tag:blogger.com,1999:blog-7209741169732519530.post7154263272340348368..comments2024-01-12T19:44:18.432+01:00Comments on A ÍNSUA DO ÍNSUA: O PORTO DE SAN CIBRAO (CERVO) AO LONGO DA HISTORIAEmilio Xosé Ínsuahttp://www.blogger.com/profile/13964632045355908540noreply@blogger.comBlogger3125tag:blogger.com,1999:blog-7209741169732519530.post-16917040383574572032024-01-12T19:44:18.432+01:002024-01-12T19:44:18.432+01:00Ola:
Antes de nada, moitas grazas por ler o meu a...Ola:

Antes de nada, moitas grazas por ler o meu artigo no blog.

Sobre ese galeón "Vicálvaro" o que podo engadirche á información que aparece consignada na entrada do meu blog que xa coñeces é o seguinte:

1) Foi patroneado alternativamente por dous capitáns, un chamado Manuel Rodríguez e o outro apelidado Beiro.

2) Ignoro a identidade do construtor e do armador. Sobre a denominación, a miña hipótese é que o seu armador/propietario era simpatizante do xeneral Espartero e do partido progresista e que bautizou o seu barco co topónimo "Vicálvaro" en homenaxe / recordo ao movemento ou pronunciamento da "Vicalvarada", que puxo fin á "Década moderada".

3) En "El País", de Pontevedra (25.3.1858) dise que entrou o día 19 dese mes e ano no porto de Vilagarcía de Arousa, capitaneado por Manuel Rodríguez, con carga de bacallau e azucre.

4) En "El Fomento de Galicia", periódico coruñés, cítase no exemplar de 24 de abril de 1858 zarpando do porto da Coruña con destino ao de Betanzos con carga de maíz. Tamén aparece mencionado en 24 de xullo de 1858 entrando no porto da Coruña o día 22 dese mes procedente de Padrón e con carga de fariña.

5) En "El Lloyd Español" de Barcelona cítase en exemplares de outubro (días 24 e 27) e decembro (día 24) de 1861 entrando no porto do Barqueiro o 13 de outubro de 1861, procedente do porto de San Cibrao, con maquinaria; entrando logo en Camariñas con cargamento de ferro e saíndo o 17 de decembro de 1861 do porto de Vigo cara ao de Padrón.

6) No periódico vigués "La Oliva" e no seu sucesor "El Miño" aparece citado varias veces ao longo de 1860 e 1861. O día 13 de decembro de 1860 entrou en Vigo procedente de Redondela. O día 16 de febreiro de 1861 zarpou de Vigo con destino a Padrón con cargamento de viño. En marzo de 1861 volveu a entrar a Vigo procedente de Redondela, sen carga. E o día 27 desde mesmo mes zarpou novamente de Vigo cara a Padrón con carga de coiros e outros efectos. O 17 de abril volveu entrar en lastre en Vigo, procedente de Padrón e o 18 zarpou de Vigo para Padrón con cargamento de coiros.

7) Non coñezo referencias ao buque posteriores a este ano de 1861.

Espero que esta información che poida ser de algunha utilidade.

Saúdos cordiais desde Galiza

Emilio Xosé ÍnsuaEmilio Xosé Ínsuahttps://www.blogger.com/profile/13964632045355908540noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-7209741169732519530.post-67483804164688903792024-01-10T17:20:42.785+01:002024-01-10T17:20:42.785+01:00Pertenezco a una asociación que estudia la histori...Pertenezco a una asociación que estudia la historia del pueblo de Vicálvaro, en Madrid (en 1951 fue absorbido por la capital y ahora es un distrito de Madrid) Teníamos noticias de la existencia de un "galeón Vicálvaro" a mediados del siglo XIX. Buscando en internet por otras cosas he dado con tu página, y quería saber si nos puedes contar algo más sobre ese galeón, que mencionas en este artículo y sobre el que tenemos la gran curiosidad de conocer la historia de su nombre, que se refiere a un pueblo tan poco marinero como este, en medio de la meseta. Supongo que a lo mejor ya ni sigues esta web, puesto que lo que veo es de hace años, pero por si te llega y nos puedes decir algo, te dejo mi correo juanjuelola@yahoo.esSecuencialogicahttps://www.blogger.com/profile/18213889356065656215noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-7209741169732519530.post-48213943894120112012017-12-18T12:28:05.343+01:002017-12-18T12:28:05.343+01:00Este comentario foi eliminado polo autor.Hixinio Puenteshttps://www.blogger.com/profile/07224416713205120934noreply@blogger.com