moi relevantes do entramado local (Martínez Salazar, Ángel del Castillo, Carré Aldao, Lugrís Freire, Eladio Rodríguez, Rodrigo Sanz, Manuel Casás, Pedro Barrié, Pan de Soraluce, o "médico Rodríguez", o doutor Hervada, o arquitecto González Villar...) e desde a súa tribuna peroraron as figuras máis significadas da intelectualidade galega, española e portuguesa do momento.
O
16 de decembro de 1923, escasas semanas despois do golpe de estado do
xeneral Primo de Rivera, o xornalista viveirés Antón Villar Ponte
entrou a facer parte da directiva da entidade, en calidade de
bibliotecario. Presidía a nova comisión rectora da "Reunión"
o médico militar e numerario da Academia Galega Félix Estrada
Catoira (1853-1938), acompañado por Aurelio Gutiérrez Moyano
(vicepresidente), Ricardo Durán (secretario), Luís Suárez
Pumariega (tesoureiro), Manuel Díez Rozas (vicesecretario) e Juan
Pardo Parada (contador).
Antón
exercería esa función até outubro de 1926: nese intre presentou a
súa demisión irrevocábel en desacordo co convite cursado polo
presidente da entidade ao daquela director do xornal ultracatólico
El Debate
e futuro prelado Ángel Herrera Oria (1886-1968) para disertar sobre
a necesidade da censura de prensa. O republicano e liberal Villar
Ponte entendía que as ideas totalitaristas que viña expor Herrera a
respecto do dereito á liberdade de expresión eran de todo o punto
incompatíbeis co carácter que, ao seu ver, debía ter a tribuna da
"Reunión".
Mentres
actuou como bibliotecario da entidade herculina, o fundador das
Irmandades da Fala convidou numerosas e importantes figuras das
letras e do pensamento. Ocuparon así a tribuna da "Reunión"
persoeiros como Eugenio Montes ("El pasado y el porvenir de la
cultura gallega", 17 de novembro de 1924); o portugués Eugénio
de Castro (28 de novembro de 1924), que acudira á urbe herculina
para participar nos actos do IV Centenario de Camões; a poeta
chilena Gabriela Mistral (11 de xaneiro de 1925); varios médicos
como Gutiérrez Moyano, Marcelino Ramírez e Carlos G. Regueral, que
desenvolven, en agosto de 1925, un ciclo de charlas arredor da
tuberculose ou “peste branca”; o cóengo-arquiveiro da Catedral
compostelá Juan Pérez Millán (23 e 24 de febreiro de 1926); o
economista Olegario Fernández Baños (20 e 21 de marzo de 1926); o
escritor Vicente Gay (31 de marzo); o xornalista Roberto Gálvez (11
de abril); o xornalista Suárez Pumariega (17 de abril); o activista
católico Taboada Lago (6 e 7 de maio); o pintor Carlos Sobrino (27
de maio a 4 de xuño); o poeta Vitoriano Taibo (4 de xuño); Benito
Castrillo (15 de xullo); o pintor ferrolán Carmelo González (31 de
xullo a 6 de agosto); o sindicalista Ramón Suárez Picallo (agosto
1926), etc.
Tamén
se celebraron por iniciativa villarpontina nos locais da "Reunión",
na coruñesa rúa de San Andrés, senllas veladas necrolóxicas en
honra a Carolina Michäelis de Vasconcellos (xaneiro de 1926) e
Filomena Dato (febreiro de 1926), respectivamente; varias
conferencias relacionadas coa celebración na Coruña da "XIV
Asemblea Farmacéutica Nacional" (setembro de 1926); e, por
último, diversas sesións dun "Congreso Pedagógico Regional"
(outubro de 1926).
Ademais,
Antón Villar Ponte, sempre atento ao espallamento dos valores
culturais propios, organizou desde ese seu posto de bibliotecario da
"Reunión" un ciclo de conferencias e recitais sobre poesía
galega que se desenvolveu no primeiro semestre de 1925 e no que
interviñeron, entre outros, Herminia Fariña Cobián (no 8 de marzo,
saudada por Villar Ponte como "esta nova rousiña rousada da
roseira da nosa lírica"), Gonzalo López Abente (de quen Villar
Ponte subliña na presentación o seu "abolengo pondalino",
no 1 de maio), Sofía Casanova (10 de maio), Eladio Rodríguez
González (12 de maio) e Uxío Carré Aldao (6 de xuño), quen
desenvolveu a conferencia "En torno a la lírica gallega".
O poeta Noriega Varela |
Ramón
Otero Pedraio ten atribuído a ruptura da amizade entre Villar Ponte
e Noriega á influencia exercida sobre este último por José Mª
Riguera Montero: "Algún despótico amigo, gramático enxoito,
nemigo a morte do esprito pondalián e da Academia, traballóu moito
pra determiñare unha aititude en Noriega que chegóu ao alonxare do
seu grande amigo Antón Vilar Ponte, dos días dourados de Foz".
