Súmome á homenaxe que por toda a nación tributamos hoxe ao Manuel María con estes versos que escribín no triste día do seu pasamento. Constato con certa satisfacción que parte deses versos, que tiñan un aquel de profético, está máis que corroborada e o país enteiro inza coa palabra xusta e fremosa do poeta da Terra Cha.
ADEUS AO MANUEL MARÍA
9.9.2004
Véñome
despedir, Manuel, de ti
(aínda que te
sei lembranza inmorredoira,
voz que
continuará a falar na historia)
a este Bonaval
de labras maxistrais
onde repousan
outros galegos rexos
(Rosalía,
Brañas, Cabanillas, Castelao, Asorei),
xigantes que,
coma ti, inzaron de lume no seu tempo
as palabras de
dicir patria, as formas
de declarar a
estirpe, os discursos
de reclamar o
porvir, os versos
de recobrar a
dignidade comunal.
Sobre a lápida
que cobre
as cinzas do
Cabanillas poeta
repousas hoxe
cos labios pechos,
calmo como o
Cepelo no verán,
e unha bandeira
de noso, luminosa,
ampara o teu
sono derradeiro.
¡Saúde sempre,
mestre, poeta entre os poetas
e poeta de
todos os versos
que cumpriu
escreber no noso tempo!
¡Saúde sempre,
irmán maior, sementador
de esperanzas e
verbas, amador sin par
da Terra que
agora se dispón a te acoller,
estremecida e
tenra, para a eternidade!
Ningún comentario:
Publicar un comentario