Outra versión dánola Trapero Pardo, que centra os motivos da desavinza na propia pesonalidade dos protagonistas:
Outra versión dánola Trapero Pardo, que centra os motivos da desavinza na propia pesonalidade dos protagonistas:
"Entrambos deron en comentar as cousas e as personas da vila mariñeira en que vivían, e chegaron ás veces hastra a decir un do outro cousas que quizabes por amistade que os ligaba non deberan decir. Un día, sin que Villar Ponte o soupese, fixéronlle escuitar a Noriega o que d-él decía o amigo; e outro fixéronlle escuitar a Villar Ponte o que Noriega decía d-él. O resultado foi que os dous amigos rifaron, e pasaron muitos anos antes de que volvesen a falarse, pois si Noriega tiña a virtude de esquencer o que decía dos demáis e o que os demáis decían d-él, Villar Ponte tiña muito máis amor própeo, e non quería perdoarlle a Noriega o que había dito. Somentes anos máis tarde, con ocasión d-un recital que o poeta deu na Cruña no Círculo de Artesanos, barréronse aquelas difrencias e os dous déronse unha aperta, mixturada con bágoas, pois entrambos eran homes de corazón".
O
xornal La Voz de Galicia
cubría a información deste recital de Noriega Varela na Coruña
salientando na súa crónica de 24 de maio de 1925, en primeiro
lugar, as palabras de introito
pronunciadas por Villar Ponte:
"Presentó al poeta el culto periodista y bibliotecario de la "Reunión de Artesanos" Sr. Villar Ponte, quien acertó a definir en la ponderada síntesis que exige un discurso de cortesía, la personalidad de Noriega Varela, que lleva en su alma la esencia de la montaña y la expresa en lengua montañesa, inspirado por una musa sincera que viste dengue y muradana, se toca con mantelo y calza zuecos de almendro como a Virxe d'o cristal. De la montaña viene a ofrecernos esas rústicas flores que ama tanto, húmedas de orballo, con la misma sencillez que brinda Mistral a Lamartine las flores de Provenza".
As
concretas palabras de presentación que pronunciou Villar Ponte na
"Reunión", no transcurso daquela noite de reconciliación
persoal con Noriega, foron estas que reproduce o xornal El
Orzán, se ben traducidas
para español:
"Hoy honra esta gloriosa tribuna el cantor de la montaña, Noriega Varela, un hombre que fué seminarista antes que maestro de escuela. Este montañés compuso dos obras que todos conocéis: Montañesas y Do ermo. Se ha dicho que el traje, como el paisaje, influye en el alma. A veces ésta es reflejo del traje que se lleva, pero en Noriega no sucede así; en Noriega en alma se refleja en el traje.
Este poeta quiere transformar el traje urbano que lleva, en rústico, porque de él pudiera decirse que de continuo va vestido con el traje regional, como dijo de Valentín Lamas Carvajal la condesa de Pardo Bazán.
Conocí a Noriega hace muchos años en la pintoresca villa marinera de Foz. Desde allí sólo se ve la inmensa comba azul del mar Cantábrico; los campos están cubiertos de enormes extensiones por los trigos, y apenas hay árboles que den sombra. Allí Noriega sentía la nostalgia de Mondoñedo, una intensa saudade de las montañas en que nació.
Así que hayáis escuchado los versos de Noriega Varela, comprenderéis por qué están escritos en gallego. Entonces os convenceréis de que con la lengua de la llanura no se puede expresar el alma de la montaña. La poesía de la montaña se refleja en la poesía de Noriega.
La musa de Noriega no viste trajes de plata ni descubre unos pies adornados con coturno de oro, como La Galatea de Cervantes. No, la musa de Noriega viste refajo, habla como el gallo anunciando el alba y piensa y canta con jovialidad de romería.
Así como en la leyenda del rey Midas trocaba en oro cuanto tocaba, así Noriega cambia las flores del tojo y de la carballeira en flores de poesía, las humildes casas campesinas en pazos señoriales y la pobre rapaza que pastorea ganado en la montaña en princesa de ensueño".
Noriega
recitou unha vintena de poemas, entre os que figuraron "Almiña
d-el Señor", "A brétema" e "Estrelas". O
xornalista Xosé Lesta Meis, nun artigo publicado no diario vigués
El Pueblo Gallego
o 27 de maio de 1925, infórmanos que nese recital Noriega "tivo
un éisito como vin poucos", pois "despois de oirlle ler as
poesías no "Circo" non fai mais a xente que preguntar
pol-os libros de Noriega Varela. E se non se marchara aburábano as
mulleres con albums para que lles puxera autógrafos".
Contodo,
a reconciliación entre o
vate mindoniense e o xornalista viveirés que se verificou aquel día
na "Reunión", selada segundo Otero Pedraio "nunha
longa e calada aperta latexante de emociós", non foi demasiado
duradoira: a deriva ideolóxica antitética de ambos durante o
período final da Ditadura primorriverista e, inda máis, durante a
2ª República, colocounos novamente en situación de dar por
definitivamente fechada a amizade doutrora.
Ningún comentario:
Publicar un comentario